• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación enche o verán de cultura e deporte cun centenar de actividades

    Carmela Silva: “Non van ter un día para parar. Despois da Covid queríamos dar á cidadanía unha resposta potentísima que prolongaremos ata finais de ano”
    Redacción por Redacción
    10 de Jul, 2020
    en Cultura, Deportes
    0
    Sobroso2

    Castelo de Sobroso.

    Saír, respirar e vivir plenamente a cultura, a natureza e o deporte. Despois da Covid e do confinamento, a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar dunha intensísima programación de máis dun centenar de actividades culturais, sustentables e deportivas coas que enche a provincia este verán. A presidenta Carmela Silva presentou hoxe o calendario para xullo, agosto e setembro nos que a institución levará ao territorio concertos, obradoiros, rutas BTT, andainas e actividades integradas nos programas culturais Música no Ar, Re-Acción nos Castelos, Musigal e no programa Vive Deporte.

    A presidenta da Deputación mostrou o seu orgullo ante “esta axenda de actividades” e ironizou dicindo que a xente “non vai ter un día para parar”. Carmela Silva sinalou que “tiñamos moi claro que despois do confinamento queríamos dar unha resposta potentísima de actividades á cidadanía e tamén ás persoas que nos visiten”. De feito, «non se trata só de promoción cultural ou deportiva, é un modelo de atracción tanto para as pontevedresas e pontevedreses como galegas e galegos e outros/as visitantes».

    Cultura, música e patrimonio para todas e todos

    Os novos programas “Re-acción nos Castelos”e “Música no Ar” achegarán preto de 30 actuacións aos concellos entre xullo e setembro. “Re-acción nos Castelos” arranca en Sobroso o xoves 23 de xullo ás 22 horas con “Noite no Castelo” e a acción multidisciplinar de música, danza, videoproxeción e instalación artística “Límites”. O venres 24 de xullo ás 22 horas terá lugar outra nova actividade de “Noite no Castelo”, neste caso en Soutomaior, con “As Hurdes” de Vertixe Sonora, unha acción multidisciplinar de música clásico-electrónica, poesía e cinema. O xoves 30 entre as 17 e as 19 horas o Castelo de Soutomaior acollerá unha actividade de “Creando no xardín”, dirixida á rapazada, que consistirá nunha instalación artística colaborativa. Ese mesmo día, tamén en Soutomaior pero ás 19.30 horas, terá lugar un concerto dirixido ao público infantil denominado “A banda das apertas”. E xa para pechar o mes de xullo, o venres 31 entre as 17.30 e as 19.00 horas Sobroso acollerá un obradoiro artístico de arquitectura e castelos para nenas e nenos enmarcado en “Creando no xardín”.

    A programación para agosto continúa con outras cinco actividades, comezando o 6 de agosto ás 18.00 en Soutomaior co contacontos “Nin príncipes nin princesas” a cargo de Bea Campos. Ese mesmo día, ás 19.30 horas, terá lugar “Permodus”, unha acción de danza contemporánea enmarcada en “Danza no castelo”. O venres, 7 de agosto ás 19.30 horas en Sobroso terá lugar un concerto de “Falúa” e, no mesmo recinto pero o mércores 12 de agosto ás 17.30 horas o contacontos “Nin príncipes nin princesas” con Cristina Collazo. Péchase agosto con “Inversa Teatro”, enmarcado en “O teatro ven de visita” coa acción escénica “Té con Kant” o xoves 13 ás 19.30 horas en Soutomaior. Xa en setembro, o venres 11 ás 19 horas, “Os Quinquilláns” farán unha acción escénica no Castelo de Sobroso e “Re-acción nos castelos” péchase o xoves 17 de setembro ás 19 horas co concerto de “Vero Rilo & Sonsoles Penadique”.Para todas as actividades será obrigatorio o uso da mascarilla e a inscrición previa en cultura@depo.es.

    “Música no Ar” desenvolverá ata setembro 14 concertos con todas as medidas de seguridade. Serán abertos ao público ata completar o aforo e non será necesaria inscrición, salvo nos casos dos castelos para os que haberá que enviar correo electrónico a cultura@depo.es.

    O arranque terá lugar o 28 de xullo ás 19 horas no Castelo de Soutomaior, coa sección de corda da Orquestra Clásica de Vigo “cunha programación – tal e como explicou Carmela Silva- baseada na obra de E. Grieg, E. Elgar e G. Holst da man do director Manuel Martínez Álvarez –Nava”. Continuará o xoves 30 de xullo ás 21 horas no Estaleiro de Bueu da man de “Son Trío” e, xa en agosto, terán lugar actuacións no Castelo de Sobroso, coa Orquestra Filharmónica de Pontevedra o martes 11 ás 19 horas; na Fábrica de Salga do Grove coa Orquestra Clásica de Vigo o venres 7 ás 21 h.; na Prazo do Reló da Guarda coa Orquestra 430 de Vigo o mércores 5 ás 20 h.; no Aserradoiro dos Carranos Praia Fluvial Maceira de Covelo coa Orquestra Filharmónica de Pontevedra o domingo 9 ás 20 horas; no Pazo de Liñares de Lalín con Alejo Amoedo & Iria Cuevas o xoves 6 de agosto ás 20 horas e na Carballeira de Caldas coa Orquestra Clásica de Vigo o domingo 16 ás 20 horas. Está pendente de pechar data co concello, tamén para agosto, un concerto da Orquestra Filharmónica de Pontevedra no Mosteiro de Poio.

    En setembro, terá lugar un concerto da Orquestra 430 de Vigo no Mosteiro de Aciveiro en Forcarei o sábado 12 de setembro ás 19 horas e o domingo 20 de setembro ás 18 horas no Mosteiro de Carboeiro de Silleda actuará Brais González e Beatriz Arenas. Están pendentes de pechar datas cos concellos concertos nos Xardíns do Arquivo Histórico de Baiona a cargo da Orquestra 430 de Vigo, nos Pendellos de Agolada da Orquestra Filharmónica de Pontevedra e no Castelo Dona Urraca de Salvaterra da Orquestra Clásica de Vigo.

    No que respecta ao programa “Musigal” xa están confirmados este verán máis de 40 concertos e actuacións nos concellos da provincia

    “Vive Deporte”

    Natureza, sustentabilidade e deporte conxugan a nova programación deportiva que, baixo o nome de “Vive Deporte”, levará á provincia entre xullo e setembro unha trintena de rutas, andainas e actividades de orientación. A programación inclúe tanto actividades propias coma eventos que o ente provincial apoiará na súa financiación. Todas serán gratuítas e en cada unha delas poderán participar un máximo de 200 persoas.

    A presidenta sinalou que “somos a administración que máis recursos inviste en deporte, este ano case 3,7 millóns de euros, porque cremos profundamente na súa capacidade de transformación social e de saúde. Se xa diciamos que o deporte era a gran revolución do século XXI, despois do confinamento aínda temos que apostar máis por un deporte ligado ó territorio e a contornas marabillosas que temos na provincia». Respecto a este verán, Carmela Silva cualificou a programación de “sustentable, vinculada á natureza, ós espazos libres, a mirar ó horizonte e á necesidade de respirar e vivir”.

    Por quinto ano consecutivo chegan as DepoAndainas que ofertan tres camiñadas ligando a actividade deportiva co coñecemento do territorio. Percorrerán o 26 de xullo a Ruta dos Muíños da Fraga, en Moaña, o 30 de agosto a Ruta da Fervenza de Callobre, na Estrada, e o 20 de setembro o Sendeiro das Levadas e Fragas dos ríos Calvo e Deva, na Cañiza. Outra das actividades serán as DepoRutas BTT, que chegan á súa IV edición con dúas rutas polos concellos de Cambados e Ponteareas, o 23 de agosto e o 13 de setembro respectivamente.

    A programación conta tamén con dous programas de nova creación. O primeiro deles é Depo Orienta, no que o obxectivo das persoas participantes é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda única dun mapa. Nesta primeira edición, a Deputación oferta dúas actividades no Monte do Galiñeiro, o 6 de setembro, e no Monte da Lagoa de Castiñeiras, o 27 de setembro. A outra novidade da programación deportiva son as Rutas Autoguiadas, un catálogo de rutas supervisadas e clasificadas cuxas fichas técnicas estarán dispoñibles no sitio web da Deputación para a súa descarga dende o 27 de xullo. O catálogo incluirá cinco rutas BTT, polos concellos de Oia-A Guarda, Lalín, Bueu-Cangas, Vigo-Redondela e Valga-Catoira, outras cinco de sendeirismo, por Silleda, Forcarei, Pontevedra, O Rosal e Mondariz, e tres rutas de trail, que terán lugar en Moraña, Redondela e O Grove.

    Con Depo Promo a Deputación dedicará recursos a outras actividades deportivas como son o Trail League de Pontevedra, a Epic Race, e a Costa Atlántica.

    43

    Tags: Deputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR