• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Balonmán Base

    Prata para os xuvenís e bronce para as infantís no Campionato de España

    A selección galega cadete feminina foi cuarta clasificada, mentres que a infantil masculina acadou a quinta posición e os cadetes foron sextos
    Redacción por Redacción
    07 de Ene, 2017
    en Balonmano
    0
    Prata para os xuvenís e bronce para as infantís no Campionato de España

    XUVENIL MASCULINO: Cataluña, 32 – Galicia, 18. PRATA
    A selección galega xuvenil masculina acadou a medalla de prata no Campionato de España, despois de facer un torneo impresionante indo de menos a máis.

    A final deste sábado non tivo excesiva historia. Os galegos, que viñan de facer un esforzo físico impresionante na semifinal de onte contra Andalucía, estaban moi cansos e varios xogadores arrastraban molestias físicas. Ademais enfronte estaba o equipo máis forte do campionato, con fondo de banquillo espectacular.

    Así o choque só estivo nivelado nos primeiros minutos, nos que o cansazo aínda non aparecera. No minuto 10, 4-4. Pero a medida que avanzaba o choque, Galicia íase diluíndo, mentres que Cataluña dábase conta de que ía poder facer o que máis lle gusta, que é correr ao contraataque. Desta forma, os locais lograron un parcial de 6-0, con Juan Carlos Rodríguez no banco por molestias, que deixaba as cousas xa moi complicadas (11-5, min. 20). Juan Carlos volveu á cancha e tirou do seu equipo con dous tantos, pero resultaba evidente que os galegos non se movían en ataque coa rapidez dos últimos choques, nin defendían coa mesma intensidade. Pero entre os goles de Juan Carlos e as paradas de Dani, Galicia seguía viva. Ao descanso, 13-8.

    Na segunda parte, Samuel Iglesias deu minutos a todos os xogadores, para gozar dunha prata histórica da que todos foron parte. A pesar diso, Galicia seguiu xogando ao seu estilo, valente e decidida, sen esconder a cara e arriscando en todo momento. Ao remate do partido, toda a selección celebrou ao grande a prata acadada. Dani Fernández foi elixido mellor porteiro do Campionato xuvenil.

    Cataluña: Mamadou Lamine (7), Jordi Sancho (4), David Estepa (1), Mikel Robiño (2), Raul Estrada, Roger Manzano (4), Adriá García, Ian Tarrafeta (1), Pau Navarro (4), Enric González, Eduardo Calle, Daniel Navarro (1), Alex Pascual (3), Jorge Pérez, Sergi Franco (5), Guillem Correro. 
    Galicia: Juan Carlos Rodríguez (6), Andrés Vila, David Rey (1), Bruno Vázquez (2), Rokkvi Pacheco, Sergio Lorenzo (1), Mauro Regojos, Daniel Fernández, Álvaro Preciado, Miguel Pousa (2), Javier Figueroa (2), Pablo García (3), Iago Franco, Lois Pérez, Iñigo Silva, José Leiras (1).
    Árbitros: José Alberto Macías e Ernesto Ruiz (Andalucía).
    Parciais: 2-1, 5-4, 7-5, 11-5, 13-7, 13-8 (descanso), 17-10, 20-10, 22-12, 25-14, 29-16, 32-18 (final).XM prata

    INFANTIL FEMININO: Madrid, 27 – Galicia, 31. BRONCE
    Galicia acadou a medalla de bronce nun igualado choque contra Madrid e no que as galegas estiveron máis acertadas nos momentos decisivos. O partido estivo moi igualado e con alternativas constantes. Na primeira metade ía mandando Galicia, pero con distancias curtas ata que Madrid logrou empatar o choque no minuto 20 (9-9) e incluso lograron irse un gol arriba ao vestiario no descanso (12-11).

    A segunda parte foi moi similar, con alternativas no marcador, xa que nin Madrid nin Galicia lograban impoñerse con claridade. Pero nos instantes finais, as rapazas de Carla Abad amosaron unha espectacular eficacia ante a portería contraria, mentres que Madrid cometeu un par de errores que foron decisivos no resultado final. Todo o equipo galego estivo a un altísimo nivel, pero hai que destacar a Marta Dasilva e Sabela Miniño, que estiveron excelentes tanto neste partido como en todo campionato.

    Madrid: Marina García, Raquel Sánchez (1), Carla Blanco, Lucía da Costa (3), Laura González, Alba Vega (6), Lucía Expósito, Rocío Herguedas, Inoa Lucio (2), María Moreno (8), Katharina Bruna, Ana Vaya, Lucía Laguna (4), Sara Hernández, Ashely Awida, María Lucero (3).
    Galicia: Laura Pouso, María Currás, Cintia Iglesias, Carolina Míguez, Area Martínez (2), Antía Estévez, Sara Román (3), Verónica de Cristófaro, Sabela Miniño (13), Jimena García, Carla Baltasar (1), Marta Dasilva (7), Lara García, Laura Magdaleno (1), Ithaisa Trigo (4), Carmen Fernández.
    Árbitros: Gabriela Marinela e Kalina Veselinova (Castela e León).
    Parciais: 1-2, 3-4, 5-7, 9-9, 12-11 (descanso), 17-15, 19-19, 22-23, 26-26, 27-31 (final).bronce IF

    CADETE FEMININO: Madrid, 37 – Galicia, 25. Cuarta clasificada
    A selección cadete feminina galega non puido acadar a medalla de bronce no Campionato de España, ao caer contra Madrid nun partido que quedou decidido na primeira metade.

    As galegas saían decididas a levar para casa esa medalla de bronce e no inicio parecía que estaban metidas no choque. Nos primeiros minutos o encontro estaba igualado (4-4, min. 5), pero Madrid logrou un parcial de 9-0, cunha gran actuación da porteira madrileña (13-4, min. 19) que afundiu a moral das galegas. Xa non puideron reaccionar e marcharon ao descanso cun
    resultado definitivo (18-6).

    Na segunda parte as galegas tiraron de orgullo e pelexaron ata o final por recortar distancias, pero a diferenza era xa irrecuperable e rematou o partido co 37-25 final. Gran campionato das galegas, que partían da Copa e acadaron a cuarta posición.

    Madrid: Carlota González, Virgina Jiménez, Paula Manso (1), Aroa Casia (2), Marina Fidalgo (1), Marina González (1), Elena García (3), Daniela Morena (11), María García (6), Rocío Delgado (2), Andrea Iguacel, Florina Daniela, Laura de la Iglesia (1), Lucía Solís (3), Irene Valeria (2), Kenya Casia (4).
    Galicia: Uxía Ferreiro, Goretti Miguel, Andrea Fernández (1), Silvia Leiras, Ruth Sánchez, Celia Pedreira (5), Ángela Rodríguez (3), Lidia Portela, Sarai Espiñeira (5), Aitana Santomé (6), Sara López, Lara Docampo (2), Marta Martínez, Estela López, Sandra Blanco, (1), Sandra Sánchez (2).
    Árbitros: Alberto Bolea e Daniel Orts (Valencia).
    Parciais: 4-3, 6-4, 10-4, 13-5, 17-6, 18-6 (descanso), 21-8, 24-13, 28-16, 31-18, 33-23, 37-25 (final).CF 4

    INFANTIL MASCULINO: Galicia, 34 – Navarra, 23. Quinto clasificado.
    Galicia logrou a quinta posición no Campionato de España tras vencer a Navarra nun choque no que os galegos puideron facer rotacións e non necesitaron apertar o acelerador. O conxunto navarro non logrou adiantarse no marcador en ningún momento e deixouse levar por unha Galicia que se sabía superior.

    Ao final, un quinto posto que deixa entrever que o sorteo non foi amable coa selección galega, xa que despois de lograr un primeiro posto no seu grupo lle tocou en cuartos enfrontarse a Valencia, quen ao remate se proclamou campioa de España.


    Galicia:
    Lois García, Carlos Álvarez (5), Henrique Gabriel Lourenco (4), Iago Costas (5), José Cerqueiro, Anxo Fontán (1), Roi Gallego (4), Rubén Sequeiros (1), Alejandro Martínez (1), Alejandro López (2), Juan Pereira, Marco García (1), Mario Cancela (1), David Álvarez (2), Román Arboleya (5), Rubén Augusto Gallego (2).IM quintos 1

    CADETE MASCULINO: Galicia, 26 – Andalucía, 32. Sexto clasificado.
    A selección galega cadete masculina rematou na sexta posición do Campionato de España tras caer derrotados este sábado contra Andalucía nun frouxo partido dos galegos. Custoulle entrar no partido aos homes de Sergio Carballeira ante unha Andalucía moito máis intensa (8-3, min. 10; 13-5, min. 20). Os galegos non estaban finos nin no pase nin o lanzamento e só os porteiros lograban manter ao equipo (18-11, ao descanso).

    Na continuación os galegos tentaron remontar o partido e cando xa reduciran en 3 goles a distancia, varios erros encadeados provocaron que Andalucía confirmase a súa vitoria cun 26-32 final.

    Galicia: Víctor Doval, Cristian Remeseiro, Gonzalo Domínguez (3), Xurxo Rivas (2), Brais González (3), Pablo González, Samuel Couto (1), Eduardo José Cousillas (3), Martín Domínguez (3), Bruno Cela, Isaac Cabanelas, Andrés Alonso, Roi Sierra (2), Juan Enrique Lago (4), Rubén Fernández (5), Samuel Barciela.

     

    XUVENIL FEMININO: Galicia, 30– Aragón, 23. Bronce na Copa de España
    A selección galega xuvenil feminina acadou a medalla de bronce na Copa de España, tras superar no último partido do torneo a Aragón con moita facilidade.

    As galegas, que viaxaban a Cataluña co obxectivo de ascender ao Campionato, non puideron lograr ese obxectivo polo ‘gol-average’ e esa desilusión foi evidente no tramo final da competición. A pesar diso, hoxe as xogadoras dirixidas por Javier Luengo tentaron repoñerse para despedirse cun bo sabor de boca e dominaron o partido dende o inicio para lograr así a terceira posición.

    Galicia: Ainoa López, Raquel Sineiro (4), Paula Alonso, Carmen Prelchi (8), Marta Pombal (8), Marta Groba, Mónica Sineiro, Uxía López, Begoña Otero, María Groba, María Pereira (3), María Álvarez (1), Andrea Cores (1), Débora Garrido, Sandra Fernández (5), Sara Estévez.

    43

    RelacionadosArtículos

    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos
    Mos

    Hallan muerto en su casa con heridas de arma blanca al hombre que asesinó a su expareja en Mos

    01 de Feb, 2026
    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos
    Mos

    Atrincherado con varios cuchillos en Atios: cerco sobre el autor del crimen machista de Mos

    01 de Feb, 2026
    Cientos de trabajadores de GKN se manifiestan contra el ERE «injustificado» que pretende impulsar la compañía
    Economía

    Cientos de trabajadores de GKN se manifiestan contra el ERE «injustificado» que pretende impulsar la compañía

    01 de Feb, 2026
    Localizado el hombre buscado por el asesinato de su expareja en Sanguiñeda
    Mos

    Localizado el hombre buscado por el asesinato de su expareja en Sanguiñeda

    01 de Feb, 2026
    Buscan a un hombre por el asesinato de su expareja con un arma blanca en Mos
    Mos

    Buscan a un hombre por el asesinato de su expareja con un arma blanca en Mos

    01 de Feb, 2026
    Heridas cinco personas tras una colisión múltiple en Ponteareas
    Ponteareas

    Heridas cinco personas tras una colisión múltiple en Ponteareas

    01 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR