• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 11 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cine

    Play-Doc abre una edición marcada por su «carácter internacional, exclusivo e inédito»

    A inauguración terá lugar este mércores ás 20.30 horas, cunha proxección de Manfred Kirchheimer, no marco da retrospectiva especial dedicada ao realizador, e unha actuación musical da banda norteamericana Blurry The Explorer
    Redacción por Redacción
    21 de Sep, 2021
    en Cine, Tui
    0
    Play-Doc abre una edición marcada por su «carácter internacional, exclusivo e inédito»

    Presentación de Play Doc.

     A 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc abrirá este mércores cunha proxección de Manfred Kirchheimer, no marco da retrospectiva especial dedicada ao realizador, e unha actuación musical da banda norteamericana Blurry The Explorer. Os directores do certame, Ángel Sánchez e Sara García Villanueva, manifestaron o orgullo de presentar neste 2021 «un ambicioso programa, cun marcado carácter internacional pero conectado coa creación máis próxima».

    «Presentamos unha proposta audaz, propia dos grandes eventos cinematográficos, mais neste caso nunha escala máis humana, na que contaremos coa presenza de cineastas e prescriptores internacionais á vez que lle damos protagonismo ao máis próximo», salientou o co-director do Play-Doc. Pola súa banda, a deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso, puxo en valor «o esforzo e a profesionalidade» do equipo que pon en marcha o Play-Doc, «un proxecto moi relevante na dinamización económica e cultural da provincia de Pontevedra». Neste sentido tamén se pronunciou o xefe territorial da Consellería de Cultura, quen apuntou o carácter pedagóxico do certame. «Play-Doc é adquisición de coñecemento, non só a través da exhibición, senón tamén dos percorridos, dos concertos e dos seus obradoiros», dixo César Pérez.

    Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, «Play-Doc é unha marca que nos internacionaliza. É un icono na vida cultural da cidade e da que todas e todos nos sentimos moi orgullosos». «Este certame significa moito para Tui e para o conxunto da cultura de Galicia. Durante a celebración do festival, a nosa cidade convértese na capital do audiovisual en Galicia e conta cunha proxección que trascende as fronteiras, non só polo seu carácter internacional senón pola colectividade no ámbito local», expuxo o rexedor, quen lembrou que, nestes 17 anos, a celebración do Play-Doc «serviu tamén para retratar a historia de Tui, de moitas das nosas familias e do noso patrimonio».

    Programación

    Un dos eixos fundamentais desta edición e que ocupan o centro da programación son as dúas retrospectivas que Play-Doc dedica a Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, quen asistirá a Tui para presentar a súa recoñecida película de culto e icona feminista Variety. No caso de Kirchheimer, trátase da primera retrospectiva internacional que se lle dedica fóra dos EEUU e que está a xerar un grande interese en diversos medios especializados internacionais.

    Ademais das retrospectivas e programas especiais, o festival ofrece cada ano unha destacada selección do cinema contemporáneo no marco dos seus programas competitivos. É o caso da sección internacional de longametraxes, que este ano conta con cinco títulos e que Ángel Sánchez deu a coñecer esta mañá. Entre os filmes, atópase a estrea mundial de Big in China. Gorges and the Vision Machines, a última película do controvertido cineastra franco-canadiense Domininc Gangon; e as estreas españolas de Disturbed Earth (unha co-produción entre Macedonia, España e Bosnia-Herzegovina) dirixida por Kumjana Novakova e Guillermo Carreras), e Dal pianeta delgli umani, do realizador italiano Giovanni Cioni (recentemente estreada no festival de Locarno). Completan esta liña do programa No táxi do Jack, da portuguesa Susana Nobre, e Esquirlas, da arxentina Natalia Garayalde.

    No marco da competición internacional de curtametraxes, o público poderá gozar da estrea internacional de Fruto do vosso ventre, do realizador portugués Fabio Silva, e Baki Tadú É, unha co-produción entre India, Dinamarca e Portugal que dirixen Kate Saragaço-Gomes e Calum MacBeath Morgan. O certame tudense tamén é o lugar escollido para a estrea mundial en festivais de Paraíso, dirixida polas cineastas españolas Maddi Barber e Marina Lameiro; e as estreas en España da curta brasileira Vagalumes, dirixida por Léo Bittencourt, e da coprodución franco-suíza Zu Dritt, de Agnese Làposi e Benjamin Bücher. Finalmente, Play-Doc tamén acollerá a estrea galega da peza española Revelaciones, de Juan Soto Taborda.

    As películas gañadoras destas dúas seccións oficiais a concurso, ademais da competición de películas galegas, daranse a coñecer na noite do domingo 26. O xurado da sección de longametraxes estará conformado polo prestixioso crítico francés Ariel Schweitzer (Cahiers du Cinéma), a programadora norteamericana Nellie Killian (Metrograph) e o produtor galego Felipe Lage (Zeitum Films); mentres que as figuras que conformarán o xurado da competición de curtametraxes -así como da sección de Galicia- serán o cineasta brasileiro Helvécio Marins Jr., o director e guionista Miguel Clara Vasconcelos e a galega Elisa Pereira (La Plantación). 

    No caso da competición galega, tal e como lembrou Ángel Sánchez, Play-Doc ofrecerá unha ampla escolma da produción máis recente e que se revela como un cinema vibrante, heterodoxo e irreverente; á vez que experimenta coa linguaxe narrativa para falar da idiosincrasia do país.  Memorias de ultramar, de Carmen Bellas; El viaje, 1988, de Claudia Pineda; Parolar cun eu, de Xisela Franco; Negro púrpura, de Sabela Iglesias e Adriana. P Villanueva; Camille & Ulysee, de Diana Toucedo; Tierra de leche y miel, de Héctor Vigueira; Augas abisais, de Xacio Baño; Os corpos, de Eloy Domínguez Serén; Tengan cuidado ahí fuera, de Alberto Gracia; A comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño; e Persoa, pobo, paisaxe, de Daniel Pérez Silva, serán as curtas que participen nesta sección oficial.

    Play-Doc online

    Neste 2021, tal e como lembrou Sánchez, Play-Doc renova a súa colaboración coa plataforma FILMIN. Logo do éxito acadado no ano pasado, e coa intención de espallar o festival por todo o territorio español durante os días de celebración do certame, o público poderá gozar do programa en liña do Play-Doc entre o 22 de setembro e o 3 de outubro. A proposta que se poderá ver a través da plataforma dixital componse das retrospectivas de Manfred Kirchheimer e de Bette Gordon. Ademais, o certame recupera para FILMIN a obra do filipino Kidat Tahimik, a quen Play-Doc lle dedicou a primeira retrospectiva en España no ano 2019. 

    Ademais da posibilidade de seguir o festival a través de FILMIN, Play-Doc tamén presentará tres mesas en liña dedicadas á curadoría, á formación e á crítica cinematográfica, na que participarán respectados profesionais de nivel internacional e que estarán moderadas por Roger Koza. As mesas, que estarán dispoñibles na canle de Youtube de Play-Doc e na web do festival,  a partir do día 23, son: Film Curatorship in the Streaming Era, con David Schwartz (Netflix), Jaume Ripoll (FILMIN), Émilie Cauquy (Henri) e Nellie Killian (Metrograph); Make Yourserlf Comfortable: Film Criticism From Home, con  Michelle Carey (Senses of Cinema), Ariel Schweitzer (Cahiers du Cinéma), Diego Lerer (Micropsia) e Jordan Cronk (Film Comment); e Espacios de creación cinematográfica, con Eva Vila (Universidad Pompeu Fabra), Luis Ferrón (ECAM), Pablo Useros (Master LAV) e Clara Sánchez-Dehesa (Zine Eskola).

    Programas especiais: Walter Saxer, Wolf-Eckart Bühler e Daniel Domínguez

    As sesións especiais completarase coa proxección, o domingo 26, de Río de sombras, como parte dunha homenaxe que Play-Doc renderá a unha das figuras clave do audiovisual galego, recentemente finado: o tudense Daniel Domínguez Pérez. Profesor, realizador e guionista de gran prestixio, Domínguez foi tamén un grande amigo do festival, no que se poderá ver, nesta edición, unha película rodada por el no ano 1986 en Tui.

    Actividades paralelas

    Ademais da clase maxistral de Saxer, Play-Doc ofrecerá diversas actividades dirixidas a distintos públicos, á fin de expandir o cinema por todo o territorio. Así, na noite do venres 24, terá lugar a segunda edición de Cinema Percorridos: Visións nocturnas, a serie de intervencións artísticas no casco histórico tudense a cargo dun grupo de seis video artistas, unha actividade que propón novos camiños polos que transitar desde a creación audiovisual contemporánea.

    Como parte do seu apoio ao sector creativo galego, Play-Doc tamén promoverá unha nova edición do seu Coming soon, un espazo que dará boa conta das películas galegas que se atopan en pleno proceso de xestación. Da man das súas autoras e autores (Marta Pérez Pereiro, Zeltia Outeiriño, Area Erina e Carlos M Peñalver), o certame presentará as primeiras imaxes ou mesmo o estado dos distintos proxectos. 

    Alén da exhibición, durante o certame sucederanse as iniciativas formativas. Por unha banda, o taller Filmar o propio, impartido polo cineasta galego Eloy Domínguez Serén, e no que participa a veciñanza de Tui e comarca. Pola outra, o obradoiro sobre Live cinema que decorrerá da man do video artista Gnomalab -un dos creadores presentes en Cinema Percorridos-.

    Mais o Play-Doc é moito máis que un festival de cinema, e por iso neste 2021 será tamén espazo de encontro para a presentación de dous proxectos: Ollar, escolma da fotografía Galega contemporánea, un proxecto multimedia e en liña de Adarme Visual dedicado á foto de autor en Galicia; e Memoria Viva, unha interesante iniciativa web impulsada polo Concello do Rosal, e que promove a recuperación do patrimonio inmaterial do municipio, da memoria persoal e colectiva da veciñanza.

    Play-Doc Live!

    Por último, o festival Play-Doc afondará na súa conexión musical coa vangarda e ofrecerá neste 2021 dous excelentes concertos: o do brasileiro Domenico Lanzelotti e o da banda de Nova York Blurry The Explorer. Ambos terán lugar na noite do sábado 25 de setembro. Ademais, a música tamén estará presente no peche desta edición do certame, pois Play-Doc acollerá a estrea en Galicia, logo do seu paso por San Sebastián, do documental No somos nada, de Javier Corcuera, e que acompaña a última xira da lendaria banda de punk La Polla Records liderada polo tudense Evaristo Páramos. 

    43

    Tags: Play Doc

    RelacionadosArtículos

    Play-Doc inaugura a súa 20ª edición co espectáculo «Anacos de Crack», de Victor Coyote e Javi Álvarez
    Cine

    Play-Doc inaugura a súa 20ª edición co espectáculo «Anacos de Crack», de Victor Coyote e Javi Álvarez

    01 de May, 2024
    Play-Doc: 20 años de festival con su nueva sección ‘Sombras’, conducida por el guionista Pepe Coira
    Tui

    Play-Doc: 20 años de festival con su nueva sección ‘Sombras’, conducida por el guionista Pepe Coira

    25 de Abr, 2024
    La película ‘Al amparo del cielo’, del chileno Diego Acosta, gana el Premio Play-Doc 2023
    Cine

    La película ‘Al amparo del cielo’, del chileno Diego Acosta, gana el Premio Play-Doc 2023

    02 de May, 2023
    Las calles de Tui vuelven a ser las protagonistas gracias a Cine Recorridos
    Cine

    Las calles de Tui vuelven a ser las protagonistas gracias a Cine Recorridos

    30 de Abr, 2023
    Play-Doc dedica una completa retrospectiva a la cineasta belga Chantal Akerman
    Cine

    Play-Doc dedica una completa retrospectiva a la cineasta belga Chantal Akerman

    11 de Abr, 2023
    Play-Doc expande a súa programación con Cinema Percorridos, realidade virtual e experimentos sonoros
    Cine

    Play-Doc expande a súa programación con Cinema Percorridos, realidade virtual e experimentos sonoros

    05 de Abr, 2023

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    por David Augusto
    08 de May, 2025
    0

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    por Redacción
    06 de May, 2025
    0

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    por Redacción
    10 de May, 2025
    0

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    por Redacción
    05 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Lo que queda de La Casa de la Juventud
    Más Vigo

    Lo que queda de La Casa de la Juventud

    Esta es, o ha sido, La Casa de la Juventud, de la ciudad de Vigo. Se trata de un antiguo...

    por Julio Alonso
    10 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    El éxito de las rampas mecánicas de Vigo
    Más Vigo

    El éxito de las rampas mecánicas de Vigo

    La ciudad de Vigo ha crecido volcada al mar y en torno al monte de O Castro, lo cual le...

    por Julio Alonso
    29 de Mar, 2021

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”
    Más Vigo

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”

    Todo el mundo sabe quién es Cicciolina pero es posible que muy pocos la conozcan. Ni siquiera sus datos biográficos...

    por Eduardo Rolland
    18 de Abr, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Sogama refuerza el transporte de residuos por carretera al no poder utilizar la vía férrea
    Opinión

    Yo me apunto a otro apagón

    Fue una sensación reconfortante, salir a la calle y poder hablar con los vecinos con los que nunca te comunicas....

    por Fernando Torres Carbajo
    10 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR