17102019Jue
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 12pm

Integrada no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, A Guarda acolle dende este xoves e ata o domingo, 14 de xullo, a mostra itinerante da Deputación “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar”, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Así, a mostra poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio, Reghiño (porto da Guarda) en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 h.

O Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá este xoves 9 de maio, ás 11.30 h, a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello do Porriño, Abanca e Afundación.

A asociación Lazoiro organizou os días 21, 22 e 23 outubro "A Nosa Memoria", unha exposición nas Covas de Dona Urraca con medio cento de fotografías, documentos e xornais da época relacionados coa memoria histórica da vila.

Os diferentes espazos do Concello de Nigrán acollen dende este mércores e ata o 30 de agosto a exposición fotográfica "Galicia-Cabo Verde, unha irmandade" co obxectivo de dar a coñecer un país co que tradicionalmente ten cooperado o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade que preside o alcalde de Nigrán, Juan González, e que fai posible que esta mostra itinerante chegue ao concello.

Camariñas desembarca en Vigo

Publicado en Local
16 Marzo 2016

O alcalde de Vigo achegouse este mércores ao edificio municipal de Areal, onde se presentou, coa presenza do rexedor do municipio coruñés, a XXVI Mostra de Encaixe de Camariñas -que se celebra do 23 ao 27 de marzo, de 11 a 21 horas-. O programa inclúe desfiles, concertos, visitas guiadas e actividades deportivas.

cine

economía

economía