• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Unha Porta do Sol ateigada moveuse ao ritmo da nova danza galega

    Alumnado do Ballet Folclórico Galego e da Escola de Danza Maite Quiñones ofreceu unha actuación conxunta para conmemorar o centenario do nacemento do bailarín e coreógrafo, referente na posta en valor da tradición galega e cuxa pegada continúa viva
    Redacción por Redacción
    28 de Abr, 2023
    en Espectáculos
    0
    Unha Porta do Sol ateigada moveuse ao ritmo da nova danza galega

    Unha ateigada Porta do Sol moveuse esta tarde ao ritmo dos pasos da nova danza galega no espectáculo co que a Deputación anticipou este venres en Vigo a celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora cada 29 de abril. Na cita, á que asistiron o alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta provincial, Carmela Silva, o alumnado do Ballet Folclórico Galego e da Escola de Danza Maite Quiñones ofreceu un repertorio que fusionou tradición e danza contemporánea e no que estivo moi presente o legado de José Manuel Rey de Viana, quen tivo un papel fundamental na conservación e na difusión do folclore tradicional galego e a quen a institución provincial quixo render homenaxe ao cumprirse o centenario do seu nacemento.

    A coreógrafa Maite Quiñones deu lectura ao manifesto elaborado por ambas agrupacións, no que destacaron que Rey de Viana “soubo inculcarnos o amor á nosa cultura, ás nosas tradicións e, sobre todo, o amor á nosa terra”.

    Carmela Silva, que invitou ao público “a bailar cada día para ser felices”, puxo en valor o traballo durante medio século de Rey de Viana “do que somos herdeiras e herdeiras e que serviu para construír país desde a cultura e máis en concreto desde a danza”. “El foi un pioneiro e soubo conxugar unha labor de investigación, de recuperación e de posta en valor do noso, conseguindo que a danza galega dese un paso de xigante co seu ballet, ao levar o nome de Galicia por todo o mundo”. Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, subliñou que “a Porta do Sol é o escenario perfecto para a danza”, como exemplificou hoxe esta homenaxe á imprescindible traxectoria de Rey de Viana na cultura galega.

    No espectáculo, as dúas agrupacións participantes foron intercalando as súas actuacións. O Ballet Folclórico Galego, composto por alumnas e alumnos da Escola de Danza Vila de Baiona, a Agrupación Folclórica CEAR Castromao (Mondariz) e a Agrupación Folclórica Hai Que Roelo (Cuntis), todas dirixidas por Eduardo Alves dá Costa Lojo, ofreceu coreografías de José Manuel Rey de Viana, en cuxo ballet precisamente estivera Alves como bailarín titular durante sete tempadas.

    Entre as pezas que bailaron, figuraron as xotas de Peruchos e Forcarei, a Danza do Pano ou as Muiñeiras de Sabaxáns e do Areal, para rematar coa Xota de Picato. Este ballet está conformado por un corpo de baile de 36 persoas e outro de música tradicional de seis. Conta para as súas actuacións con reproducións de variado vestiario, baseado en modelos de diferentes bisbarras e épocas. Pola súa banda, o alumnado da Escola de Danza Maite Quiñones de Cangas actuou cun repertorio clásico, neoclásico e contemporáneo, que incluíu, entre outras, pezas de Tchaikovsky e temas como Cantar de Gaia (neoclásico) ou Ondas no mar e Embora (contemporáneo) para pechar a súa intervención con Teoremas das urxencias (contemporáneo).

    Ao remate das actuacións, a coreógrafa Maite Quiñones deu lectura ao manifesto que ambas agrupacións elaboraron con motivo do Día da Danza en homenaxe a Rey de Viana. “Foi un home adiantado ao seu tempo –sinala o texto, que coa inestimable axuda da súa dona, Victoria Canedo, fundou o Ballet Rey de Viana”. Unha agrupación que “obtivo unha exitosa resposta do público que o levaría, durante 50 anos, a percorrer os máis importantes teatros e escenarios de medio mundo. Soubo plasmar nas súas creacións as costumes, labores, oficios e tradicións de Galicia, o día a día das nosas xentes. “Somos moitas e moitos os que bebemos da súa sabia e estarémoslle eternamente agradecidos –engadiu-. Rey de Viana é sinónimo dunha perfecta simbiose entre tradición e vangarda, técnica e liberdade, fondo e figura, plasticidade e excelencia. E sigue séndoo a día de hoxe”.

    43

    Tags: DanzaDeputación de PontevedraPorta do Sol

    RelacionadosArtículos

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    Adiós al símbolo de la Navidad de Vigo: laboriosa tarea para desmontar el icónico árbol
    Local

    Adiós al símbolo de la Navidad de Vigo: laboriosa tarea para desmontar el icónico árbol

    30 de Ene, 2026
    De Vigo a Broadway: Vigo Porté se consagra como el gran puente internacional de la danza
    Espectáculos

    De Vigo a Broadway: Vigo Porté se consagra como el gran puente internacional de la danza

    29 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    En tan solo un mes, Vigo ha pasado de ser la ciudad de la Navidad a ser la ciudad de...

    por Julio Alonso
    04 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR