O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez dan a benvida aos artistas que, ao longo dos vindeiros 101 días, exporán as súas obras de arte na Bienal de Arte de Pontevedra cun cóctel no Museo de Pontevedra, onde amosaron a súa satisfacción por acollelos na provincia da cultura e por contribuír, tanto eles como as entidades que colaboran co evento, a devolver a Pontevedra á vangarda da creación artística coa recuperación, 15 anos despois, da bienal de arte máis antiga da península.
Un encontro que concluíu pola noite co espectáculo de luz e son deseñado polo artista Patrice Warrener sobre a fachada da capela da Virxe Peregrina e que serviu para subir o pano dunha Bienal que terá este sábado no edificio Castelao a súa inauguración oficial.