• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 7 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    PREMIOS DEPORTE FEMININO

    Begoña Fernández, Susana Rodríguez e María Pérez Araújo reciben o recoñecemento de Mudega

    Paco Araújo recibe unha mención especial a título póstumo e tamén recibe un premio o concello de O Porriño
    Redacción por Redacción
    05 de Abr, 2016
    en Polideportivo
    0
    Begoña Fernández, Susana Rodríguez e María Pérez Araújo reciben o recoñecemento de Mudega

    Entre os premios destacan a xogadora de fútbol sala Vanessa Sotelo, a balonmanista Begoña Fernández ou o CRAT Coruña Rugby. A cita é o 22 de abril (20:00 horas) no salón do Fogar dos Maiores de Allariz (Campo da Barreira, 3), nun evento que é posible grazas a colaboración do Concello do Allariz. Con este acto, Mudegá busca lograr que os éxitos do deporte feminino, que son moitos e moi importantes, sexan recoñecidos pola sociedade.

    O pasado sábado 2 de abril reuniuse o xurado (formado por representantes de federacións deportivas, xornalistas, deportistas, Concello do Allariz e a propia asociación Mudega) para estudar as candidaturas presentadas tanto por federacións coma clubs ou persoas a nivel particular. Hai que destacar o gran número de candidaturas presentadas e o enorme nivel deportivo existente, que dificultou moito o traballo do xurado para decidir os premios. Entre as candidaturas, había deportistas cun curriculum espectacular, medallistas mundiais, olímpicas, clubs cunha longa historia, xente nova que comeza con magníficos resultados…

    Así, a xogadora do Cidade de As Burgas, Vanessa Sotelo, (medalla de bronce e bota de ouro no Mundial de fútbol sala feminino 2015, top 10 mundial) foi elixida mellor deportista galega, mentres que o mellor equipo é o CRAT Coruña Rugby, que logrou o título de campión da División de Honra feminina. O xurado foi unánime ao outorgar o premio a mellor traxectoria deportiva á recentemente retirada xogadora de balomán Begoña Fernández, que conta cun curriculum espectacular tanto no seu club coma na selección española: 181 partidos coa selección española, 7 ligas, 5 copas da Raíña, subcampioa da Champions League, prata no Europeo, bronce no Mundial e nos Xogos de Londres.

    A adestradora de patinaxe Rosa María García foi elixida como a mellor adestradora do ano polo espectacular traballo que está a realizar cos rapaces e rapazas que adestra, onde están acadando medallas a nivel internacional (Manuela Vila, campioa de Europa de patinaxe artística infantil; Lucía Fernández, campioa de Europa alevín; Lucas Yáñez, subcampión de Europa alevín, entre outras). Ademais, Yolanda Parga (árbitra de fútbol) acadou o premio á mellor xuíza do ano 2015. Parga participou no Mundial de Fútbol Feminino do 2015 e foi unha das asistentes na final do Mundial. Nuria Rodríguez Suárez, presidenta da Federación Galega de Salvamento, foi elixida mellor directiva polo seu traballo a prol da igualdade. Na actualidade esta federación ten máis licenzas femininas no deporte base e no cómputo xeral, as mulleres teñen a mesma presenza que os homes. Na categoría de mellor iniciativa a prol do deporte feminino, o xurado apostou polo Club Ciclista Cidade de Lugo, que creou recentemente un equipo feminino.

    A empresa Envialia, patrocinadora do Ourense de fútbol sala feminino dende a tempada 2007/08, é a entidade privada máis colaboradora do deporte feminino, mentres que a o Concello do Porriño foi elixida como a mellor entidade pública, pola súa aposta polo deporte feminino. Hai que destacar que é a segunda vez que este concello é recoñecido por Mudegá, o cal debería ser un toque de atención para o resto das institucións públicas, que apenas reciben candidaturas ante a falta de apoio ao deporte feminino O premio para o xornalista/medio de comunicación amigo correspondeulle a Alfonso Hermida, da TVG, pola súa atención aos méritos realizados polas nosas deportistas, sen importar o sexo. A mellor deportista promesa é a xogadora María Pérez Araujo (campioa de Europa sub 18 de baloncesto feminino) e Susana Rodríguez Gacio (bronce no Mundial de paratríatlon, prata no Mundial de Acuatlón, campioa de Europa de dúatlon e clasificada para os Xogos de Río) foi elexida mellor deportista con discapacidade do ano 2015.

    No transcurso da gala, tamén se entregarán tres mencións especiais: a Paco Araújo (presidente do Celta de baloncesto feminino dende o 2001 ata 2016, recentemente falecido) polo seu inxente traballo a prol do baloncesto feminino; a Marta Brañas, primeira campioa de España profesional de boxeo e ao Calasancias de Voleibol, por integrar a unha deportista transexual na plantilla dun dos equipos do club, marcando un fito histórico para o deporte feminino.

    Resumo de premios:
    Mellor deportista: Vanessa Sotelo
    Mellor deportista con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio
    Mellor traxectoria: Begoña Fernández Molinos
    Medios de comunicación/xornalista: Alfonso Hermida
    Mellor adestrador/a: Rosa Mª García Rodríguez
    Mellor árbitra/xuiza: Yolanda Parga
    Iniciativa a prol do deporte feminino: Club Ciclista Lugo
    Entidade privada amiga: Envialia
    Entidade pública máis comprometida: Concello do Porriño
    Directiva máis comprometida: Nuria Rodríguez Suárez
    Mellor equipo: CRAT Coruña
    Premio a mellor deportista promesa: María Pérez Araújo
    Mencións especiais: Paco Araújo, Calasancias de voleibol e Marta Brañas

    43

    RelacionadosArtículos

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa

    07 de Feb, 2026
    Se amplían las plazas de las becas de inmersión lingüística de la EOI para Japón e Italia
    Local

    Que nadie que lo merezca en la EOI se quede sin beca para estancia en el extranjero

    07 de Feb, 2026
    ¿Superará ‘Kirk’ a ‘Aitor’? La primera borrasca del año batió en Vigo un récord de 1951
    Local

    Las Cíes son «las islas españolas de las que nadie ha oído hablar» en el Reino Unido

    07 de Feb, 2026
    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’
    Cine

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’

    07 de Feb, 2026
    Bronca mayúscula (con intervención de la Policía) en la Mancomunidad de O Morrazo por la subida de la basura
    Morrazo

    Bronca mayúscula (con intervención de la Policía) en la Mancomunidad de O Morrazo por la subida de la basura

    07 de Feb, 2026
    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR