17012019Jue
Última edición: Mié, 16 Ene 2019 9pm
04 Dic 2014
Publicado en Música

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pechará en Vigo a primeira parte da súa tempada de abonos de música clásica cun concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) dirixido por Dima Slobodeniouk, o seu director titular, e contará con Elizabeth Leonskaja no piano.

27 Nov 2014

tercer disco de la banda viguesa

Soul Jacket: "Nuestro álbum tiene momentos ácidos y también melodías taberneras"

Mauro Comesaña, batería de la banda, habla con Vigo Última Hora de su nueva entrega, "Black Cotton Limited"

Publicado en Música

Son ya uno de los grupos de referencia en el panorama musical nacional y su primer disco, "Wood Mama", ya ha sido catalogado como de "culto". Soul Jacket, formado en 2003 por varios amigos de Vigo y Nigrán, acaban de presentar su tercer disco, "Black Cotton Limited", en La Iguana Club con un nuevo éxito. Después de una minigira por el norte de España, este jueves actuarán en la sala Capitol de Santiago de Compostela.

11 Nov 2014
Publicado en Música

Se fotografiaron en el escenario con el Auditorio abarrotado

07 Nov 2014

Axudas de 350.000 euros a estas entidades, non dependentes da Consellería de Educación

As escolas da Deputación xa teñen 7.000 alumnos

Beneficiaránse 11 entidades de Arousa e Caldas, 7 de Deza e Tabeirós-Terra de Montes e 9 da área de Vigo

Publicado en Música

Máis de 7.000 alumnos e 570 profesores integran as 45 escolas de música e conservatorios non dependentes da Consellería de Educación e que a Deputación de Pontevedra subvenciona. A Xunta de Goberno aprobou a concesión de 350.000 euros en axudas a estes centros, que, tal e como sinalou o presidente da Deputación, contribúen á formación musical de milleiros de nenos e nenas na provincia.

07 Nov 2014
Publicado en Música

Bob Geldof, uno de los grandes mitos del activismo musical visitará el Auditorio Mar de Vigo el próximo 13 de diciembre, en la que será su única actuación en España. Geldof, el hombre que intentó alimentar el mundo con sus canciones, presentará al público 'How to Compose Popular Songs That Will Sell', su quinto trabajo musical y el primero tras un silencio discográfico de diez años,se trata de un 'larga duración' que contiene joyas sonoras como 'One For Me' o 'Pale White Girls', canciones que combinan un suave acento blues con el rock "más contundente".

04 Nov 2014
Publicado en Música

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación do 'Outono Lírico 2014', un ciclo que ofrecerá un amplo programa de citas musicais e conferencia en Vigo ata o mes de xaneiro grazas á colaboración, entre outras entidades, do departamento de Cultura da Xunta de Galicia, que reforza ademais nesta edición o seu apoio á cita. Na rolda de prensa estiveron presentes, así mesmo, a delegada da Xunta na cidade da oliveira, Mª José Bravo Bosch; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o presidente e vicepresidente da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, Pedro Pablo Gutiérrez e Daniel Diz, respectivamente.

Durante a súa intervención o conselleiro salientou a importancia deste ciclo para enriquecer a oferta cultural da cidade "facilitando a chegada dun xénero, o lírico, que polas dimensións do espectáculo e o seu custe non adoita ter unha presenza moi asidua nos nosos escenarios, o que o converte nunha grande oportunidade para os afeccionados á música". Así mesmo, e referíndose ao apoio do seu departamento ao 'Outono Lírico', sinalou esta cita como unha clara mostra de que a programación cultural da Xunta non esqueceu esta cidade. "Impulsamos a programación da Real Filharmonía e da Sinfónica en Vigo, e apoiamos iniciativas como a que hoxe presentamos, poñendo de manifesto que o que fai a Consellería de Cultura e Educación é, precisamente, ampliar a oferta a disposición dos cidadáns de toda Galicia, sen ningún tipo de discriminación".

Vázquez Abad valorou, ademais, o feito de que a edición deste ano do ciclo inclúa no programa a representación da ópera infantil, 'Guillermo Tell'. "Como responsable que son tamén do departamento educativo da Xunta de Galicia estou convencido de que a mellor forma de achegar a cultura á cidadanía e crear uns hábitos de consumo culturais axeitados é facelo desde as idades máis temperás".

Citas musicais e conferencias
Organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, o 'Outono Lírico 2014' conta cun programa composto por citas musicais e mais conferencias arredor do xénero. Así o Teatro Sala de Concertos Afundación acollerá o 8 de novembro a representación da zarzuela de Vicente Leó 'La Corte del Faraón'. Con dirección musical de Javier Corcuera e escénica de Lorenzo Moncloa, a interpretación correrá a cargo de Hevila cardeña, Carmen Aparicio, Carlos Crooke, Santos Ariño, Juan C. Barona, Paco Racionero e do coro e orquestra da compañía Nieves Fernández de Sevilla.

O día 21 de decembro presentarase no mesmo a ópera 'Lucia di Lammermoor', de Donizetti, cun elenco que inclúe á soprano María José Moreno Miguel Borrallo, Arturo Pastor e José A. García, así como as interpretacións da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e do Coro Universitario de Vigo. A dirección musical será de Francisco Moya e a escénica de Ignacio García.

O ciclo musical rematará o día 11 de xaneiro coa adaptación a ópera infantil de 'Guillermo Tell', de Rossini, realizada pola compañía 'La Baldufa'. O elenco estará conformado por Maria Planas, Marta Valero, Xavier Mendoza, Josep Ferrer, Emiliano Pardo, Ferrán López, Manel Ruiz, Jaume Cortadellas e Pau Vall.

No referido ás conferencias, comezaron o pasado 28 de outubro cun relatorio do director artístico do Teatro Real arredor dos modelos internacionais de xestión da ópera. O programa continuará o 11 de novembro cos críticos Arturo Reverter e Victoria Stapells, á fronte do relatorio 'Kathleen Ferrier: Sentido y sensibilidad. La contralto que hizo llorar a Bruno Walter"; mentres que o 18 de novembro será a quenda do crítico e musicólogo José Luis Téllez con 'Gluck'; e o 25 de novembro da blogueira Silvia Pujalte con 'Desmitificando a Strauss'.

Xa no mes de decembro, e como previo á representación da ópera, celebrarase unha mesa redonda na que, baixo o título 'Lucia: el deseo y la muerte', contará coa participación de membros do elenco de 'Lucia di Lammermoor'. A última das conferencias celebrarase o 13 de xaneiro, e nela o presidente da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, Pedro Pablo Gutiérrez, afondará nas últimas óperas de Rossini.

marítima

vigo

emprego

deporte

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos