• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 23 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    entrevista

    “O cinema de Galicia estaba no mellor momento da súa historia, a crise do coronavirus é nefasta”

    Alfonso Pato, director do Festival de Cans, fala con VIGOÉ sobre a cita cultural máis benquerida polos vigueses e a comarca tras a cancelación pola crise sanitaria
    Octavio Beares por Octavio Beares
    30 de May, 2020
    en Cine, O Porriño
    0
    “O cinema de Galicia estaba no mellor momento da súa historia, a crise  do coronavirus  é nefasta”

    Alfonso Pato, director del festival de Cans / Foto: Archivo

    Alfonso Pato é o director do festival de Cans, unha das citas máis benqueridas polos vigueses e toda a comarca. A crise do coronavirus chegou ao festival cando enfilaba a súa XVIII edición, prevista para a pasada semana de maio e agora reprogramada do 2 ao 5 de setembro. Pato é tamén impulsor e membro da xunta directiva de Proxecta, coordinadora de festivais de cine de Galicia. Falamos pois da situación do festival de Cans, dos festivais de cine galegos en xeral, e do cine galego como sector en auxe que se enfronta agora a unha situación inédita.

    Octavio Beares- A industria do cinema, evidentemente, sufriu un parón radical desde que entramos en estado de alarma o 14 de marzo. Cal é a situación dos festivais en xeral neste momento e que  prognóstico tes para o de  Cans en concreto, xa que para a súa celebración estamos a falar de, aínda, setembro?

    Alfonso Pato- Eu coñezo bastante ben a realidade dos festivais de Galicia e tamén da comarca de Vigo, entre outras cousas porque fun impulsor no seu momento e son membro da xunta directiva de Proxecta, que é a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema cuns 16 socios. Uns seis ou sete festivais xa foron aprazados, houbo que reubicalos no segundo cuadrimestre, e faranse en setembro ou outubro, sempre e cando a situación mellore. Así que estamos traballando nun ollo nos contidos e outro na de sescalada. Isto fixo que nos reuniramos, fortalecendo a nosa unión como colectivo, e estamos moi en contacto co ministro de Cultura, coa Xunta, a Deputación de Pontevedra e mesmo con concellos nos que se organizan festivais. Temos moi boa disposición de todos eles, o único que fallou foi a Xunta, que comprometérase cun apoio na liña do Xacobeo e ao final estamos fóra, e ben, neste aspecto estamos moi molestos. Nós e todo o sector: actores, actrices, directores, compañías de danza, asociacións culturais etc.

    Ademais, estamos nunha situación na que evidentemente os orzamentos non van ser os que eran. E os festivais estamos a buscar alternativas, por exemplo alternativas en liña, que poidan complementarse espazos físicos que respectan as normas de seguridade.

    Respecto a Cans, estamos a traballar en contidos, con precaución porque claro, poténcianse contidos de proximidade. Cans sempre potenciou contidos de Galicia pero sempre había presenza de exterior, que agora non vai poder ser. No noso caso había neste sentido algún gasto realizado. De momento a ver, que amaine o temporal e seguir traballando.

    OB – Sendo en setembro a celebración de Cans aínda non haberá, imaxino unha solución xa concluínte

    AP – Cans ten un público importante, pero non é masivo no sentido de que hai unha distribución de xente por lugares, días, eventos… Quero dicir, a última edición un día forte puido ter catro mil persoas, pero a metade delas corresponde aos concertos… en Cans o público está moi compartimentado. Ademais cando falamos dos galpóns falamos dun aforo modesto. Falamos de espazos aforados e de non grandes cantidades de xente.

    Aínda que todo isto obsérvase agora desde unha prudencia máxima, e de seguridade. Pensando na desescalada e en vixiar que non haxa pasos atrás na evolución da pandemia.

    Pato e Gran Wyoming en Cans. / Foto: Festival de Cans / Alberto P. Barahona

    OB – A preocupación trasládase tamén, como comentaches, aos creadores, os produtores,  directores,  actores… Como director do festival de  Cans, que feedback tiveches con profesionais do cinema respecto ao futuro a medio prazo?

    AP – Claro, moito contacto con todo o sector: directores, produtores… ducias de xente. Cans ten dúas prioridades: a seguridade de público e por suposto dos veciños, e outra prioridade, salvar a colleita de creadores. Queremos que haxa concurso, premios, aínda que sexa en liña. Porque? Porque a nós non nos gustaría que se parase a industria. O diñeiro dun premio a quen máis ben fará é a un curtometraxista. Ese diñeiro axudaralle a producir novo material. Hai que salvar e dar visibilidade aos creadores. Cans en maio tiña unha película apalabrada, unha estrea. Esta película agora mesmo non sabemos que pasará.

    Doutra banda temos que gañar a confianza dos espectadores. As salas de cinema tamén. E a industria en global. Terá que desenvolverse lentamente. Quen estea escribindo un guión non ten tanto problema agta mesmo, pero producións a piques de entrar en rodaxe, imaxína. De feito xa hai protocolos de rodaxe, acordados có Ministerio de Cultura.

    «A situación comezou preocupante e creo que se tornará angustiosa de aquí a fin de ano»

    A situación comezou preocupante e creo que se tornará angustiosa de aquí a fin de ano. Dun modo transversal en todo o sector: festivais, salas, creadores… Veremos a prazos máis longos: dotacións económicas poderán caer, patrocinadores tamén… O mellor do meu vaticinio é que isto provoque un cambio no modelo de facer cinema, indo a medio prazo a un modelo como, digamos, a vía galega: cinema de autor, películas pequenas de orzamentos moderados. Creo que é un cinema con máis posibilidades de supervivencia

    OB -Doutra banda, se o cinema en xeral sufriu, o cinema independente ou de autor, e obviamente as marxes como as curtametraxes ou o  cine documental intúo que se atopan aínda con máis presión pois é un produto menos comercial…

    AP -Creo que para Galicia e ou seu cinema a crise do coronavirus é nefasta por unha cuestión: o noso cinema estaba, agora mesmo, 2020, no mellor momento da súa historia con “ O que arde” de Oliver Laxe, Lois Patiño estaba a piques de sacar a súa película… e claro, a caída de festivais internacionais atacan a esta inercia. Os festivais son a saída principal deste cinema, e están a pechar todos.

    Penso que imos a un retroceso dunha década, en termos económicos, de produción… Que será xeral para a cultura. Penso que moitos profesionais imos pasar moi mal.

    OB -Pode parecer un paradoxo, pero o cinema, as series en  streaming, foron un dos entretementos máis recorrentes para a xente, pode isto reforzar un vínculo agora entre os e as cidadáns e o cinema en salas, e de festivais?

    AP -O que pasa é que nesta cuestión de series e vídeo en demanda… na miña opinión hai demasiada oferta lanzada gratis. Tanto de gratis como de pago había demasiado, e isto pode provocar un bloqueo. Un caso concreto, nos festivais de cinema, ao aprazarse os de primeiro semestre do ano, setembro e outubro tiña xa o seu calendario de festivais, e agora búscase “meter” os aprazados… estamos agora debatendo a saturación, a física por número de festivais a facer, pero tamén a posibilidade de que o festival sexa en liña. A física pode ser inevitable, se se quere ter edición en 2021.

    «Todo o mundo non pode sobrevivir de plataformas dixitais»

    Debatemos xusto o que estamos a falar, a saturación, que provoca unha dificultade na capacidade de elección do espectador. Que se satura. Igual hai cambios neste sentido: todo o mundo non pode sobrevivir de plataformas dixitais. Pero non sei ata que punto os espectadores terán confianza para asistir a salas… non vexo un futuro nada claro, non sei por onde imos ir. E como haxa un rebrote forte non se que vai pasar.

    OB -Xa se sabe que a industria do cinema está  buscando solucións. En Vigo xa circulan por change.org peticións  de crear un  autocine. Interésame trasladar a percura de novas ideas ao eido dos festivais: Como pensas que serán os festivais de cinema a partir de agora, polo menos mentres a situación de posible rebrote exista?

    AP -Ben… un autocine, como un festival en liña, supón un investimento importante, unhas medidas de seguridade, servizos, organización de entradas e saídas… Nós hai anos contemplamos a posibilidade, estudamos modelos que xa existen, en Holanda por exemplo… é complexo, non é unha solución máxica, as ideas ao vento non serven para enfrontarnos a unha crise como a que provocou o coronavirus… é doado propoñer “hay que facer un autocine”, pero a realidade dun autocine, e que funcione económicamente, xa é outra cousa… eu a estas cousas chámoas o “hayqueísmo”.

    Falábamos antes da posibilidade dixital. Eiquí temos o apoio de Deputación de Pontevedra. Deputación nos dá o seu apoio para unha conversión en liña, que é algo moi complexo, a nivel tecnolóxico, a nivel xurídico… non é colgar uns vídeos en You Tube e xa está.

    OB -Tiveron a industria do cinema galego e mais os festivais de cine contactos con alcaldías, como por exemplo a nosa, en Vigo, para achegar axudas e medidas específicas para o cinema? Respecto a  Cans, cal é a postura do  concello respecto ao festival?

    AP -Estes encontros con concellos son coordinados por Proxecta. O concello de Vigo non está convocado porque ata o de agora os festivais vigueses non estaban asociados. Primavera do Cine ou Festival de Cine Inclusivo de Vigo ou o de Cinema submarino… desde Proxecta gustaríanos que se incorporasen e temos contactos ao respecto. E de feito algún festival vigués si que está interesado. Pero é certo que hai moitos modelos de festivais. Os que van por libre como o de Ourense, ou que dependen dun Consorcio… Por suposto á coordinadora encantaríalle que todos eles entrasen en Proxecta. O Galician Freaky Film Festival e Cine Inclusivo, por exemplo amosaron interese respecto diso, e nós estariamos encantados!

    Alfonso Pato. / Foto: Festival de Cans

    Doutra banda e como te comentaba antes, si falamos con Deputación de Pontevedra, que tívonos esquecidos, totalmente, ata o de agora, pero Deputación comezou a interesarse, reunímonos con Carmela Silva, e adquiriu compromisos como un selo de festivais de Pontevedra co selo Rías Baixas… E ademais colabora para empezar coordinando as medidas de sanidade. Carmela Silva deu a súa palabra de axuda con máquinas de desinfección, máscaras… Isto xa sería unha axuda importante. Tanto isto como o tema de converter os festivais a modelos en liña, que falabamos antes. Tamén logramos activar, con Deputación, un proceso de concorrencia competitiva, un proceso administrativo que escude aos festivais, que é algo moi importante.

    En definitiva, Deputación está a ser unha axuda, a crise serviu para achegarnos, si.

    OB -O cinema é indubidablemente un motor económico e un dos principais medios de lecer…  Cans é un festival moi querido, popular e  identitario, tiveches “ feedback” do  público do festival?

    AP -Si, si, moitas palabras de ánimo sobre todo de profesionais e de público. E hei de recoñecer que de institucións tamén, e a pesar de que ás veces non nos levamos moi ben a que máis se preocupou foi a Xunta de Galicia. Agadic en concreto, así como despois no tema do Xacobeo enganáronnos, hai que recoñecer que manifestaron a súa preocupación.

    Respecto ao festival de Cans, eu vivo en París pero falo a miúdo cos veciños e veciñas de Cans. Sobre todo cos maiores, un labor un pouco de teléfono de apoio nestes días. E é incrible porque neste contexto que estamos a pasar non estaban preocupados por se se facía o festival e a xente, o público, ía ás súas casas, os popsibles contaxios, a saúde, a seguridade… non, a prioridade era o que pasaría co festival, con desexos de que se faga, tanto nun sentido emotivo como de que é bo para a comarca. Obviamente nós xamais poñeremos no máis mínimo perigo á veciñanza, pero ese sentimento de proximidade e afecto co festival da xente da comarca é impresionante, e agradézoo moitísimo.


    43

    Tags: Alfonso PatocineFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025
    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    16 de Dic, 2025
    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo
    Cine

    El documental ‘De todos lados un poco’, de Alex O’Doherty, se proyecta esta semana en Vigo

    15 de Dic, 2025
    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo
    Cine

    Vigo brilla (de nuevo) en la gran pantalla de la mano de Daniel Sánchez Arévalo

    12 de Dic, 2025
    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
    Cine

    El Festival de Cans abre las puertas de los Goya a sus participantes y elevará la dotación del premio

    11 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Vitrasa municipal

    Vigo dice adiós a las bonificaciones del bus urbano por no tener Zonas de Bajas Emisiones

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La artesanía de Hermanos Hernández
    Más Vigo

    La artesanía de Hermanos Hernández

    La imagen muestra un cuadro pintado por Eloy Hernández, continuador de la saga de los Hermanos Hernández, maestros orfebres de...

    por Julio Alonso
    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR