• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 26 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Balonmán base

    Prata e bronce para as seleccións galegas cadete feminina e masculina no Campionato de España

    As rapazas caeron ante Cataluña na gran final e os rapaces desfixéronse de Euskadi na loita polo terceiro e cuarto posto
    Redacción por Redacción
    07 de Ene, 2019
    en Balonmano
    0
    Prata e bronce para as seleccións galegas cadete feminina e masculina no Campionato de España

    Final – Campionato de España cadete feminino.
    Cataluña, 38 – Galicia, 24. A selección galega cadete feminina pouco puido facer na final do Campionato de España fronte á potente selección catalá. O combinado galego tratou de ti a ti á Cataluña durante case toda a primeira metade, pero despois afundiuse no aspecto físico.

    A primeira parte estivo moi igualada, cunha selección galega moi traballadora en defensa e paciente en ataque, buscando a mellor selección no tiro. Ademais, na portería Marián Mera seguía sendo das mellores, para axudar ás súas compañeiras cando non podía frear a maior corpulencia física das rivais. Así, a primeira parte discorreu con empates constantes no marcador, ata o minuto 28. Neses dous minutos, Cataluña aproveitou un par de perdas de balón en ataque das nosas, para conseguir goles sinxelos en rápidos contragolpes. E así, en nada, lograron irse ao descanso con catro tantos de vantaxe (18-14).

    A segunda metade nada tivo que ver coa primeira, nin coa actuación da selección galega durante todo o campionato. As galegas acusaron o seu esforzo físico do día anterior en semifinais e nun puideron en ningún caso contrarrestar o veloz xogo da selección catalá, que moi pronto se marchou no marcador. Os últimos vinte minutos de partido sobraron, xa que o choque estaba completamente decidido e Galicia sufriu en exceso.

    Galicia, 24: Marián Mera, Alba Afonso (1), Anastasija Doder (1), Verónica de Cristófaro (1), María Currás (2), Sabela Miniño (3), Carla Baltasar, Ithaisa Trigo (3), Area Martínez (2), Marta da Silva (2), Antía Estévez, Sara Román (1), Laura Magdaleno (3), Yaiza Alonso (4), Lorena Vaello (1) e Helena Sánchez.

    Loita polo bronce – Campionato de España cadete masculino.
    Galicia, 36 – Euskadi, 31. Galicia cadete masculina acadou a medalla de bronce tras superar a Euskadi nun partido que dominou dende o primeiro minuto, aínda que cando tivo que sufrir, tamén soubo facelo. O equipo dirixido por Xosé Canedo e Pablo Pérez comezou de forma excepcional sen dar a máis mínima opción a Euskadi, que parecía moi pequeno ante a enorme superioridade de Galicia. Así, os galegos chegaron a ter nove goles de vantaxe (18-9, min. 23). Pero nos últimos minutos da primeira metade, Euskadi reaccionou e recortou a distancia para irse ao descanso só 4 goles abaixo (21-17).

    Na reanudación, os vascos seguían moi enchufados e Galicia sufría, polo que no minuto 40 chegou o empate no marcador (24-24). Foron minutos moi igualados, nos que os nosos rapaces souberon sufrir, ata que unha superioridade numérica no minuto 44 foi moi ben aproveitada polos galegos, que lograron marcharse de 4 no marcador (30-26). A partir de aí, tocou loitar cada balón, para frear os intentos de Euskadi de volver a igualar o choque, algo que xa non foi posible grazas ao traballo dos nosos. Merecido bronce para Galicia tras levantarse do duro mazazo de onte na semifinal. 

    Galicia, 36: José Cerqueiro, Carlos Álvarez (13), Roi Gallego (4), Mario Cancela (6), Marco García, Iago Costas (3), Esteban Carballido (2), Rubén Sequeiros, Sergio Blond (1), Alejandro López (1), David Álvarez, Henrique Gabriel, Lois García, Diego Fernández, Román Arboleya (2) e Daniel Virulegio (4).

    Loita pola 5ª posición – Campionato de España infantil feminino.
    Galicia, 30 – Canarias, 23. As minigalaicas venceron na súa “final” e acadaron así un máis que merecido quinto posto no Campionato de España. Despois de caer nos cuartos de final, o grupo de Laura del Castillo e Yolanda Correa decidiu partir de cero e enfrontar a loita pola quinta posición, como se fose unha final. E con esa seriedade emprenderon os últimos días de competición e así venceron. No partido deste luns, despois dunha boa saída de Canarias, Galicia logrou facerse co control do xogo e do marcador. No minuto 8, lograron o empate (5-5) e despois dun minutos moi igualadas, puideron poñerse por diante a partir da metade da primeira metade. Na segunda parte, Galicia foi moi superior cun traballo extraordinario a nivel defensivo.

    Galicia, 30: Paula Comendador, Carmela Fontoira (1), Lucía Álvarez (2), Cristina González, Uxía Campos (1), Lucía Villamarín (5), Eva Rodríguez (1), Carla Vidal, Aroa Fernández (3), Blanca Rial (1), Sandra Alperi, Lucía Méndez (2), Itziar Molinos (4), Nerea Patiño (6), Nerea Arias (3) e Nuria López (1).

    Loita pola 5ª posición – Campionato de España infantil masculino.
    Galicia, 25 – Navarra, 23. A selección galega infantil masculina logrou a quinta posición tras superar a Navarra nun partido moi competido, no que nunca se deu por vencida a pesar de ir por baixo no marcador durante boa parte do choque. Aos galegos costoulles moito entrar no xogo. De entrada, os navarros foron por diante no marcador durante toda a primeira metade. A distancia máxima que lograron foi de 4 goles (5-9, minuto 13), pero antes do descanso, Galicia foi quen de axustar a súa defensa e logrou recortar distancias antes de coller o camiño dos vestiarios (11-13).

    A segunda parte comezou coa mesma dinámica e os navarros volveron a acadar 4 goles de vantaxe (15-19, min. 15), pero a partir de aí os galegos tiraron de orgullo, traballaron arreo e lograron remontar o partido e acadar así a quinta posición no Campionato de España. Carlos Menduíña foi o máximo goleador do conxunto galego.

    Galicia; 25: Hugo Pérez, Adrián Pérez del Río (1), Eduardo Alonso (2), Marcelo Gil (3), Miguel López, Senén Garea, Roberto Castro (4), Alexandre Gallego, Adrián Carrera (1), Ismael Fernández, Mateo Pallas, Martín Santos (2), Nuno Loxo (5), Pablo Fernández, Carlos Menduiña (7) e Anxo Fernández.

    Loita pola 5ª posición – Campionato de España xuvenil feminino.
    Galicia, 31 – Madrid, 36. Partido moi complicado para a selección galega xuvenil feminina, que non puido esquecerse de todo o que rodeaba o encontro para centrarse exclusivamente no xogo. Así, Madrid gañou e Galicia rematou na sexta posición.

    No aspecto anímico foi un reto difícil de afrontar para o equipo. Moitas das xogadoras pechan un ciclo vestindo a elástica galega e iso apreciouse nas imprecisións no xogo colectivo, tanto en ataque como en defensa. Galicia foi sempre por detrás no marcador, aínda que o certo é que as distancias eran mínimas. Ao descanso estaban tres goles abaixo (15-18). Durante a segunda metade as rapazas de Miguel Sánchez e Laura Rúa lograron poñerse a só un tanto nun par de ocasións, pero non lograron empatar e nos minutos finais, Madrid ampliou as distancias.

    Galicia, 31: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (1), Sandra Blanco (3), Patricia Mallo (3), Adriana Mallo (2), Aitana Santomé (2), Silvia Leiras (1), Sarai Espiñeira (8), Sandra Sánchez (6), Estela López, Lidia Portela, Ángela Rodríguez (1), Carme Castro (1), Claudia Kaulback, e Marta Martínez (3).

    Loita pola 7ª posición – Campionato de España xuvenil masculino.
    Galicia, 34 – Euskadi, 28. A selección galega xuvenil masculina acadou a sétima posición no Campionato de España, despois de superar a unha selección vasca, que aguantou o empuxe dos galegos durante 30 minutos. O partido comezou moi igualado e así discorreu nos primeiros 20 minutos, con vantaxes mínimas dun gol e empates continuos no marcador (12-12, min. 20). A partir de aí, Galicia logrou dous tantos a favor, pero chegaron ao descanso vencendo pola mínima (16-15).

    Tras saír do vestiario, o equipo dirixido por Javi Díaz e Dani Benaches saíu moi enchufado e logrou romper o partido, chegando a alcanzar unha renda máxima de 10 tantos (32-22, min. 54). Nos minutos finais, Galicia xa puido xogar máis relaxada e Euskadi logrou maquillar un pouco o resultado. Destacaron Gonzalo e Cristian Remeseiro na faceta ofensiva.

    Galicia, 34: Víctor Doval, Mario Chan (2), Víctor Fernández (1), Eduardo José Cousillas (6), Javier Iglesias (3), Xurxo Rivas, Gonzalo Domínguez (6), Juan Enrique Lago, Juan Bas (3), Brais González, Cristian Remeseiro (7), Pablo González, Samuel Barciela (1), Óscar Otero (2), Jacobo Río (1) e Rubén Fernández (2).

    43

    RelacionadosArtículos

    Obras en una treintena de centros y protestas marcan la vuelta al cole en Vigo
    Local

    La inminente «vuelta al cole» rescata del olvido el (fugaz) cheque para libros de Vigo: «Es difícil de entender»

    26 de Ago, 2025
    Investigadas 6 personas por vender falsificaciones en un mercadillo de Sanxenxo
    Actualidad

    Investigadas 6 personas por vender falsificaciones en un mercadillo de Sanxenxo

    26 de Ago, 2025
    La falta de visibilidad en Peinador obliga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo
    Local

    La falta de visibilidad en Peinador obliga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

    26 de Ago, 2025
    Detenido un hombre (investigado por hasta 12 fuegos) por otro presunto delito de incendio forestal
    Tui

    Libertad para el ‘santero’ detenido en Tui, con prohibición de aproximarse a la denunciante

    26 de Ago, 2025
    «Tenía algo místico rodar en Vigo, donde mis padres vivieron su historia de amor»
    Cine

    «Tenía algo místico rodar en Vigo, donde mis padres vivieron su historia de amor»

    26 de Ago, 2025
    Calcinado por completo un coche en Moaña
    Moaña

    Calcinado por completo un coche en Moaña

    26 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo habilitará 38 catres para personas sin techo en el pabellón del Berbés

    «Me siento desamparado y no sé qué hacer. ¿Cómo es posible que no tenga seguro un gimnasio municipal?»

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    por María Alonso
    21 de Ago, 2025
    0

    Vigo se llena de turistas

    Vigo se llena de turistas

    por Julio Alonso
    19 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Paseos urbanos en la ciudad de Vigo
    Más Vigo

    Paseos urbanos en la ciudad de Vigo

    La ciudad de Vigo ha conseguido eliminar muchas de las barreras que presenta su orografía, facilitando la movilidad. Sin embargo,...

    por Julio Alonso
    26 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Ana M. González Presenta en Vigo su puente poético entre Oriente y Occidente
    Libros

    Ana M. González Presenta en Vigo su puente poético entre Oriente y Occidente

    La poeta viguesa Ana M. González, actualmente residente en Pekín, regresa a su ciudad natal para presentar su nuevo poemario,...

    por Redacción
    26 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR