• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O GFFF abre as súas portas este mércores contra vento e pandemia

    As 60 curtas da sección oficial poderanse ver tamén online entre o 28 de outubro e o 8 de novembro
    Redacción por Redacción
    27 de Oct, 2020
    en Cine
    0
    O GFFF abre as súas portas este mércores contra vento e pandemia

    Juan de Castro, director do certame, e Miriam P. Álvarez, do equipo de dirección. / Foto: GFFF

    O Galician Freaky Film Festival ultima os detalles da súa cuarta edición que, dun xeito atípico e inesperado, celebrarase no medio dun estado de alarma que afecta a todo o territorio nacional. Deste xeito, estase a traballar nun novo horario que se anunciará en breve, en canto a Xunta confirme a hora definitiva do toque de queda, xa que pode ser ás 22.00, ás 23.00 ou ás 00.00 horas.

    Neste senso, Juan de Castro, director do certame, explica que, ademais destes cambios, «a parte presencial será un evento só para os abonados, cun aforo máximo de 30 persoas, nun entorno totalmente seguro e controlado na Sala Overlook, no hotel Bahía».

    Por iso, tamén haberá opción de ver a sección oficial dende a casa do 28 de outubro ao 8 de novembro. «Este ano, como moitos certames, a parte online ten moito peso. De feito, poderanse ver as 60 curtas dende a plataforma online Festhome» confirma de Castro.

    Con todo, e a pesares das modificacións ou adaptacións que veñen, a organización móstrase entusiasmada coa nova edición do festival que definen coma irreverente. Así, Miriam P. Álvarez, do equipo de dirección, recorda que «das 60 curtas que se proxectarán e se poderán ver tanto de xeito presencial coma de maneira online, máis de 40 son estreas en Galicia e 15 son inéditas en España. Ademais, contaremos con tres estreas internacionais».

    Sen dúbida, o Galician Freaky Film Festival, volverá un ano máis a cidade contra vento e pandemia, para gozar do cinema máis freak e esperpéntico de Galicia, España e o mundo.

    O festival comezará o mércores 28 coa musicalización de Caspervek Ensemble en directo de ‘A Carreta Pantasma’, de Victor Sjöström, filme de referencia para Stanley Kubrick, director de ‘El resplandor’, obra homenaxeada nesta edición do evento.

    Despois, xa no Hotel Bahía, tocaríalle a quenda a ‘Nimic’ do aclamado Yorgos Lanthimos, autor de obras coma ‘Langosta’ ou ‘La favorita’, sen embargo, «co fin de adaptarse ao toque de queda proxectarase o xoves 29», engade Juan de Castro.

    60 curtas chegadas dende todo o mundo para a edición máis ambiciosa do GFFF

    Actividades paralelas
    As actividades paralelas do GFFF mantéñense, pero dende a organización móstranse abertos a facelas de xeito online no caso de que se confirmen limitacións a mobilidade entre comunidades ou provincias xa que «algúns dos invitados virán de Barcelona e outras localidades», explica de Castro.

    Así, tanto a Aula CREA, no que se levará a cabo un coloquio con Conrado Xalabarder, coma a gravación do podcast Anónimo IV, conducido por Erea Carbajales e Brais González e no que participan Xalabarder, Nani García e Manuel Riveiro para falar sobre a música e o cinema, poden mudar o seu formato e celebrarse en streaming co fin de cumprir coa normativa pertinente.

    O mesmo ocorre coa Mesa Cadrada FFFG, un debate público cos responsables dos catro festivais de referencia de temática fantástica e freak de Galicia: FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, Fancine de Lemos, de Monforte de Lemos, Curtas do Imaxinario, de Vilagarcía de Arousa e o Galician Freaky Film Festival, de Vigo.

    Conrado Xalabarder, creador da maior web de bandas sonoras do mundo, ofrecerá un coloquio no GFFF

    Exposición de Paulo Mosca
    O festival freak incluirá, coma ven sendo habitual, unha exposición que se poderá ver no Hotel Bahía. Se o ano pasado foron Alberto Hortas e Josef Méndez, esta quenda tócalle a Paulo Mosca, artista totalmente alleo as modas e ao politicamente correcto que non deixará a ninguén indiferente.

    A mostra estará articulada retrospectivamente desde os seus comezos, cos traballos en fanzines e cómics, pasando polas ilustracións salvaxes da súa etapa rosa, ás últimas creacións para animacións e tamén parte dos seus traballos aínda non expostos ao público.

    A venda de entradas, dispoñible unicamente online
    Debido a actual crise sanitaria e para facilitar a xestión e os trámites, as entradas estarán unicamente dispoñibles a través da web do GFFF.

    Neste sentido, os asistentes terán a opción de mercar un abono VIF, con acceso a todos os pases e actividades do certame ou escoller unha entrada para a inauguración. Ademais, ao ter un aforo moi limitado, existirá a posibilidade de ver a sección oficial online, podendo facerse co billete correspondente na web.

    43

    Tags: cineGalician Freaky Film Festival

    RelacionadosArtículos

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    14 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025
    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    16 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR