• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Méndez Ferrín, Premio Laxeiro por toda unha vida dedicada á literatura galega

    O escritor ourensán e residente en Vigo súmase a un elenco de personalidades da cultura que veñen recibindo este galardón desde 2004
    Redacción por Redacción
    14 de Feb, 2018
    en Libros
    0
    Méndez Ferrín, Premio Laxeiro por toda unha vida dedicada á literatura galega

    Como é habitual, o acto de entrega do premio terá lugar na tradicional comida que todos os anos, as persoas achegadas a Laxeiro celebran no aniversario do seu nacemento, que este ano se celebrará o sábado, 24 de febreiro, no restaurante Puerta 98 de Vigo onde, antes de comezar a degustar o tradicional lacón con grelos, o Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregará o galardón a Xosé Luís Méndez Ferrín, pasando así a formar parte do selecto elenco de personalidades que, dende 2004, veñen recibindo este importante premio, como recoñecemento ao seu labor a prol da cultura galega.

    A convocatoria é aberta e para asistir, as persoas interesadas só teñen que poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro para facer a súa reserva e tramitar o pagamento do cuberto, de 35€, e participar nun acto entrañable que cada ano, reúne a máis de cen persoas, pertencentes ao mundo da cultura, da empresa e da política galegas. Como o aforo é limitado, respectarase a orde de inscrición.

    As achegas literarias de X. L. Méndez Ferrín, indisociábeis das realizadas no ámbito intelectual e das estritamente políticas, resultan xa non só indispensábeis senón mesmo basilares na configuración da Galicia contemporánea. Coma se a súa pituitaria tivese unha singular sensibilidade, Méndez Ferrín detectou o pole de ideas da cultura e do pensamento universais sempre dun xeito precoz, o que o colocou tamén constantemente nunha posición de vangarda.

    Así, en contos e novelas, defendeu teoricamente e cultivou o que el mesmo chama Nova Narrativa (Arrabaldo do Norte), converteu o imaxinario artúrico nun mito mobilizador (Percival e outras historias; Amor de Artur), novelou varias tensións sociais da Galicia dos anos cincuenta e sesenta (Antón e os inocentes; No ventre do silencio) ou construíu unha alegoría nacional (Jameson) coa que se asocia toda a súa produción: Retorno a Tagen Ata; Arnoia, Arnoia; Bretaña, Esmeraldina; O crepúsculo e as formigas; Elipsis e outras sombras; Crónica de nós ou Arraianos son notábeis conxuntos de relatos amplamente valorados pola crítica entre os que encontramos pezas maxistrais, comparábeis ás de Mérimée, Dieste ou Cortázar, por citar algúns dos seus mestres.

    O Méndez Ferrín poeta, que vén de Voce na néboa (1957), prodigouse nos anos sesenta e primeiros setenta con poesía política (Antoloxía popular e Poesía enteira de Heriberto Bens, nome do seu célebre heterónimo) distante do social-realismo. Con pólvora e magnolias de 1976 está considerado como un dos cumes poéticos do século XX e como vigoroso e brillante golpe de leme dado á poesía do seu tempo. O fin dun canto; Erótica; Estirpe; O outro ou Contra Maquieiro son entregas posteriores onde Méndez Ferrín volve sobre espiral dialéctica, símbolo político e literario, sobre a orixe e a identidade resistentes.

    43

    RelacionadosArtículos

    El regreso de la Solitaire du Figaro a Vigo: la élite del mar vuelve a las Rías Baixas en mayo
    Náutica y Vela

    Vigo recibirá a la élite de la vela mundial con el regreso de tres campeones a la Solitaire du Figaro

    31 de Ene, 2026
    El milagro de Perpetue: un billete de vuelta a Togo con el corazón reparado en Galicia
    Solidaridad

    El milagro de Perpetue: un billete de vuelta a Togo con el corazón reparado en Galicia

    31 de Ene, 2026
    Final feliz para la búsqueda del ‘Panda’: Borja Iglesias se cita con André, el niño que emocionó a Balaídos
    Celta

    Final feliz para la búsqueda del ‘Panda’: Borja Iglesias se cita con André, el niño que emocionó a Balaídos

    31 de Ene, 2026
    El desarrollo que Vigo busca en Alfageme: «Espacio público igual que el Pazo da Raposeira o la Casa Patín»
    Local

    La Xunta condiciona el plan residencial de Alfageme

    31 de Ene, 2026
    Carnaval, electrónica y el rito del baile
    Música

    Carnaval, electrónica y el rito del baile

    31 de Ene, 2026
    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»
    Local

    «El partido está activo y es cada vez más fuerte porque creemos en el potencial de Vigo»

    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR