• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 26 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    eleccións autonómicas

    Pontón: «Galicia vai facer historia da man do BNG»

    Desde Vigo pide unha gran mobilización e sumar no Bloque todo o voto do cambio galego para darlle ao país un goberno leal liderado por unha muller presidenta
    Redacción por Redacción
    09 de Jul, 2020
    en Elecciones Autonómicas
    0
    Pontón: «Galicia vai facer historia da man do BNG»

    A candidata á Presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, pediu desde Vigo votar o 12X «con ilusión, con esperanza e desde o orgullo» rachando coa rutina para deixar atrás once anos de inmobilismo e decadencia. «Este domingo Galiza vai facer historia da man do BNG», proclamou, tras apelar a unha mobilización masiva na urnas concentrado na candidatura que lidera o voto do cambio galego, «o voto nacionalista, galeguista, progresista, todo o voto de país».

    «Se toda as persoas que queremos abrir un tempo novo expresamos ese desexo nas urnas, o cambio galego é imparable e conseguiremos algo tan revolucionario como darlle a Galiza un goberno leal co país, un goberno leal coa xente deste país liderado, por primeira vez, por unha muller na Presidencia. Imos dar a sorpresa o 12X e por iso está tan nervioso o PP «, recalcou.

    Pontón fixo un chamamento a «conquistar o futuro, porque non podemos deixar que nolo sigan roubando», e para iso urxe contar na Xunta cun goberno liderado polo BNG «que se faga valer, que mire polo noso, que en Vigo chámase sector da automoción, naval, sector pesqueiro, un goberno que poña en marcha un proxecto de país autocentrado e modernizador, que aposte por unha economía verde, pola ciencia e a investigación, xa está ben de perder talento e de ver como xeración tras xeración teñen que coller as maletas porque a única alternativa é o un emprego precario ou nada».

    A candidata do BNG tamén deixou claro que o seu será o goberno da «igualdade real» para as mulleres e que colocará «ás persoas no centro da actuación política», o que implica unha defensa a ultranza dos servizos públicos, traballando desde o primeiro día para reverter recortes e privatizacións, e polo coidado dos maiores, cun modelo asistencial público que garanta o dereito a unha vellez digna.

    A partir do 12X «imos erguer este país, imos construír unha Galiza nova e eu quero ser a presidenta desa nova Galiza e tendes o meu compromiso de que un Goberno do BNG non lle vai fallar a Vigo e non lle vai fallar a este país», recalcou.

    A diferencia do candidato do PP, Pontón comprometeuse a ser unha presidenta «que sempre lle vou dicir a verdade aos galegos e as galegas e que sempre, sempre vou dar a cara cando haxa problemas», alegou, tras salientar que este país non se merece un presidente «irresponsable» que actúa con «calculo electoralista» mesmo poñendo en risco a saúde das persoas como está pasando co rebrote da Mariña.

    «Feixóo estase comportando como un candidato irresponsable ao que non lle importa nada a veciñanza da Mariña, nin lle importa garantir o seu dereito a saúde, nin tampouco lle importa garantir o seu dereito a votar», criticou. Un comportamento que os galegos e as galegas non se merecen e que, está convencida, recibirá nas urnas unha resposta contundente.

    As urnas van castigar a irresponsabilidade e mentira de Feixóo

    «Estou segura que tanta irresponsabilidade e tanta mentira van recibir a resposta que se merece na urnas, empezando pola propia comarca da Mariña, que vai sepultar nas urnas a montaña de irresponsabilidade, a montaña de mentiras do candidato do PP, estou segura que vai recibir unha resposta contundente no conxunto de Galiza e moi especialmente por parte da veciñanza da Mariña», salientou, «merecemos unha presidenta que diga sempre a verdade e que sempre poña por diante a saúde das persoas».

    Mensaxe á xente moza e ás persoas indecisas

    A tres días da cita electoral, Pontón pediu un esforzo final, en particular á xente moza, -«antes de anda votar, despois xa iredes a praia ou ao que toque»-, e fixo un chamamento especial as persoas que aínda non teñen decidido o seu sufraxio ou que dubidan acudir ás urnas.

    «Que ningún voto do cambio galego quede na casa, que non se perda ningún voto do cambio real e quero dirixirme aos galegos e galegas que, votasen o que votasen noutros momentos, hoxe miran con simpatía ao BNG, aos que ilusiona unha Galiza cunha muller presidenta nun goberno que mire polo noso, e quero pedirvos que non votedes outras alternativas sen convicción porque é o momento de votar co corazón, con orgullo, con esperanza e con ilusión para a partir do 12X empezar a poñer unha nova Galiza en marcha!»

    A campaña que ilusiona e mobiliza

    O cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, afirmou que «está en marcha un novo ciclo político e non só é un cambio político ou electoral, senón que é todo un cambio mental porque está nacendo unha nova Galiza, un país con ilusión, con confianza en si mesmo, con determinación e valentía que o domingo vai encher as urnas de voto para o Bloque».

    Bará cualificou esta como a campaña da ilusión «porque o BNG de Ana Pontón está mobilizando a enerxía e a esperanza dun pobo», xa que ao seu entender, «hai milleiros de persoas de todas as idades e condición que están sumándose ao cambio galego, que queren un país que teña á fronte unha presidenta con ideas novas para saír do letargo e do desánimo».

    En clave local, destacou que Vigo precisa dun goberno aliado e non inimigo. Subliñou que o BNG traballará dende o goberno da Xunta para paliar o déficit de atención da cidade olívica motivado «polas liortas partidistas entre PP e PSOE», e para potenciar Vigo como o motor de Galiza, como un polo tecnolóxico e industrial centrado na innovación e na investigación.

    Bará subliñou a aposta pola reindustrialización e destacou que é preciso coidar sectores básicos para a cidade e a área de influencia como o naval e a automoción, así como potenciar outros punteiros porque «a especialización e a diversificación son o futuro».

    No ámbito das infraestruturas apostou por un plan integral de mellora da mobilidade, un ‘Plan Vigo’ de investimentos que fomente o ferrocarril de proximidade, o Plan de Transporte da Área Metropolitana, o transporte marítimo de ría e a mellora da rede viaria con actuacións como a construción do túnel de ‘Julián Estévez’ ou a urbanización da PO-330 en Pereiró.

    Nomeadamente citou o rescate da AP-9 e inmediatamente a gratuidade do treito entre Redondela e Vigo, así como a urbanización do tramo urbano que atravesa a parroquia de Teis e anunciou que o BNG tamén implantará un plan de mellora de transporte de mercadorías por ferrocarril conectando o Porto de Vigo e todos os nodos loxísticos da área coa rede do corredor Atlántico de mercadorías por ferrocarril.

    43

    Tags: Ana PontónBNGElecciones Autonómicas

    RelacionadosArtículos

    Alertan de una nueva tala de árboles «singulares» en Navia, esta vez de un ejemplar centenario
    Local

    Alertan de una nueva tala de árboles «singulares» en Navia, esta vez de un ejemplar centenario

    18 de Dic, 2025
    Hospitalizada una sexagenaria en Vigo víctima de un incendio en su vivienda
    Local

    Exigen a la Xunta y a Povisa transparencia y garantías tras lo sucedido en el hospital de Torrejón

    11 de Dic, 2025
    El PP cuestiona la base legal para ampliar tres meses la vigencia del IOP de Vigo
    Local

    Enmiendas a las cuentas de la Xunta por 260 millones para «dar respuestas» a las necesidades de Vigo

    10 de Dic, 2025
    “Lo de convertir las pistas de atletismo de Balaídos en pistas de patinaje ya es el colmo”
    Local

    “Lo de convertir las pistas de atletismo de Balaídos en pistas de patinaje ya es el colmo”

    05 de Dic, 2025
    Rescatada en Nigrán una octogenaria con síntomas de deshidratación que llevaba días encerrada en su casa
    Local

    Temen que en Povisa se esconda un «escándalo» como el Torrejón de Ardoz

    04 de Dic, 2025
    Sangre simulada, placas falangistas y esvásticas tachadas en la cruz de O Castro
    Local

    Piden al Gobierno que incluya la cruz de O Castro en el catálogo de símbolos franquistas a eliminar

    01 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Barcelona desbanca a Vigo y recoge el premio al que aspiraba de Capital Europea de la Navidad

    por María Alonso
    19 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las comidas de Villasinda
    Más Vigo

    Las comidas de Villasinda

    El pasado 15 de diciembre se presentó en la quinta planta de El Corte Inglés, de Vigo, el libro de...

    por Julio Alonso
    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR