• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 10 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    Axenda especial en museos, bibliotecas e salas de Vigo para conmemorar as Letras Galegas de Luísa Villalta

    Luísa Villalta publicou, en apenas vinte anos –de 1989 datan os seus primeiros escritos– quince títulos, ademais de numerosos textos en revistas e publicacións colectivas
    Redacción por Redacción
    16 de May, 2024
    en Cultura
    0
    Luísa Villalta

    Numerosas actividades terán lugar estes días na cidade de Vigo con motivo da festividade das Letras Galegas, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG), que chega a súa 61 edición rendéndolle homenaxe a escritora, filóloga e violinista, Luisa Villalta.

    Luísa Villalta publicou, en apenas vinte anos –de 1989 datan os seus primeiros escritos– quince títulos, ademais de numerosos textos en revistas e publicacións colectivas.

    Unha intensa actividade que se decanta nunha obra que abranxe diversos xéneros literarios: o ensaio, o teatro, o xornalismo de opinión, a narración e mais a poesía. O seu falecemento temperán, en 2004, con só 46 anos, tronzou a súa vida nun momento de plena madureza creativa. Ademais da súa actividade literaria, tamén foi unha notable violinista.

    A Biblioteca Pública Juan Compañel, o Museo Liste ou a Fundación Penzol, entre outros, realizarán exposicións, contacontos e teatro para todas as idades, mentres que a programación non se limita a estes espazos xa que tamén haberá música e mesmo un Mercado de Arte no Calvario con motivo do Día das Letras Galegas.

    O Mercado da Arte volve ao Calvario polo Día das Letras Galegas

    Na Biblioteca Pública Juan Compañel, Luísa Villalta será a protagonista das mostras bibliográficas do mes, tamén dunha sesión de contacontos e dunha montaxe de teatro de papel. Moitas das actividades serán para o público infantil «posto que os máis pequenos teñen que ser sempre unha prioridade para transmitir o noso patrimonio cultural”, sinalou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na presentación.

    Este xoves 16 de maio, as 18:00 horas, comenzan as activdades coa narración oral “Glup”, de Ramiro Neira, na sala infantil. Trátase dunha narración oral en galego para bebés (capacidade para 30 bebés de 0 a 3 anos acompañados por 1 adulto).

    Prosiguen o sábado 18 de maio (12:00 horas), na zona de actividades da sala infantil, cunha montaxe de teatro de papel contemporáneo (capacidade: 40 nenos/as de 4 anos en adiante).

    Tamén o sábado (12:30 horas), na Sala Multiusos do 2º andar, será a entrega de premios do XIV Concurso “B.D. VIGO”. A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel convoca cada ano o Certame de banda deseñada “B. D. Vigo” nas categorías Infantil, xuvenil e adultos.

    Ademais, desde o 13 de maio ao 8 de xuño, a zona de exposicións da biblioteca acolle a mostra «Palabras en harmonía: escrita, música e activismo en Luisa Villalta”. Trátase dunha exposición con paneis explicativos e mostra bibliográfica sobre Luisa Villalta, protagonista do Día das Letras Galegas 2024.

    E por último, na sala infantil, xa está en marcha do 6 ao 30 de maio a exposición bibliográfica “As escritoras na historia do Día das Letras Galegas”, que recolle a biografía e obras infantís das mulleres homenaxeadas no día das Letras Galegas.

    Fundación Penzol

    Por outra banda, o vindeiro mércores, 22 de maio, ás 12:30 horas, terá lugar a inauguración da exposición biobibliográfica que a Fundación Penzol instala no vestíbulo da súa sede, na Casa Galega da Cultura de Vigo, como homenaxe a Luísa Villalta.

    O acto contará coa participación de Malores Villanueva, secretaria do Padroado da Fundación Penzol; Susana, Villalta, irmá da homenaxeada; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.

    A exposición organizada pola Fundación Penzol, de carácter divulgativo, presenta, en catro paneis un sintético percorrido pola súa vida e obra. Ademais, en tres mesas-vitrina amósanse corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol.

    Permanecerá aberta ata o 29 de setembro.

    Museo Liste

    Pola súa banda, o Museo Etnográfico Liste tamén organiza para conmemorar as Letras Galegas e o Día dos Museos, o sábado 18, unhas Xornadas de Portas abertas cunha programación especial.

    Este venres, a programación comeza a partir das 10:30 horas con «Apañando verbas perdidas», que é unha actividade de recollida de vocábulos en desuso. A mesma hora, para os máis cativos, un obradoiro sobre a vida e obra de Luisa Villalta.

    Ás 11:30 horas organiza mesas de dinámica participativa nas que reflexionar sobre a nosa riqueza lingüística e literaria.

    Para pechar a xornada, farase entrega, ás 12:30 horas, dos premios do XI Concurso Fotográfico e do XII Concurso de relatos para nenas e nenos de Educación Primaria e da ESO.

    Recital «Micro Aberto» en El Corte Inglés

    Por outra banda, El Corte Inglés e Ámbito Cultural súmanse un ano máis á conmemoración do 17 de maio poñendo en valor e acercando a cultura galega no seu centro de Vigo. En concreto, organiza o recital «Micro Aberto» que reunirá a escritores consagrados da literatura galega este xoves 16 de maio, que compartirán a lectura dos seus textos en galego.

    O acto, conducido polo xornalista Rafa Valero, dará comezo con dous bailaríns e voz e toque de pandeireta da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, representando o baile da regueifa, una danza tradicional galega que se bailaba nos casamentos, habitualmente os noivos. 

    Os micros acenderanse ás 19:00 horas na librería do centro para dar voz a nosa lingua a través dos escritores: An Alfaya, Antonio García Teijeiro, Juan Parcero, Mar Mato Pérez, María Alonso Seisdedos, Reka Refojos, Rexina Vega, Susi de la Torre e Xulio Teixeira Rodríguez, que subirán a escena nesta exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria.

    O «Micro aberto», organizado coa colaboración da Asociación Galega de Escritores (AGER) e das editoriais Galaxia e Belagua, convértese nunha boa oportunidade para escoitar e gozar en directo da literatura galega na voz dos seus escritores.

    Contará coa presencia de Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e de Fuencisla Cid, directora de Comunicación, Relacións Institucionais, Márketing e Sostibilidade de El Corte Inglés en Galicia e Asturias.

    Proxecto lúdico e didáctico en Afundación

    Pola súa banda, Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o seu proxecto lúdico e didáctico para celebrar o Día das Letras Galegas.

    A iniciativa ten como obxectivo principal fomentar aprendizaxe a través do xogo, permitindo que todas e todos, desde nos máis pequenos ata os maiores, descubran e gocen da cultura galega dunha forma emocionante e entretida.

    Desde a Área Educativa de Afundación deseñáronse diferentes formatos mediante os que achegarse á figura de Luísa Villalta.

    O primeiro deles é un conto interactivo para público infantil e primeiros cursos de primaria, mediante o que profesores e familias poderán ler e xogar á vez. O conto pretende presentar de maneira sinxela e comprensible a Luisa Villalta, tomando como tema principal a fusión da música coa poesía, unha liña temática moi presente na obra de Villalta. Os xogos propostos ao longo do conto son sinxelos retos de vogais con algunha audición cos que ofrecer aos máis pequenos os seus primeiros encontros coas letras e as palabras.

    O segundo formato é unha roda de letras con tres niveis diferentes: desde 4º de Educación Primaria ata 2º de ESO; desde 3º de ESO ata Bacharelato e Ciclos Formativos; e para adultos. As rodas, cada unha no seu nivel, son un percorrido pola vida e obra desta escritora: a súa paixón pola música, o ensino e a escritura. O seu activismo social e a súa mestura coas artes plásticas son algúns dos fitos que terán que descubrir na súa roda de palabras.

    As propostas están dispoñibles na web Afundación.

    Concerto de Exeria e Meu na Sala Contrabajo

    A banda Exeria, que combina éneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula, tamén ten a súa particular celebración das Letras Galegas, con tres concertos este fin de semana festivo que comezan no local El Contrabajo (rúa Venezuela), este xoves ás 21:30 horas, con entrada gratuita.

    «O mes de maio dende tempos inmemoriais marca o comezo dun ciclo; a celebración do Beltane ou os Maios, son festas onde saímos cara a primavera e o esplendor floral invade o noso rural. Celebramos tamén as nosas Letras Galegas e que mellor ocasión para saír con forzas renovadas a compartir as cancións máis actuais, que debuxan imaxes cotidiás e coas que todas podemos sentirnos identificadas no noso idioma», sinalan dende a banda, que este xoves compartirá escenario con Meu.

    43

    Tags: actividadesAfundaciónaxendabibliotecaculturaEl Corte InglésLetras galegasMuseo Listeocio

    RelacionadosArtículos

    El adiós al alma de Extremoduro, cuya voz se apagó tras su concierto en Vigo
    Música

    El adiós al alma de Extremoduro, cuya voz se apagó tras su concierto en Vigo

    10 de Dic, 2025
    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder

    09 de Dic, 2025
    La voz del pop experimental australiano actúa en Vigo
    Música

    La voz del pop experimental australiano actúa en Vigo

    09 de Dic, 2025
    El «Caballero de la Salsa» llega a Vigo en su gira especial de Navidad
    Música

    El «Caballero de la Salsa» llega a Vigo en su gira especial de Navidad

    05 de Dic, 2025
    «Caballero prometió en Teis un inmueble con dotaciones propias de una biblioteca y hará una sala de lectura”
    Local

    Vigo, la ciudad con menos bibliotecas de Galicia, se dispone a construir una «sala de lectura» en Teis

    04 de Dic, 2025
    Alice Wonder pone el broche de oro a ‘Momentos Alhambra’ en Vigo
    Música

    Alice Wonder pone el broche de oro a ‘Momentos Alhambra’ en Vigo

    03 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Adiós a un símbolo de la identidad de Vigo: los querubines abandonan ya el Paseo de Alfonso

    Adiós a un símbolo de la identidad de Vigo: los querubines abandonan ya el Paseo de Alfonso

    por María Alonso
    03 de Dic, 2025
    0

    Prohíben atracar en la ría de Vigo a un buque arrastrero ruso con pescado afectado por las sanciones europeas

    Prohíben atracar en la ría de Vigo a un buque arrastrero ruso con pescado afectado por las sanciones europeas

    por Europa Press
    05 de Dic, 2025
    0

    Zona Franca formaliza el contrato con Carme Pinós por casi 800.000 euros para reformar López Mora

    Arrancan las obras del hub TIC de López Mora 

    por Redacción
    03 de Dic, 2025
    0

    Penela, artífice de las obras de Barrio do Cura, garantiza que los querubines volverán al Paseo de Alfonso

    Penela, artífice de las obras de Barrio do Cura, garantiza que los querubines volverán al Paseo de Alfonso

    por María Alonso
    07 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo
    Más Vigo

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    Lo que vamos a contar es absolutamente cierto y aconteció en la ciudad de Vigo en la década de los...

    por Julio Alonso
    10 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder

    Encaramos el final de este 2025 con unas cuantas novedades literarias de lo más interesantes. ¿Las repasas conmigo? 1) Historias...

    por Gabriel Romero de Ávila
    09 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza
    Opinión

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza

    Disclaimer. Si aún no has visto la película y tienes intención de verla, no sigas leyendo. Fui a ver esta...

    por Alba García Moreira
    09 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR