21082019Mié
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 11am

O orvallo, esa choiva liviá tan característica de Galicia, foi un elemento máis da primeira xornada da Festa do Peixe Espada, o evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello da Guarda. A súa presenza nesta décimo sexta edición non desluciu en nada a brillantez da organización desta cita de referencia no Baixo Miño.

O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, xunto á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a outros membros da Corporación do municipio do Baixo Miño, presentaron este sábado, na Casa do Concello de Tui, a ampla programación das San Lucas; as festas máis antigas de Galicia.

Este luns comezan as actividades infantís que se van a celebrar cada mañá até o venres na Área Panorámica para nenos dende os 3 anos en horario de 11:00 a 13:00 da man de Chirlomirlo. A primeira proposta chega baixo o título de “Teatro reciclado”. Na mesma os cativos crearán personaxes, marionetas, con calcetíns, goma eva, botellas de plástico... e logo levarán a cabo unha pequena representación de teatro de monicreques.

A Reconquista xa ten a súa nova imaxe para a festa que o Casco Vello de Vigo celebrará a próxima fin de semana. Un debuxo do ilustrador vigués Davila foi o seleccionado pola asociación de veciños.

A Porta do Sol e o Calvario acollerán o próximo luns día 31 pola tarde obradoiros, contacontos e animación na rúa para os nenos e nenas e un serán para toda a familia. Ademais o Museo Liste desenvolve esta semana actividades infantís e o Casco Vello acolle a súa festa tamén o luns. Durante a fin de semana, os máis novos tamén terán o seu propio Samaín en Vigosónico.

navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos