• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 7 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Chegan a Vigo os primeiros antivirais contra a Covid-19

    O xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, recepcionou este luns o novo medicamento Paxlovid, do que chegaron á cidade 297 unidades
    Redacción por Redacción
    28 de Mar, 2022
    en Covid-19
    0
    Chegan a Vigo os primeiros antivirais contra a Covid-19

    Momento da recepción do Paxlovid no Chuvi. / Foto: Sergas.

    A primeira remesa do que supón o primeiro antiviral contra a Covid-19 chegou hoxe a varios hospitais de Galicia, entre os que se atopan os da área sanitaria de Vigo. De momento foron 297 as unidades dispensadas do Paxlovid, desenvolvido pola farmacéutica Pfizer. Trátase dun medicamento que se subministrará baixo prescrición médica e adminístrase por vía oral, polo que posibilita un tratamento ambulatorio dos pacientes leves con factores de risco para progresión a covid grave, controlando a progresión da infección e freando a hospitalización ou morte.

    No día de hoxe chegaron a Galicia 677 unidades, en concreto aos hospitais de Santiago de Compostela (113), Ferrol (267) e Vigo (297), para logo enviarse ao resto dos hospitais da comunidade autónoma, a remesa do Ministerio de Sanidade co ao redor do 6% dos primeiros 11.900 tratamentos do antiviral Paxlovid contra a covid-19 que se distribuirán en España. Está previsto que o Ministerio faga novos envíos nas vindeiras semanas ata completar a cifra de 50.000 tratamentos para o conxunto do Estado no primeiro trimestre do ano.

    Tamén esta semana chegará aos hospitais galegos o Evusheld, que se empregará de xeito preventivo.

    Protocolo

    A Xunta de Galicia presentou este luns o protocolo tanto para a administración tanto do Paxlovid como do Evusheld.

    Respecto do Paxlovid, está indicado en pacientes con infección por SARS-Cov-2 que presenten enfermidade leve ou moderada, nos primeiros cinco días de síntomas, que teñen un risco alto de progresar a covid-19 grave, nas seguintes actuacións: persoa non vacinada maior de 80 anos; persoa non vacinada maior de 65 anos e polo menos un factor de risco; e persoa inmunocomprometida, independentemente da situación de vacinación.

    Na súa intervención na rolda de prensa explicando o protocolo da utilización do Paxlovid, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, dixo que será indicado polo facultativo de primaria ou especializada que efectúe o diagnóstico, a través de receita electrónica. Ademais, requirirá informe médico para a súa validación de forma previa á súa entrega informada no domicilio do paciente. Trátase de comprimidos vía oral con doses de mañá e noite. Ademais, Jorge Aboal dixo que o Servizo Galego de Saúde realizará un seguimento trimestral da súa efectividade que será enviado ao Ministerio. A previsión de entrega é de 3.000 unidades no primeiro trimestre, 5.400 no segundo, 6.000 no terceiro e 6.240 no último.

    Respecto ao Evusheld, tal e como indicou o conselleiro, Julio García Comesaña, hai pacientes que poden quedar cunha resposta insuficiente tras a dose de recordo, polo que quedarían sen estar tan protexidos fronte á enfermidade grave. Existe ademais un grupo minoritario de persoas con alerxia grave a algún dos compoñentes das vacinas fronte á Covid ou que trala administración dunha dose previa presentaron unha reacción anafiláctica, e nos que se contraindica a vacinación. Estas persoas poden presentar, nalgunhas ocasións tamén, un alto risco de enfermidade grave tras a infección por SARS-CoV-2 e tampouco se poderían vacinar.

    Nestes momentos, e baixo as posibilidades terapéuticas actuais, é posible outra alternativa, a inmunización pasiva mediante a administración de fármacos con indicación de uso para a profilaxe preexposición que poden proporcionar protección fronte a unha posible infección polo virus nestes pacientes.

    Recentemente, -proseguiu o conselleiro-, autorizáronse fármacos que inclúen anticorpos monoclonais de longa actividade en pacientes inmunodeprimidos, e que poden proporcionar inmunidade pasiva. Un destes fármacos é Evusheld, combinación de dous anticorpos monoclonais.

    Os candidatos a Evusheld son os adultos de 18 ou máis anos de idade con condicións de risco que cursan con inmunosupresión nos que se demostra resposta inadecuada á vacinación, e aqueles nos que se contraindica a vacinación e teñen moi alto risco de enfermidade grave por SARS-CoV-2.

    Para detallar o protocolo deste fármaco, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen  Durán, sinalou que este medicamento é similar a unha vacina, é dicir adminístrase antes de manifestar o paciente os síntomas. Segundo Carmen Durán, esta semana chegarán 1.772 doses do mesmo, que se recibirán no servizo de farmacia do Hospital Universitario da Coruña. Este medicamento adminístrase vía intramuscular con dúas inxeccións.

    43

    Tags: área sanitaria de VigoCovid-19

    RelacionadosArtículos

    SOS Sanidade Pública anima desde Vigo, «zona cero de los recortes», a una nueva manifestación
    Local

    SOS Sanidade Pública anima desde Vigo, «zona cero de los recortes», a una nueva manifestación

    23 de Ene, 2026
    La CIG denuncia “falta de personal” en el PAC de Vigo y pide seguridad para evitar “incidentes”
    Local

    Casi 15.000 urgencias en Navidad

    19 de Ene, 2026
    Los niños hospitalizados en el Cunqueiro ya pueden usar las motos de la Guardia Civil de Tráfico
    Solidaridad

    Los niños hospitalizados en el Cunqueiro ya pueden usar las motos de la Guardia Civil de Tráfico

    16 de Ene, 2026
    Trasladada una mujer al Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente de tráfico en Redondela
    Salud

    La presión asistencial en Vigo sigue «alta» aunque ya se registran más altas que ingresos

    14 de Ene, 2026
    Trasladan al Álvaro Cunqueiro a dos mujeres y un niño por una intoxicación de monóxido de carbono
    Local

    Cae la presión en las Urgencias de Vigo tras el pico asistencial de las últimas semanas

    13 de Ene, 2026
    Vigo sigue mejorando su incidencia acumulada pero Cangas se instala en riesgo alto
    Morrazo

    El personal médico para Cangas y Moaña «no es una prioridad», denuncian los sindicatos

    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR