• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 7 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A exposición “Galaicos» desembarca no Museo da Prehistoria de Valencia

    A apertura da mostra da Deputación de Pontevedra contou coa presenza da deputada provincial Digna Rivas e do presidente da Deputació de València, Toni Gaspar
    Redacción por Redacción
    27 de Mar, 2019
    en Arqueología
    0
    A exposición “Galaicos» desembarca no Museo da Prehistoria de Valencia

    Durante o acto déronse cita a deputada Digna Rivas, en representación da presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, o presidente da Deputació de València, Toni Gaspar, a directora do Museo da Prehistoria, María Jesús de Pedro, o presidente do Centro Galego de Valencia, José Ramón Cerdeira, amais dos comisarios da exposición, Antoni Nicolau e Rafael Rodríguez. Ambos os dous, que fixeron unha visita guiada pola mostra, protagonizarán esta tarde unha conferencia na Capela da Beneficencia coa asistencia de deputados e deputadas de Valéncia, da directora do Museo de Lugo e de representantes do sector cultural e turístico da cidade.

    “Galaicos. Un pobo entre dous mundos”, que estará en Valencia ata o mes de setembro, é “un segredo que tiñamos gardado para nós e que agora queremos compartir con todas e con todos, un xeito de dar a coñecer que Galicia é máis que gastronomía e praias marabillosas, que temos unha xoia que é o noso patrimonio arqueolóxico que queremos compartir”, asegurou Digna Rivas. Amais, a deputada fixo fincapé en que a exposición ten tamén por obxectivo dar a coñecer que “a civilización galaica era punteira, que mantiña relacións comerciais co Mediterráneo, e que era o nexo de unión entre esta cultura e a Atlántica”. Neste eido, Rivas enxalzou a implicación de museos da provincia de Pontevedra, como o Museo de Pontevedra, o de Santa Tegra, o Quiñones de Leon de Vigo, o Museo de Mar de Galicia, o Museo Massó e Castrolandín, do resto de Galicia e de Asturias, que cederon pezas para a exposición, e agradeceu o apoio da Deputació de València e do Museo da Prehistoria pola súa boa disposición e colaboración para a posta en marcha da mostra.

    Pola súa banda o presidente da Deputación de Valencia agradeceu á institución pontevedresa “a posibilidade de compartir unha parte da vosa historia, de comprender as moitas cousas que nos unen máis que nos dividen, máis en tempos como os que estamos a vivir. Cando un experimenta isto, comezamos a entendernos mellor, a comprender, a aprender das diferencias e a convivir”. Neste mesmo eido e na colaboración interinstitucional afondou a directora do Museo da Prehistoria de Valencia, quen tamén destacou a importancia da mostra, “cun discurso moi claro e didáctico, para coñecer o Noroeste Peninsular, o seu territorio, a súa cultura e as súas persoas”.

    “Galaicos: un pobo entre dous mundos” xurdiu, tal e como recordou Antoni Nicolau, comisario da mostra, “a modo de tese, para contar unha historia que non é outra que o Noroeste estaba perfectamente conectado co resto do Mundo, que era un eixo central entre as culturas Atlántica e Mediterránea, que o que estaba realmente lonxe era o centro da Península Ibérica”. Deste xeito, os comisarios da mostra, Rodríguez e Nicolau, configuraron unha exposición a modo de viaxe, iniciándose a través dun audiovisual que establece a conexión entre a cultura atlántica y a mediterránea ao longo da prehistoria e historia antiga. Posteriormente, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” artéllase arredor de cinco ámbitos cronolóxicos: Campesiños e guerreiros. Idade do Bronce Final (1.500 -800 a.C.); Poboados fortificados da primeira Idade do Ferro (800-400 a.C.); O Atlántico ábrese ao Mediterráneo (400 -19 a.C.); Na esfera de Roma: Gallaecia (séculos I-III) e a provincia de Gallaecia (finais do século IV-século VI).

    En cada un dos ámbitos da mostra inclúese un texto introdutorio coas claves do período histórico, obxectos representativos de cada etapa e datos de xacementos arqueolóxicos. Así, ao longo do percorrido é posible ver máis de 60 obxectos arqueolóxicos, réplicas e outras inéditas, imaxes e fotografías, así como máis de 20 ilustracións, textos e recursos audiovisuais.

    43

    RelacionadosArtículos

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa

    07 de Feb, 2026
    Se amplían las plazas de las becas de inmersión lingüística de la EOI para Japón e Italia
    Local

    Que nadie que lo merezca en la EOI se quede sin beca para estancia en el extranjero

    07 de Feb, 2026
    ¿Superará ‘Kirk’ a ‘Aitor’? La primera borrasca del año batió en Vigo un récord de 1951
    Local

    Las Cíes son «las islas españolas de las que nadie ha oído hablar» en el Reino Unido

    07 de Feb, 2026
    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’
    Cine

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’

    07 de Feb, 2026
    Bronca mayúscula (con intervención de la Policía) en la Mancomunidad de O Morrazo por la subida de la basura
    Morrazo

    Bronca mayúscula (con intervención de la Policía) en la Mancomunidad de O Morrazo por la subida de la basura

    07 de Feb, 2026
    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    Davis Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR