• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 21 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Balonmán Base

    A selección galega cadete feminina buscará este luns o ouro no Campionato de España

    Derrotou a Madrid en semifinais e medirase a Cataluña na gran final. A cadete masculina loitará polo bronce contra Euskadi
    Redacción por Redacción
    06 de Ene, 2019
    en Balonmano
    0
    A selección galega cadete feminina buscará este luns o ouro no Campionato de España

    En liñas xerais a do domingo foi unha boa xornada para Galicia con catro triunfos e dúas derrotas. As seleccións infantil feminina, infantil masculina e xuvenil feminina tentarán acadar a quinta posición, mentres que a xuvenil masculina disputará a sétima posición.

    Semifinais Campionato de España cadete feminino.
    Madrid, 24 – Galicia, 31. A selección galega cadete feminina, que partía da Copa de España, logrou meterse na final do Campionato de España tras superar de forma contundente a Madrid na semifinal. Foi unha nova exhibición das rapazas de Abel González e Ana Costas, que volveron a estar espléndidas. E iso que os nervios foron evidentes nos primeiros minutos do choque, o que as levou a estar por detrás no marcador. Desta forma, no minuto 15 ían tres goles abaixo (5-2). Pero pouco a pouco as nosas foron amosando as súas armas e igualáronse moitísimo as forzas, con distancias mínimas no marcador. O primeiro empate chegou no minuto 28 (11-11), e no descanso mandaba Madrid por un gol (12-11).

    Pero na segunda parte, as galaicas brillaron con luz propia. Cunha gran porcentaxe de acerto na portería e unha enorme efectividade en ataque o triunfo foi incontestable. Madrid non tivo a máis mínima posibilidade nesta segunda metade case perfecta das nosas xogadoras, que confirmaron así a súa clasificación para a final do Campionato de España. Fantástico o traballo de Marian Mera en portería con 14 paradas e a efectividade en ataque de Sara Román e Marta Dasilva.

    Galicia, 31: Marian Mera, Alba Afonso, Anastasija Doder (1), Verónica de Cristófaro (1), María Currás (2), Sabela Miniño (5), Carla Baltasar (1), Ithaisa Trigo (4), Area Martínez, Marta da Silva (4), Antía Estévez, Sara Román (7), Laura Magdaleno (4), Yaiza Alonso (1), Lorena Vaello e Helena Sánchez (1).

     

    Semifinal Campionato de España cadete masculino.
    Galicia, 28 – Comunidade Valenciana, 29. Galicia cadete masculina non puido superar a Valencia nunha axustadísima semifinal, polo que este lunso buscará o bronce contra Euskadi. O partido estivo moi igualado dende o inicio, pero unha baixa efectividade no lanzamento dos galegos mediada a primeira parte, permitiu aos valencianos romper o choque e irse ao descanso cunha clara diferenza no marcador ao seu favor (13-18).

    Pero Galicia non se rendería e trala continuación do xogo logrou un parcial de 5-0, co que empataba o partido (18-18, min. 8). A partir de aí, igualdade máxima con continuos empates no marcador. Ata que unha superioridade ben aproveitada pola Comunidade Valenciana a falta de cinco minutos para o final, decidiu o gañador do encontro. Galicia loitou ata o final e recortou distancias ata quedarse a só un tanto, pero non puido evitar a derrota. 

    Galicia, 28: José Cerqueiro, Carlos Álvarez (11), Roi Gallego (2), Mario Cancela, Marco García (2), Iago Costas (4), Esteban Carballido, Rubén Sequeiros, Sergio Blond, Alejandro López (1), David Álvarez, Henrique Gabriel (2), Lois García, Diego Fernández, Román Arboleya (6) e Daniel Virulegio.

    Loita do 5º ao 8º posto – Campionato de España xuvenil feminino.
    Galicia, 33 – Andalucía, 29. Era un día moi complicado para as nosas galaicas despois da desilusión de caer derrotadas onte nos cuartos, pero a pesar diso as nosas rapazas tiraron de orgullo para superar con claridade a Andalucía e loitar así pola quinta posición. Costoulle un pouco a Galicia entrar no partido e foi por detrás no marcador nos primeiros dez minutos do choque (5-8, min. 11), pero a partir de aí foron axustando o traballo defensivo e con rápidos contraataques acadaron o empate (8-8, min. 13). Con táboas no marcador chegou o acougo ás nosas deportivas, que comezaron a amosar o seu verdadeiro potencial e pouco a pouco foron abrindo distancias no marcador. Ao descanso, 17-12 para Galicia.

    Na segunda metade, o equipo dirixido por Miguel Sánchez e Laura Rúa mantivo a liña de traballo, pero Andalucía logrou achegarse no marcador ata poñerse a un só gol (25-24, min. 27). Galicia non perdeu a calma e seguiu xogando con moita cabeza e coma un equipo. Así, lograron aumentar as distancias para lograr unha cómoda distancia e unha vitoria que as leva a xogar este luns pola quinta posición.

    Galicia, 33: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (3), Sandra Blanco, Patricia Mallo, Adriana Mallo (3), Aitana Santomé (5), Silvia Leiras (1), Sarai Espiñeira (11), Sandra Sánchez (2), Estela López (1), Lidia Portela, Ángela Rodríguez (2), Carme Castro (2), Claudia Kaulback (3), e Marta Martínez.

    Este luns, Galicia buscará a quinta posición fronte a Madrid (12:30 horas).

     

    Loita do 5º ao 8º posto – Campionato de España xuvenil masculino.
    Andalucía, 27 – Galicia, 22. Derrota do noso combinado xuvenil contra Andalucía, nun partido moi axustado que se decidiu nos últimos minutos. O encontro comezou moi igualado, con intercambio de goles entre dous rivais serios en tarefas defensivas. Así, no minuto 14, ían empatados no marcador (8-8). Pero un par de erros non forzados dos galegos permitiron contras dos andaluces con goles cómodos e así lograron irse ao descanso tres tantos arriba (16-13).

    Na segunda parte, o choque seguiu moi igualado (18-18, min. 11) ata os últimos dez minutos nos que galaicos se atascaron en ataque, ante unha moi boa defensa andaluza. E así escapouse o partido e os galegos terán que loitar pola sétima posición.

    Galicia, 22: Víctor Doval, Mario Chan, Víctor Fernández (1), Eduardo José Cousillas (1), Javier Iglesias (2), Xurxo Rivas (5), Gonzalo Domínguez (2), Juan Enrique Lago, Juan Bas (1), Brais González (4), Cristian Remeseiro, Pablo González, Samuel Barciela (3), Óscar Otero, Jacobo Río (2) e Rubén Fernández (1).

    Este luns, Galicia-Euskadi (09:00 horas) na loita polos postos do 7º e 8º

     

    Loito do 5º ao 8º do Campionato de España infantil feminino.
    Galicia, 30 – Madrid, 20. As minigalaicas esqueceron a derrota dos cuartos de final, cun magnífico partido contra Madrid, que as leva a loitar pola quinta posición do campionato. As galegas dominaron o choque dende o inicio. Só no primeiro minuto, Madrid sorprendeu cun 0-2, pero a partir de aí xa non volveron a adiantar ás galegas. Desta forma, cun xogo moi completo, tanto en defensa como en ataque, lograron abrir distancias no marcador (16-8, ao descanso). A segunda metade xa non tivo historia, con Galicia moi sobria e efectiva e sen darlle opción algunha a Madrid. Lucía Villamarín foi a máxima goleadora con 9 tantos. As minigalaicas xa pensan na “final” polo quinto posto.

    Galicia, 30: Paula Comendador, Carmela Fontoira (3), Lucía Álvarez, Cristina González, Uxía Campos (1), Lucía Villamarín (9), Eva Rodríguez (2), Carla Vidal (6), Aroa Fernández, Blanca Rial (1), Sandra Alperi, Lucía Méndez (3), Itziar Molinos, Nerea Patiño (1), Nerea Arias (3) e Nuria López (1).

    Na loita polo 5º posto, Galicia xogará contra Canarias (12:30 horas)

     

    Loita do 5º ao 8º do Campionato de España infantil masculino.
    Galicia, 24 – Aragón, 23. Partido no que os galegos comezaron cunha moi boa defensa, o que lle permitiu coller unha pequena renda de dous goles. Pero a medida que ía avanzando o partido, o porteiro de Aragón foi crecendo e os galegos non atopaban a fórmula para superalo. Así, chegamos ao descanso un tanto abaixo (9-10). No inicio da segunda metade, o combinado galego comezou a facer unha gran defensa, o que lles permitir coller unha renda de seis goles. Pero o partido non acabou aí. Os aragoneses cambiaron a defensa a 3:3, creando imprecisións no ataque galego. O marcador axustouse, pero os galegos souberon manter o resultado e levarse a vitoria.

    Galicia; 24: Hugo Pérez, Adrián Pérez del Río (2), Eduardo Alonso, Marcelo Gil (1), Miguel López, Senén Garea (1), Roberto Castro (6), Alexandre Gallego (1), Adrián Carrera (1), Ismael Fernández (6), Mateo Pallas, Martín Santos (2), Nuno Loxo (2), Pablo Fernández, Carlos Menduiña (2) e Anxo Fernández.

    Este luns Galicia xogará contra Navarra (12:30 horas) na loita polo 5º posto

    43

    RelacionadosArtículos

    Samil abraza un siglo de valores de la mano del Colegio Carmelitas Vedruna
    Local

    Samil abraza un siglo de valores de la mano del Colegio Carmelitas Vedruna

    20 de Sep, 2025
    ChatGPT escucha sin juzgar, pero no está diseñado para ejercer de terapeuta
    Opinión

    ChatGPT escucha sin juzgar, pero no está diseñado para ejercer de terapeuta

    20 de Sep, 2025
    Vigo repite (otra vez) en el podio de los lugares donde más llueve
    Local

    Un hombre se enfrenta a 5 años de cárcel por arrojar cocaína a la policía

    20 de Sep, 2025
    El Centro Vialia entrega los locales a sus principales marcas
    Actualidad

    Adif y Ceafa lanzan un mensaje que podría cambiar la vida de millones de personas

    20 de Sep, 2025
    Descubre nuestros 5 lugares favoritos para disfrutar de la gran salida de la Solitaire du Figaro
    Actualidad

    Descubre nuestros 5 lugares favoritos para disfrutar de la gran salida de la Solitaire du Figaro

    20 de Sep, 2025
    El PP exige a Abel Caballero un plan estratégico para combatir la soledad de los mayores
    Local

    El PP exige a Abel Caballero un plan estratégico para combatir la soledad de los mayores

    20 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    El PP de Vigo exige explicaciones por todas las obras con sobrecoste tras lo ocurrido con el túnel de Vialia

    Un hombre de 60 años fallece en el acto tras precipitarse desde la terraza de Vialia Vigo

    por Redacción
    19 de Sep, 2025
    0

    Persecución suicida junto a las Cíes

    Persecución suicida junto a las Cíes

    por Ramón Martínez
    15 de Sep, 2025
    0

    Cuenta atrás para una nueva obra en Vigo: la reforma del vial a la Universidad la ejecutará una empresa local

    Cuenta atrás para una nueva obra en Vigo: la reforma del vial a la Universidad la ejecutará una empresa local

    por Redacción
    16 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Urinarios públicos de Vigo
    Más Vigo

    Urinarios públicos de Vigo

    En la actualidad casi nadie recuerda los antiguos urinarios públicos que existían en la ciudad de Vigo. La vida ha...

    por Julio Alonso
    20 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    ChatGPT escucha sin juzgar, pero no está diseñado para ejercer de terapeuta
    Opinión

    ChatGPT escucha sin juzgar, pero no está diseñado para ejercer de terapeuta

    Cada vez es más común que las personas recurran a herramientas como ChatGPT en busca de orientación emocional, consejos o...

    por Cristina Lorenzo
    20 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR