• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 16 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    día das letras 2021

    Vigo réndese á súa poeta comprometida

    A cidade celebrou por todo o alto o Día das Letras Galegas en memoria de Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003), a escritoria, traductora, editora e mestra que cautivou coa súa poesía transgresora
    Redacción por Redacción
    17 de May, 2021
    en Libros
    0
    Vigo réndese á súa poeta comprometida

    Vigo converteuse este 17 de maio na capital da poesía. A cidade celebrou por todo o alto o Día das Letras Galegas en memoria de Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003), a poeta comprometida. Dicía o seu fillo, Darío Gil, nas páxinas de VIGOÉ que a súa nai estaría hoxe reclamando os dereitos dos migrantes, igual que estivo no seu día nas mobilizacións de «Nunca Máis» ou «Non á guerra».

    Este luns das Letras Galegas as súas verbas soaron en numerosos puntos das cidade na que creceu como escritora, tradutora, editora, mestra e nai. Comezou a xornada coa recepción do Concello á Real Academia Galega no Museo Marco da rúa do Príncipe e continuou co acto conmemorativo no instituto IES Castelao. O acto central foi o pleno extraordinario que a Real Academia Galega celebrou no Auditorio Mar de Vigo para reivindicar o seu legado.

    Así, a voz de Xela Arias recitando versos do seu derradeiro poemario, Intempériome (2003), abriu o acto en diálogo coa música de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera. Na conmemoración Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas pronunciaron as alocucións académicas sobre a autora.

    Os tres recorreron á palabra da poeta e puxeron o acento no carácter rebelde e na lectura de xénero dunha poesía á intemperie, envolta «nas entrañas das vidas á marxe» e que «cuestiona “exércitos inoculados de acomodo”», expresou Ana Romaní. «Crear, di Xela, é inventa-lo mundo e mailas marxes do mundo. Crebar as marxes, inventar outras novas», coincidiu Marilar Aleixandre. Porque ela foi, en palabras de Manuel Rivas, unha muller «a camiñar pola liña do horizonte», unha creadora que escolleu botarse «fóra da orde do día».

    Os académicos posan coa familia de Xela Arias, este luns no Auditorio Mar de Vigo. / Foto: RAG

    O pleno tivo lugar en presenza da súa familia (nai, irmáns, fillo e sobriños) e na cidade que foi «o espazo creativo, emocional, familiar e profesional onde Xela Arias desenvolveu a meirande parte da súa vida», indicou o presidente da RAG. Víctor F. Freixanes recordou tamén a Sarria natal da autora, onde a Academia estivo igualmente presente neste Ano Xela Arias apoiando distintas iniciativas arredor da súa figura.

    Sarria e Vigo, dous eixes vitais que ilustran a pertenza de Xela Arias a unha xeración con raiceiras no rural, que medrou nos barrios das cidades galegas en expansión e que viviu a mocidade nun momento «especialmente activo e ilusionante», o dos anos 80 e dos 90, no que «Vigo tivo un protagonismo moi especial». «Foron décadas dunha enorme explosión cultural e creativa, protagonizada polos mozos e mozas que, sen renunciar á memoria dos avós e os devanceiros, a enriquecen cunha nova ollada, novas perspectivas, novas formas de expresión», retratou Víctor F. Freixanes.

    • Acto conmemorativo no instituto IES Castelao.
    • Acto conmemorativo no instituto IES Castelao.

    O presidente da Academia reflexionou ademais sobre a importancia da transmisión xeracional do idioma a través do exemplo da familia de Xela Arias e tivo palabras de especial recoñecemento para os seus pais, Valentín Arias (1934-2011) e Amparo Castaño, que acudiu ao pleno da RAG acompañada do fillo, os irmáns, os sobriños e outros parentes da homenaxeada.

    «Cando as familias manteñen viva a riqueza do idioma e saben transmitilo con dignidade, amor e coherencia aos descendentes, a lingua medra, axigántase, convértese nunha onda contaxiosa de afectos, factor de socialización fundamental para construír a nación do futuro, que non acaba en nós, senón que continúa sempre nos que veñen despois. Esta responsabilidade témola todos. Non podemos mirar para outro lado», concluíu.

    • Recepción do Concello á Real Academia Galega no Marco.
    • Recepción do Concello á Real Academia Galega no Marco.
    • Pleno extraordinario que a Real Academia Galega celebrou no Auditorio Mar de Vigo.
    • Pleno extraordinario que a Real Academia Galega celebrou no Auditorio Mar de Vigo.
    • Pleno extraordinario que a Real Academia Galega celebrou no Auditorio Mar de Vigo.

    As Letras Galegas de Xela Arias celebran a poesía singular e transgresora da autora, e a súa procura de novos espazos para ela, facéndoa dialogar con outras artes: dende a ilustración, presente no seu primeiro poemario, Denuncia do equilibrio (1986), e a fotografía —coa que comparte protagonismo en Tigres coma cabalos (1990) e na portada do libro que escribiu sobre a experiencia da maternidade, Darío a diario (1996) —, ata a música, á que se achegou especialmente na última etapa da súa vida, tras a publicación de Intempériome. Para esta obra preparaba un espectáculo de poesía e música contemporánea con Fernando Abreu cando a morte prematura a sorprendeu en novembro de 2003.

    O músico recuperou este ano aquel proxecto truncado como homenaxe á escritora baixo o título Vencerse é cousa de se tratar. A actuación musical que abriu o pleno da RAG foi unha adaptación especial da proposta que trouxo ao Auditorio Mar de Vigo a poesía da autora na súa propia voz.

    43

    Tags: Día das Letras GalegasXela Arias

    RelacionadosArtículos

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto
    Cultura

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto

    14 de May, 2025
    Estos fueron los libros más demandados en 2022 en la Rede de Bibliotecas de Galicia
    Cultura

    En marcha en Vigo as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

    08 de May, 2025
    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo
    Cine

    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo

    31 de Oct, 2024
    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia
    Cine

    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia

    17 de Oct, 2024
    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa
    Libros

    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa

    21 de May, 2024
    Últimos días para donar sangre en la campaña de Ados en las universidades gallegas
    Solidaridad

    Un libro a cambio de sangre para conmemorar las Letras Galegas

    16 de May, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    Caballero envía a la Xunta el proyecto de las rampas de Gran Vía y advierte: «Ni se le ocurra paralizarlo»

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Indemnizan con 10.000 euros a un vigués por ser incluido en ficheros de morosos de forma indebida

    Nuevo revés para el Gobierno de Caballero: el catastro confirma que el edificio de los juzgados es de la Xunta

    por Redacción
    09 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Humanizaciones viguesas en curso
    Más Vigo

    Humanizaciones viguesas en curso

    Actualmente se están llevando a cabo importantes humanizaciones en la ciudad de Vigo. Una de ellas es la de la...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR