• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Campionato Galego de Ciclocross

    O vigués Samuel González, segundo no Campionato Galego de Ciclocross

    O baionés Adrián Valverde, do Club Ciclista Rías Baixas, gañou na categoría Elite nunha proba na que brillaron Iván Feijoo e Irene Trabazo
    Redacción por Redacción
    02 de Ene, 2018
    en Ciclismo
    0

    O alaricano do Maceda marchouse en solitario na segunda volta e proclamouse campión tras 58 minutos e 52 segundos de exhibición. A 1:38 chegou o segundo clasificado, o vigués Samuel González (Salvaterra). Coa terceira posición e co título elite fíxose Adrián Valverde, do Club Ciclista Rías Baixas. O baionés entrou a 3:11 do gañador e no podio estivo escoltado por Óscar Vázquez (OVCBikes) e Luis Fernández (Avanza), cuarto e quinto respectivamente na táboa absoluta.

    Tamén se cumpriron os prognósticos na carreira estrela feminina. Irene Trabazo triunfou con absoluta solvencia. A sub23 do Marín Ottoman aventaxou en 3:38 á elite Lucía Vázquez (ProRebordosa) e a terceira praza correspondeulle á gañadora junior Andrea García (Cambre Renault Caeiro). O póquer de campioas nesta proba completouno a máster Montserrat Martínez (Viana), sétima na táboa absoluta.

    A proba máis agardada do calendario resultou épica. A chuvia caeu con gran intensidade durante as primeiras carreiras e cando comezou a remitir fixo acto de presenza outro tipo de ‘cicloxénese’ na capital de Galicia. Iván Feijoo arrasou na competición raíña masculina e subiu ao máis alto do podio no seu primeiro ano na categoría Elite e Sub23. A súa potencia atopou na dureza dun circuíto cheo de barro o escenario ideal para non dar opción aos seus rivais.

    Dous títulos máis do Maceda
    A outra triunfadora feminina en Santiago foi Aida González. A cadete do Academia Postal-Actyon-MMR superou a súa compañeira de equipo e defensora do título Noela Saa. As dúas corredoras do Maceda estiveron acompañadas no podio por Laura Capa (Farto).

    A estructura ourensá sumou o seu terceiro ouro nos juniors. O limiao Carlos Canal dobregou a Adrián Barros (Coruxo) nun apaixoante duelo que se decantou por 32” de diferencia. Jorge Suárez (Cidade de Lugo-Esturión) concluíu terceiro.

    Pola súa parte, Miguel Rodríguez (Ponteareas) amosouse intratable nos cadetes. Venceu cunha renda de máis dun minuto sobre Jorge Fernández (Coruxo), que mantivo unha disputadísima pugna polo segund posto con Zoe del Río (Marín Ottoman).

    Masters
    De emoción tampouco estiveron exentas as competicións masters masculinas. Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro) adxudicouse a categoría master-30 con 45” de marxe sobre Alejandro Mesías (CiclosQuintena) e con 1:06 sobre Andrés Calvete (Cambre Renault Caeiro).

    A sorpresa chegou nos masters-40 co triunfo de Juan Bello. O representante da Asociación Galega de Ciclistas volveu demostrar que lle ten tomada a medida ao circuíto de San Lázaro e repetiu o éxito acadado na carreira da Copa Galicia celebrada este curso en Santiago. A 15” de Bello entrou o asturiano Marco Antonio Prieto (MMR Bikes) e a 50” Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas).

    Por último, Marcial Rodríguez conservou a súa coroa nos masters-50/60. O porriñés do Québici-Marcisport distanciouse en 25” de Javier de la Fuente (Norinver) e terceiro terminou Javier Lago (Spol).

    Na entrega de premios participaron Miguel López Sieiro, subdirector xeral de Deportes da Xunta de Galicia; Noa Morales, concelleira de Deportes de Santiago; Manuel Paz, presidente do Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela; José Fernández, representante de Muebles Compostela; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo.

    Este campionato pechou unha temporada para a lembranza no ciclocross galego con catorce probas e unha media de participación de 250 corredores. A seguinte cita para os especialistas nesta modalidade será na segunda fin de semana de xaneiro o Campionato de España na localidade guipuscoana de Legazpi.

    43

    RelacionadosArtículos

    Los sindicatos proponen una nueva fecha a la patronal del Metal para sentarse a negociar
    Economía

    Los sindicatos proponen una nueva fecha a la patronal del Metal para sentarse a negociar

    02 de Feb, 2026
    Tras años de reclamaciones vecinales, Caballero anuncia una piscina marina para la playa de A Punta
    Local

    Tras años de reclamaciones vecinales, Caballero anuncia una piscina marina para la playa de A Punta

    02 de Feb, 2026
    Alerta de desbordamientos en toda Galicia, también en Vigo
    Local

    Con toda la lluvia que cayó en Vigo en el mes de enero se podrían llenar más de 19.000 piscinas olímpicas

    02 de Feb, 2026
    ¿Segunda vida para Alfageme?: de histórica conservera a sala estilo La Riviera, Capitol o Hard Club de Vigo
    Local

    ¿Segunda vida para Alfageme?: de histórica conservera a sala estilo La Riviera, Capitol o Hard Club de Vigo

    02 de Feb, 2026
    Aparatoso accidente en la VG20 de Vigo con tres coches implicados, acabando uno de ellos volcado
    Sucesos

    Aparatoso accidente en la VG20 de Vigo con tres coches implicados, acabando uno de ellos volcado

    02 de Feb, 2026
    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»
    Local

    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»

    02 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un buen destino para los bancos de la Gran Vía
    Más Vigo

    Un buen destino para los bancos de la Gran Vía

    Cuando se instalaron las primeras rampas de la Gran Vía, en la ciudad de Vigo, se talaron los árboles, se...

    por Julio Alonso
    02 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR