• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 7 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nigrán aproba o asfaltado de nove rúas de San Pedro da Ramallosa por importe de 151.145 euros

    Trátase de Pereiro, A Igrexa, Ana Isabel Costas, Pontillón, Cotros de Arriba, Altamira, Rego, Mallón-Pedreiros e Pereiras e estarán rematadas todas antes do verán
    Redacción por Redacción
    31 de Ene, 2021
    en Nigrán
    0
    Nigrán aproba o asfaltado de nove rúas de San Pedro da Ramallosa por importe de 151.145 euros

    O goberno de Nigrán aprobou onte o asfaltado de nove rúas da parroquia de San Pedro de A Ramallosa por importe de 151.145 € a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra despois de agardar máis de tres anos por todas as autorizacións. Trátase de Pereiro, A Igrexa, Ana Isabel Costas, Pontillón, Cotros de Arriba, Altamira, Rego, Mallón-Pedreiros e Pereiras, todas eles nunhas condicións pésimas tras máis dunha década sen pavimentar, algunhas incluso dúas. As nove rúas estarán renovadas antes deste verán tras unha longa tramitación que arrancou a finais de 2017 ao ser requiridos diversos informes sectoriais (Costas, Augas de Galicia, Patrimonio e Axencia Galega de Infraestruturas).

    «O feito de transcurrir Igrexa e Pereiras pola traza do Camiño de Santiago Portugués e estar outros en ámbitos de especial protección cultural (cruceiro de San Pedro, Igrexa parroquial, fonte e lavadoiro de Dona ou o xacemento arqueolóxico de Lugar da Torre) fixo que este plan de asfaltado tivese moita máis complexidade administrativa que calquera outro, agradecemos a paciencia dos veciños durante este tempo», explica o alcalde, Juan González. Así, non foi ata o 21 de outubro de 2020 cando Patrimonio deu a súa autorización coa condicionante de que o Concello incorporase ao expediente un proxecto de control arqueolóxico e de realización do mesmo, documentos ambos remitidos a este organismo o 25 de novembro e que incrementaron en 20.000 € o orzamento orixinal.

    O plan de asfaltados da parroquia abrangue tamén unha posta en valor da zona do cruceiro de San Pedro, pois levantarase o firme que o rodea ata unha profundidade de 25 centímetros para deixar ao descuberto o chanzo inferior da súa base e ao seu redor pavimentarase con cantos de pedra delimitados por un bordo de granito gris alba, ademais, contará con iluminación ornamental. Pola súa banda, o trazo do Camiño terá que ser sometido á ‘Guía de boas prácticas’ para salvagardar as súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas e, mentres duren as obras, haberá que delimitar e sinalizar outro trazado alternativo. Finalmente, nos camiños con muros tradicionais gardarase unha franxa de 15 cm ao seu carón sen o novo pavimento.

    «Gustaríanos ter asfaltado esta zona da parroquia hai xa anos pero non foi posible polas características especias que lle outorga o Camiño de Santiago e outros bens culturais, o resultado será moi beneficioso e a contorna do cruceiro gañará moitísimo para, precisamente, por en valor este elemento», sinala o alcalde, quen subliña que nos últimos seis anos lévanse investido máis de 500.000 € só para plans de pavimentación no municipio. «Sabemos que aínda existen moitos camiños onde intervir e non nos esquecemos, había unha débeda histórica coas parroquias e a estamos a saldar en tempo record», finaliza o rexedor.

    43

    Tags: A RamallosaasfaltadoNigrán

    RelacionadosArtículos

    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo
    Comarcas

    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo

    05 de Ene, 2026
    Más de 50 proyectos para elegir el «emblemático» e «innovador» parque deportivo inclusivo del área de Vigo
    Nigrán

    Más de 50 proyectos para elegir el «emblemático» e «innovador» parque deportivo inclusivo del área de Vigo

    09 de Dic, 2025
    Cabañas y tiendas «glamping» de lujo en marcha: visto bueno a un nuevo establecimiento en Nigrán
    Nigrán

    Cabañas y tiendas «glamping» de lujo en marcha: visto bueno a un nuevo establecimiento en Nigrán

    07 de Dic, 2025
    El nuevo parque deportivo inclusivo de Porto do Molle recibe las primeras visitas de arquitectos y colectivos
    Nigrán

    El nuevo parque deportivo inclusivo de Porto do Molle recibe las primeras visitas de arquitectos y colectivos

    29 de Oct, 2025
    Condenados a cárcel los cuatro acusados de robar un altavoz, un proyector, chucherías y embutidos de un campo de fútbol 
    Nigrán

    Condenados a cárcel los cuatro acusados de robar un altavoz, un proyector, chucherías y embutidos de un campo de fútbol 

    22 de Oct, 2025
    Hasta 30.000 euros en premios para el mejor diseño del nuevo ‘macrocomplejo’ deportivo del área de Vigo
    Nigrán

    Hasta 30.000 euros en premios para el mejor diseño del nuevo ‘macrocomplejo’ deportivo del área de Vigo

    13 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Calendario laboral en Vigo: el año 2026 se estrena con varios puentes festivos

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las antiguas butacas del cine Fraga
    Más Vigo

    Las antiguas butacas del cine Fraga

    Estas son las antiguas butacas del cine Fraga, de Vigo. Son auténticas, pero acusan el uso y el paso del...

    por Julio Alonso
    07 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR