• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 12 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Galicia celebra o 17M con máis dun cento de actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego

    A súa vila natal, Lourenzá, acolle a sesión extraordinaria do pleno da RAG, que contará coas intervencións de Alonso Montero, Díaz-Fierros e Margarita Ledo
    Europa Press por Europa Press
    16 de May, 2023
    en Libros
    0
    Galicia celebra o 17M con máis dun cento de actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego

    Francisco Fernández del Riego. / Foto: Real Academia Galega

    Con máis dun cento de actividades literarias, deportivas, musicais ou académicas, Galicia celebra este 17 de maio, Día das Letras Galegas, a vida e obra de Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 7 de xaneiro de 1913 – Vigo, 26 de novembro de 2010).

    A súa localidade natal será o epicentro desta xornada, coa celebración da sesión extraordinaria do pleno da Real Academia Galega (RAG), a partir das 12.30 horas no centro de usos múltiples de Ponte de Cuñas, e contará coas intervencións académicas de Xesús Alonso Montero, Francisco Díaz-Ferros e Margarita Ledo Andión, que abordarán nos seus discursos distintos aspectos sobre a figura e a obra do homenaxeado.

    Así, Alonso Montero afondará na súa intervención nun episodio que ilustra “o importante papel que Fernández del Riego exerceu como ponte entre a Galicia da diáspora e o exilio interior”. Díaz-Fierros, pola súa banda, centrarase no devir da paisaxe na obra do homenaxeado e Ledo Andión abordará a relación que Don Paco, prolífico articulista desde os anos 30, mantivo cos medios de comunicación, “consciente da importancia da prensa como esfera pública”. Pechará o acto o presidente da Real Academia, Víctor F. Freixanes.

    Tamén haberá música, este ano a cargo do cuarteto Souto Xímaro (Lourenzá) e do coro Mestre Pacheco (Mondoñedo). O pleno, de entrada libre até completar a capacidade do recinto, poderá seguirse tamén en directo a través da páxina web da RAG.

    A festa continuará en Lourenzá pola tarde, coa actuación do grupo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e un concerto de Treixadura a partir das 19.00 horas.

    Variedade de actividades

    Ademais do acto central en Lourenzá, localidades e institucións de toda Galicia terán durante esta xornada actividades en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

    En Pontevedra, a partir das 19,00 horas celebrarase na Praza da Ferraría a final do certame Música nas Letras. No evento, conducido por Xurxo Souto, entregaranse os premios e actuarán en directo as tres bandas finalistas: Javier Lago & Raúl Ben, Álex Outeda e BOHR, que interpretarán as composicións orixinais -baseadas en poemas ou mesturas de versos dalgunha das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas- coas que participaron neste certame musical.

    Na Coruña, os Xardíns de Méndez Núñez albergarán actividades lúdicas, culturais e musicais, con numerosos concertos, así como faladoiros, obradoiros e lecturas de texto do impulsor desta festividade. Os actos estenderanse desde as 11.00 horas até as 20.30 horas.

    Por outra banda, en Ourense, a música correrá a cargo de Susana Seivane, que ofrecerá un concerto gratuíto na Praza Maior ás 19.30 horas. Antes, ás 19.00 horas haberá unha actuación do Coro Xuvenil Cantiga.

    Do mesmo xeito, institucións como a Casa-Museo de Rosalía de Castro celebra esta efeméride. Así, este mércores acolle dous eventos: un concerto do saxofonista padronés Pablo Castaño e o guitarrista brasileiro Iván Vilela, a quen se lle sumará a cantora Felisa Segade; e a presentación do sétimo número de ‘Follas Novas’. Tamén o Museo Provincial de Lugo ofrece un concerto de Davide Salvado, que se celebrará no xardín do Museo ás 20,30 horas.

    Pero tamén o deporte se une a esta cita. A carreira Camiño das Letras repite este ano en Santiago de Compostela con dúas probas absolutas a escoller: unha de 15 quilómetros e outra de 5 quilómetros que se desenvolven nas proximidades do Pico Sacro e da Cidade da Cultura. Ao finalizar, os participantes recibirán un libro e un diploma.

    Programación na CRTVG

    Así mesmo, a CRTVG fará un seguimento informativo dos actos conmemorativos que a RAG e a Xunta desenvolverán en Lourenzá. En concreto, a TVG emitirá un ‘Zigzag Especial Letras’ dedicado a Fernández del Riego. Este mesmo día programará o documental ‘A nosa propia Galaxia’, que aborda a celebración desde a mirada dun grupo de mozos que traballan na elaboración dun ‘podcast’ sobre Fernández del Riego.

    Na G2, ofrecerase o ‘Concerto das Letras Galegas’, a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dirixido polo mestre Maximino Zumalave, e coa participación do Coro de Cámara Rías Baixas, que interpretarán algúns dos temas favoritos de Fernández del Riego, con obras de compositores galegos consagrados.

    Na Radio Galega, o ‘Galicia por Diante’ cambiará a súa estrutura habitual e sairá dos estudos para realizar a edición da mañá, xunto co ‘Diario Cultural’, desde Lourenzá, onde seguirá os actos conmemorativos. A emisora entrevistará alí o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a diversas personalidades participantes nos actos.

    Xa pola tarde, emitirá ás 19.00 horas o monográfico ‘Letras Galegas 2022. Francisco Fernández del Riego’, realizado polo equipo do ‘Diario Cultural’, no que se expón a súa vida e obra.

    43

    Tags: Día das Letras GalegasFrancisco Fernández del Riego

    RelacionadosArtículos

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto
    Cultura

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto

    14 de May, 2025
    Estos fueron los libros más demandados en 2022 en la Rede de Bibliotecas de Galicia
    Cultura

    En marcha en Vigo as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

    08 de May, 2025
    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa
    Libros

    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa

    21 de May, 2024
    Últimos días para donar sangre en la campaña de Ados en las universidades gallegas
    Solidaridad

    Un libro a cambio de sangre para conmemorar las Letras Galegas

    16 de May, 2024
    O Mercado da Arte volve ao Calvario polo Día das Letras Galegas
    Arte

    O Mercado da Arte volve ao Calvario polo Día das Letras Galegas

    15 de May, 2024
    «Flores e letras» para conmemorar o 17 de maio
    Cultura

    «Flores e letras» para conmemorar o 17 de maio

    14 de May, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 5

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un vecino de Vigo logra cancelar una deuda de 383.000 euros tras emprender y tener que cerrar dos negocios

    Un vecino de Vigo logra cancelar una deuda de 383.000 euros tras emprender y tener que cerrar dos negocios

    por Redacción
    06 de Jun, 2025
    0

    Desalojan de su piso en Vigo a una madre y su hijo tras expirar el plazo para uso exclusivo de la vivienda

    Desalojan de su piso en Vigo a una madre y su hijo tras expirar el plazo para uso exclusivo de la vivienda

    por Europa Press
    09 de Jun, 2025
    0

    A la venta una espectacular (y escondida) villa con vistas al Océano y piscina infinita por 2,75 millones de euros

    A la venta una espectacular (y escondida) villa con vistas al Océano y piscina infinita por 2,75 millones de euros

    por Redacción
    07 de Jun, 2025
    0

    Aberto o prazo de inscrición para os campamentos Verán Xove 2021

    «Improvisación y chapuza» de Caballero ante el Verán Xove: «No es ni capaz de organizar los campamentos»

    por Redacción
    10 de Jun, 2025
    0

    61

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Jazz en Vigo
    Más Vigo

    Jazz en Vigo

    El centro formativo Mayeusis —-Fundación Mayeusis—-, en colaboración con el Concello de Vigo, está llevando a cabo unas actuaciones en...

    por Julio Alonso
    12 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela
    Más Vigo

    La escala en Vigo de Ann Davison, pionera mundial de la vela

    El jueves 19 de junio de 1952 entraba en el puerto de Vigo un barquito con una patrona inglesa a...

    por Eduardo Rolland
    15 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo
    Más Vigo

    San Simón, historia de la isla sanadora de la Ría de Vigo

    En 1833 se produce en Vigo y comarca una epidemia de cólera morbo asiático. Procedía de Inglaterra donde era un...

    por Fernando Torres Carbajo
    18 de Abr, 2020

    LIBROS

    El fenómeno literario juvenil presenta su nueva novela en Vigo
    Libros

    El fenómeno literario juvenil presenta su nueva novela en Vigo

    Vigo se prepara para recibir a uno de los fenómenos literarios más destacados del panorama actual. Joana Marcús, la autora...

    por Redacción
    07 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    El sueño europeo del Celta se bendice en la praza de América: de Cervi al cumple de Marián y al «fíchalo»
    Opinión

    El R.C. Celta, esencia de Vigo

    Por Heitor Pereira Pérez La esencia de esta Ciudad, no solo está compuesta por el espíritu emprendedor de sus gentes,...

    por Cartas al Director
    09 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR