17022019Dom
Última edición: Sáb, 16 Feb 2019 9pm

A nova xornada de folga convocada para rexeitar os despedimentos anunciados en Vodafone, que nesta ocasión ten carácter estatal, está a rexistrar un amplo seguimento en Galiza, xa que arredor do 90% dos traballadores se sumaron ao paro de 24 horas. En Vigo, onde a tenda volveu a permanecer pechada, aproveitaron para desenvolver unha concentración no farol de Urzaiz.

Os traballadores galegos de Vodafone iniciaron unha campaña de mobilizacións para rexeitar o ERE extintivo que suporá o despedimento de 41 dos 181 empregados que a compañía de telecomunicacións ten no noso país. O martes comezaron cos paros dunha hora convocados a escala estatal, que continuaron este xoves cun amplo seguimento.

Acordo de ERE en Pili Carrera

Publicado en Economía
24 Enero 2019

O Comité de Empresa de Pili Carrera con representación sindical de CIG, CCOO e UGT asinaron unanimemente onte o expediente de regulación de emprego -ERE EXTINTIVO que o 22 Xaneiro foi ratificado polas traballadoras e traballadores tras unha votación celebrada na empresa cun resultado de 60 votos a favor e 28 en contra.

O comité de empresa de Maderas Iglesias, compañía do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante, vén de convocar mobilizacións para rexeitar o novo ERE suspensivo anunciado pola dirección. A primeira terá lugar este venres día 25, xornada na que se desenvolverá un paro de 13:00 a 15:00 horas e unha concentración diante das instalacións da firma.

O cadro de persoal de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que se atopa nunha situación económica crítica, logrou finalmente o mantemento de 200 postos de traballo, xa que a dirección accedeu este martes a aplicar un ERE extintivo que só afectará a 34 persoas, cando a súa pretensión inicial era despedir 150.

televisión

sucesos

televisión

concierto

arte