• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    de outubro de 2017 a marzo de 2018

    O Pergamiño Vindel regresará a Vigo

    A Universidade logra tras un ano de negociacións que sexa exposto fóra do Morgan Library Museum logo de 40 anos
    Redacción por Redacción
    21 de May, 2016
    en Libros
    0
    O Pergamiño Vindel regresará a Vigo

    A obra, de finais do século XIII ou principios do XIV, que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax, volverá á contorna que lle serviu de inspiración ao trobador galego, despois que o museo propietario do pergamiño atendese a petición da Universidade de Vigo para permitir a súa exhibición na cidade. Atrás queda máis dun ano de negociacións entre os responsables do Morgan Library Museum e a institución académica viguesa, que fixo súa a suxestión da catedrática do Departamento de Filoloxía Galega e Latina Camiño Noia, a quen os integrantes da asociación cultural viguesa Pertenza trasladaron, tras unha viaxe a Nova York para visitar a obra de Martín Códax, o seu desexo de que o Pergamiño Vindel puidese ser exposto na cidade olívica. Noia expuxo esta posibilidade ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que iniciou as negociacións co Morgan Library Museum para acadar algo que ata entón nunca ocorrera, a saída do pergamiño do museo do que é propiedade desde a década de 1970.

    O proceso de negociación prolongouse durante meses nos que a institución académica tivo que atender as demandas do Morgan para permitir o préstamo da que, xunto ao Códice Calixtino, está considerada como unha das xoias antigas manuscritas máis valiosas de Galicia. O museo propietario do pergamiño estableceu como primeira condición para permitir a exhibición da obra fóra das súas instalacións que o préstamo se realizase a unha institución académica e a partir de aí estableceu unha serie de esixencias loxísticas sobre o lugar de exposición do cancioneiro, relativas tanto a medidas de seguridade, como de contextualización da mostra. Co apoio do Concello de Vigo, a Universidade propuxo como lugar de exhibición o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, no que se organizaría unha exposición coa obra de Martín Códax como núcleo central. Así naceu Os Tesouros de Cidade, a mostra que do 6 de outubro de 2017 ao 4 de marzo de 2018 traerá a Vigo o Pergamiño Vindel, que será o gran protagonista dunha mostra que se complementará con diversos eventos culturais e académicos, como seminarios, concertos e publicacións.

    pergamino vindel1

    40 anos en Nova York logo dun descubrimento produto do azar
    Escrito por unha soa cara a catro columnas con 26, 24, 23 e 17 liñas respectivamente e cunha dimensión de 34 x 45 centímetros, nada de soubo da obra de Martín Codax durante séculos ata que en 1914 o comerciante madrileño de libros antigos Pedro Vindel atopouno na garda interior dun exemplar do século XIV, aínda que encadernado no XVIII, do libro De officiis de Cicerón. O descubridor pronto deu conta do achado nun artigo titulado Las siete canciones de la enamorada, poema musical por Martín Códax, publicado na revista Arte Español.

    O diplomático e musicólogo Rafael Mitjana comprou o pergamiño con intención de estudar a súa música e despois da súa morte foi adquirido polo bibliófilo Otto Hass e posteriormente posto á venda en Londres onde foi adquirido pola J. Pierpont Morgan Library, onde permanece desde o ano 1977 coa sinatura MSM.979, a disposición dos estudosos que desexen traballar con el.

    Sete cancións de amigo, seis con notación musical
    A primeira columna do pergamiño contén cinco pentagramas, seis a segunda, seis a terceira e catro a cuarta. Ondas do mar do Vigo; Mandad’ei comigo ca ven meu amigo; Mia yrrmana fremosa treides comigo; Ay Deus se sab’ora meu amado; Quantas sabedes amar amigo; Ay ondas que eu vin veer, son as seis cantigas do pergamiño con notación musical, mentres que En o sagrad’e Vigo, carece dela. Xunto coas sete cantigas de amor de Don Denís, a música das cantigas de Martín Códax son as únicas mostras atopadas da canción profana galego-portuguesa. A súa estrutura musical é sempre idéntica, formada por dúas frases musicais, a segunda derivada da primeira, e un retrouso que inclúe unha terceira frase, cuxo material melódico se relaciona en moitas ocasións coas anteriores.

    O texto, no que o nome de Martín Códax aparece na parte superior, foi escrito en tinta negra e os pentagramas en vermello, mentres que as iniciais están ornamentadas en vermello e azul.

    Texto: Mª del Carmen Echevarría/Duvi

    43

    RelacionadosArtículos

    La ‘narcolancha’ interceptada en San Adrián de Cobres tenía capacidad para 2,5 toneladas
    Sucesos

    Piden casi 60 años de cárcel para una red que construía y vendía narcolanchas desde Galicia y Portugal

    01 de Feb, 2026
    Ya es público el nombre y destino de 95 enfermeros especialistas en salud mental: en Vigo habrá 20
    Local

    Anuladas tres sentencias sobre el Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por el riesgo de que el juez no fuese «imparcial»

    01 de Feb, 2026
    La compañía de automoción GKN Driveline Vigo inicia un proceso de despido para 75 personas
    Economía

    Manifestación contra el ERE en una empresa «símbolo de la industria viguesa»: GKN sale a la calle

    01 de Feb, 2026
    Así fue el rescate al límite del Eikborg: olas de 10 metros y vientos de 70 nudos
    Marítima

    Así fue el rescate al límite del Eikborg: olas de 10 metros y vientos de 70 nudos

    01 de Feb, 2026
    Aviso por nuevo corte total de la A52: conexión entre Vigo y la Meseta cerrada por tercer día consecutivo
    Actualidad

    Aviso por nuevo corte total de la A52: conexión entre Vigo y la Meseta cerrada por tercer día consecutivo

    01 de Feb, 2026
    Sorpresa musical en la calle del Príncipe: un finalista de La Voz a pleno pulmón
    Música

    Sorpresa musical en la calle del Príncipe: un finalista de La Voz a pleno pulmón

    01 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR