Deste xeito, esta peza teatral dirixida por Carlos Pardo representarase o venres 7 de abril no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2); o sábado 8 de abril, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13); e o domingo 9 de abril, no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). Todas as representacións están programadas para as 20.00 h e as entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.
A obra «¡Atraco a las tres!»
Nunha España empobrecida, un grupo de traballadores dunha sucursal bancaria sobreviven día a día como una familia rexentada polo bo de don Felipe, o director da sucursal. Empeñado en dar préstamos a quen o precisa en vez de a quen dá máis beneficio ao banco, será despedido e substituído polo malvado don Prudencio, o antigo subdirector. Feridos por esta inxustiza, os empregados uniranse nun ambicioso plan urdido polo astuto Galindo, o responsable da xanela de ingresos e cobros, para realizar o roubo do século. A aparición da fermosa Katia, estrela de revista e muller fatal, provocará que todo o plan perigue. Esta adaptación teatral respecta o guión orixinal do filme, incorporando, ademais, números musicais.