• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTIVAL SINSAL

    O Festival Sinsal avanza no seu compromiso co planeta

    Lanza lanza #sinsalsenrastro, unha iniciativa para transformar o modelo de xestión de residuos
    Redacción por Redacción
    04 de Jun, 2024
    en Música
    0
    O Festival Sinsal avanza no seu compromiso co planeta

    O Festival Sinsal SON Estrella Galicia dá este verán un paso máis no seu compromiso coa contorna, a saúde e o planeta. O evento, que se celebrará do 26 ao 28 de xullo na illa de San Simón, e que foi recoñecido como o festival máis sostible de España en 2019 e 2023 nos Premios FEST, porá en marcha a iniciativa #sinsalsenrastro, co obxectivo de lanzar unha mensaxe de concienciación e apelar á responsabilidade compartida á hora de transformar o modelo de consumo actual implicando a público, empresas colaboradoras e patrocinadoras na xestión dos residuos. 

    Despois de traballar desde 2018 na redución e reutilización de elementos, este ano Sinsal proponse renovar a súa estratexia inicial e actualizar a súa política de sustentabilidade.

    Ademais de subscribir o protocolo do Pacto Cultura Sustentable, o festival dirixe o foco á necesidade de garantir unha correcta recollida e xestión dos residuos coa intención de que esta práctica non só se poña en marcha durante o evento, senón que incorpore no día a día de todas as persoas vinculadas ao mesmo. 

    Así, tomando como punto de partida a teoría das 3R (reduce, reutiliza e recicla) e baixo a premisa de que o mellor residuo é aquel que non se xera, Sinsal presenta #sinsalsenrastro, unha iniciativa coa que o festival pretende lanzar unha mensaxe de concienciación e co que apela á responsabilidade individual e colectiva á hora de consumir e xestionar os residuos.

    #sinsalsenrastro recollerá todas aquelas actividades ou propostas dirixidas a este fin, como é o uso por parte do público da vaixela reutilizable do festival (que este ano, ademais, engade cuncas e panos de mesa de tea aos xa habituais pratos e vasos). Ademais, incorpora unha sinxela iniciativa que, a ollos da organización, é aplicable na rutina diaria.

    Este 2024, Sinsal SON Estrella Galicia propón ao público que acuda a San Simón co seu propio ‘kit festivaleiro’: cubertos, prato, pano de mesa e, mesmo, un vaso ou recipiente co que se pode solicitar algunha das bebidas do festival ou obter auga potable gratuíta nos distintos puntos distribuídos ao longo de todo o arquipélago.  

    Outra das novidades de Sinsal 2024 será que non haberá papeleiras dispoñibles nas illas de San Simón e San Antón. Tanto a vaixela reutilizable do festival como os residuos xerados polo evento (restos de comida, cartón de pizza, etc.) recolleranse e separaranse nun único espazo habilitado pola organización, nomeado Punto R. 

    Pola súa banda, os residuos alleos ao evento (envases ou alimentos non proporcionados polo festival, cabichas ou outro tipo de materiais) terán que saír da illa coas persoas que os xeren. É dicir, cada asistente terá que ser responsable dos seus restos: o que leve á illa, deberá regresar a casa para proceder á súa correcta separación.

    Co obxectivo común de poñer en práctica #sinsalsenrastro, Sinsal ofrece unha serie de recomendacións ao público, que se poden consultar tanto na páxina web do evento como nas súas redes sociais.

    Por último, o festival lembra que as persoas fumadoras deberán viaxar a San Simón cun cinceiro portátil, que se poderá baleirar ao regresar ao litoral, e que no arquipélago só se poderá fumar nas zonas acoutadas para tal efecto. 

    Obradoiro infantil ‘Binomios fantásticos’

    A mensaxe de concienciación de #sinsalsenrastro tamén chegará ás actividades paralelas gratuítas destinadas ao público infantil, como é o taller creativo que Cristina González, de Arte y Garabato, impartirá, en distintas sesións, nas tardes do sábado 27 e domingo 28 na capela da illa de San Simón.

    Tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, este proxecto vigués propoñerá visualizar a oportunidade de dar novos usos a materiais reutilizados a través da creación artística.

    As e os asistentes aos talleres poderán aprender a xerar propostas sostibles e respectuosas co medio atendendo, entre outras cuestións, ao seu impacto ambiental. 

    Así, tomando como referencia os ‘Binomios fantásticos’ ideados por Gianni Rodari no seu libro Gramática da fantasía, así como o proxecto cultural italiano ReMida, as e os participantes -que poderán estar acompañados de persoas adultas- explorarán as diferentes posibilidades creativas, lúdicas e estéticas que ofrecen os materiais que reutilizarán durante a sesión, como obxectivos domésticos, retales téxtiles ou mostrarios de madeira. A participación no taller infantil será, un ano máis, gratuíta; e todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza ao desembarcar na propia illa de San Simón. 

    Sinsal SON Estrella Galicia

    Sinsal SON Estrella Galicia é un dos eventos sonoros máis coidados e singulares do panorama musical estatal. Cada ano, Sinsal ofrece a un público reducido -800 persoas por día- a posibilidade de gozar dunha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante do momento nun escenario excepcional: a illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

    Unha dos sinais de identidade do evento é o seu cartel secreto, que as e os asistentes só descobren ao desembarcar na illa, situada no corazón das Rías Baixas. Este ano, a programación musical caracterizarase pola diversidade de estilos musicais e orixes das máis de 20 bandas e solistas que actuarán nos cinco escenarios desta edición e que convivirán, durante unha fin de semana, en San Simón. 

    Alén das actuacións, que cada día serán diferentes, durante o festival sucederanse numerosas actividades paralelas divulgativas, co obxectivo de dar a coñecer tanto a historia como o patrimonio cultural e natural de San Simón; ademais de propostas específicas vinculadas á sustentabilidade ambiental e concienciación; á recuperación e posta en valor dos arquivos sonoros, que se traducen en iniciativas como as Sesións San Simón ou os talleres A Escola Sinsal; ou as promovidas a través dos Rías Baixas Fest, proposta da Deputación de Pontevedra para promover a programación cultural, a contorna natural e a gastronomía do territorio a través dos festivais máis relevantes da provincia. 

    43

    Tags: Festival SinSalmedio ambientemúsicaSan Simón

    RelacionadosArtículos

    Carnaval, electrónica y el rito del baile
    Música

    Carnaval, electrónica y el rito del baile

    31 de Ene, 2026
    La Vigo 430 desafía los límites del sonido con un concierto íntimo en el MARCO
    Música

    La Vigo 430 desafía los límites del sonido con un concierto íntimo en el MARCO

    29 de Ene, 2026
    Francisco Castro presenta en Vigo su proclama de ‘amor y revolución’
    Música

    Francisco Castro presenta en Vigo su proclama de ‘amor y revolución’

    28 de Ene, 2026
    La Orquesta Vigo 430 inaugura su temporada con un viaje al Romanticismo tardío
    Música

    La Orquesta Vigo 430 inaugura su temporada con un viaje al Romanticismo tardío

    21 de Ene, 2026
    Vigo suma una nueva fecha a su cartel musical más íntimo: Gara Durán se une a los Momentos Alhambra
    Música

    Vigo suma una nueva fecha a su cartel musical más íntimo: Gara Durán se une a los Momentos Alhambra

    19 de Ene, 2026
    No mires a los ojos de Pablo López
    Música

    Pablo López reaviva su idilio con Vigo este fin de semana

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR