• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Unhas 150.000 persoas participaron nas actividades en torno ao Pergamiño Vindel

    Tras promover máis de 60 iniciativas, a Universidade de Vigo e segue a “contar coa confianza da Morgan Library”
    Redacción por Redacción
    19 de Abr, 2018
    en Libros
    0
    Unhas 150.000 persoas participaron nas actividades en torno ao Pergamiño Vindel

    O reitor Salustiano Mato foi o encargado de facer balance das accións programadas pola Universidade de Vigo durante os meses que o manuscrito permaneceu no Museo do Mar, como peza central da exposición Un tesouro en sete cantigas, desenvolvida en colaboración da Xunta de Galicia e que foi visitada por 50.000 persoas.

    “Este foi un proxecto mobilizado pola Universidade, pero colectivo, no que participaron todo tipo de entidades para facelo posible, como a Asociación Pertenza, a Xunta, os concellos e o mundo da cultura”, explicou Mato na súa comparecencia, na que, xunto ao director da publicación, Alejandro Diéguez, presentou o caderno especial de 50 páxinas que o número 24 da revista Galegos dedica á obra de Martín Códax, a través de colaboracións de destacados referentes da vida cultural de Galicia, Portugal e da propia Morgan Library e que inclúe un CD coa interpretación das cantigas a cargo de músicos como Roi Casal, Uxia, Abe Rábade ou a poetisa Yolanda Castaño.

    Mato aproveitou a súa comparecencia para agradecer a implicación na iniciativa da Universidade, que logrou por primeira vez que o Pergamiño Vindel abandonase a Morgan Library de Nova York, de todas as persoas e colectivos que ao longo de dous anos fixeron posible que a obra de Codax regresase á beira do mar que o viu nacer hai oito séculos.

    Mención especial fixo o reitor da Universidade de Vigo á Morgan Library, asegurando que “pasamos con nota o traballo e seguimos a contar coa súa confianza”. Mato manifestou o interese da institución académica de abrir unha porta á colaboración cara o futuro nos ámbitos da investigación, a cultura e a divulgación. “Este foi un evento moi importante para Galicia e para a Universidade supuxo unha relación moi positiva coa Morgan que espero que se manteña con esta entidade de elite”, dixo Mato.

    62 actividades para difundir e formar sobre o Vindel
    En canto ás actividades que a Universidade de Vigo programou e realizou durante os meses da estadía do Pergamiño Vindel na cidade, 30 foron de difusión, 24 de formación e oito institucionais.

    As máis salientables na difusión da peza de Martín Códax foron: a exposición Un tesouro en sete cantigas celebrada no Museo do Mar e que, ademais de polo público xeral, tamén foi visitada por representantes institucionais e da vida social e cultural de Galicia, como a Mesa do Parlamento ou o Consello da Cultura Galega; o ciclo de cantares de cego interpretados por Luis Correa “O Caruncho” e Chus Iglesias en máis de vinte cidades e vilas de Galicia, interpretando as sete composición de Martín Códax ou o concerto de Nadal da Universidade con Cristina Pato, acompañada por outros artistas.

    Neste apartado tamén se inclúen as publicacións realizadas co gallo da presenza do Vindel en Vigo, entre as que destacan: o catálogo da exposición Un tesouro en sete cantigas; a obra As cantigas de Martín Códax en 55 idiomas, coordinada polo docente e investigador do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo Xosé- Henrique Costas e o caderno especial da revista Galegos, presentado este martes.

    En canto ás actividades de formación destacan: o Simposio Científico Internacional E irei, madr’, a Vigo; o ciclo de conferencias Os Xoves do Vindel e proxeccións e relatorios desenvolvidos, tanto na Universidade como fóra dela. Polo que se refire ás accións institucionais, entre elas están a sinatura do acordo entre a Xunta e Galicia e a Universidade de Vigo para a organización dun programa de actividades conxuntas; o acto de entrega do Pergamiño Vindel á Universidade de Vigo na Morgan Library de Nova York; a homenaxe da Real Academia Galega ao Pergamiño no Paraninfo da Universidade e a gala de despedida ao Pergamiño no Museo do Mar.

    Un perfecto remate a unha gran idea
    Na presentación do caderno especial que sobre o Pergamiño Vindel inclúe o número 24 da revista Galegos, o seu director Alejandro Diéguez, cualificou a publicación e o CD que a completa como “un perfecto remate a unha gran idea”.

    Mentres Mato incidiu na importancia que a difusión da revista terá para a colectividade galega no exterior poida afondar no coñecemento do trobador vigués, Diéguez gabou o papel de dinamizador cultural desenvolvido pola Universidade como promotor do regreso do Pergamiño Vindel a Galicia, ao tempo que agradeceu que se lle propuxese á revista que dirixe a publicación deste caderno especial de 50 páxinas que recolle, entre outros, traballos de Antón Lamazares, César Portela, Xosé Luis Méndez Ferrín, Víctor Fernández Freixanes, Camiño Noia e unha entrevista con Roger S. Wieck, conservador e xefe do servizo de manuscritos medievais e renacentistas da Morgan Library & Museum de Nova York.

    En canto ao CD, Roi Casal é o encargado interpretar a primeira cantiga de Códax, Ondas do mar de Vigo; mentres que Uxía pon voz a Mandad´hei comigo e Eladio Santos encárgase da interpretación de Mia irmana fremosa, treides comigo. Pola súa banda, o ensemble Martín Códax interpreta Ai Deus! Se sabóra meu amigo; Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo Quantas sabedes amar amigo; a poetisa Yolanda Castaño recita Eno sagrado, en Vigo e Abe Rábade pecha o CD coa interpretación de Ai ondas que eu vin veer.

    43

    RelacionadosArtículos

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía
    Sucesos

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    03 de Feb, 2026
    Tormenta de rayos y granizo sobre Vigo: noche en vela y carreteras teñidas de blanco
    Local

    Leonardo, sin prisa: se quedará por aquí hasta el fin de semana activando alertas (y después vienen sus primos)

    03 de Feb, 2026
    «Máxima preocupación» entre los empresarios de Mos frente a la nueva A-52
    Mos

    «Máxima preocupación» entre los empresarios de Mos frente a la nueva A-52

    03 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Califican de «espejismo» y «grosera estafa política» toda la acción en vivienda del Gobierno de Caballero
    Local

    Califican de «espejismo» y «grosera estafa política» toda la acción en vivienda del Gobierno de Caballero

    03 de Feb, 2026
    Tres paseos marítimos y un acceso a la playa, cerrados por las borrascas y la fuerza del mar
    Nigrán

    Tres paseos marítimos y un acceso a la playa, cerrados por las borrascas y la fuerza del mar

    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR