O Solpor Monteferro é, sen dúbida, un dos festivais con mellores vistas da comarca de Vigo. Todo un luxo gratuíto no Val Miñor que chegou a pasada fin de semana á súa terceira edición (a máis multitudinaria ata agora) con María Yfeu e The Mirror o venres; e Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña), o sábado.
Solpor Monteferro confírmase así como un dos festivais máis singulares de Galicia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou durante os dous días e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, cumplíuse o obxectivo de gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico, un xeito distinto de gozar dun concerto, onde os asistentes tamén podían repoñer forzas nos food trucks instalados ou comprar no mercado.
«Trátase dun festival moi novo pero que tivo gran acollida xa dende o seu primeiro ano, no 2017. Asiste un público moi familiar e moi respectuoso coa contorna, polo que consideramos que a súa creación foi un gran acerto», sinala o alcalde, Juan González.
MÁIS FOTOS























