• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 3 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    nadal

    O Apalpador multiplícase

    Novo éxito de público nas súas visitas aos concellos da provincia dentro do programa Nadal en Galego organizado polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra
    Redacción por Redacción
    09 de Ene, 2022
    en Comarcas
    0
    O Apalpador multiplícase

    O Apalpador viviu un novo éxito de público nas súas visitas aos concellos da provincia dentro do programa Nadal en Galego organizado polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra. Foron máis de 7.000 cativas, cativos e maiores as e os que puideron gozar da súa música, os monicreques, historias e pasarrúas nos que se fomentou o “am0r ao nadal galego” e se divulgou a necesidade do coidado da lingua, o medio ambiente ou a alimentación saudable e os produtos locais.

    A deputada de Lingua María Ortega sinala que este ano estaban previstas máis actuacións ca nunca, en 43 concellos, nos que foi preciso ademais realizar varios pases das actuacións (ata 62 en total) debido á afluencia de público por petición da veciñanza, que participaba tanto de maneira activa nas sesións de contos musicados ou como espectadora dos pasarrúas. De feito, por motivo da COVID, a pesares da alta incidencia, só houbo catro municipios que decidiron cancelar, polo que a nacionalista amosou a súa satisfacción do ben que funcionou a iniciativa, que tivo que estenderse dende o 20 de decembro ata o 4 de xaneiro pola cantidade de funcións previstas.

    O propio Apalpador tamén destacou que a viaxe pola provincia foi “un soño, un verdadeiro soño, un agasallo da vida inesquecible” e unha viaxe “ máis interesante e aventureira, a mais fermosa que nunca fixen” polas dificultades da pandemia e tamén polo mal tempo.

    Este ano incorporáronse novidades como os agasallos forestais (repartíronse 220 árbores autóctonos como sobreiras, loureiros e érbedos), que fixeron que o proxecto se convertera nunha verdadeira “universidade rodante” divulgando os nomes das pezas, as súas características, as contornas da montaña galega, dos espazos naturais da provincia de Pontevedra: unha aula-escola que promoveu comportamentos de coñecemento e protección dos elementos da natureza, fomentando a reciclaxe e compostaxe.

    Púxose en marcha tamén un proxecto audiovisual con monicreques da man da compañía de Marín ‘Tarabelos, títeres e contacontos’ e dos creadores audiovisuais e plásticos de Pontevedra, Belén Veleiro e Cris Lores que fixeron nacer unha historia vencellando a Serra do Courel co carballo de Santa Margarida nunha viaxe dende Folgoso do Courel ate Pontevedra.

    Creouse, ademais, ‘A banda da montaña’ transformando a viaxe nun musical de rua introducindo novos sons e composicións musicais co saxo, guitarra, peitoque, gaita, cavaquiño e acordeón diatónico con acordes tradicionais galegos. Nela, ademais do Apalpador (Anxo Moure), participaron Servando Barreiro (músico cunha longa traxectoria, traballos editados e varios recoñecementos e premios); Viridiana Barreiro (estudante de conservatorio e saxo da banda de Bembrive); e Brais Moure: Músico aficionado, monitor de tempo libre titulado e estudante do Ciclo de Educación Ambiental da Granxa en Ponteareas.

    As visitas do Apalpador dividíronse este ano de maneira comarcalizada, intentando facer o maior número de sesións por día en espazos o máis próximos posible co fin de reducir a pegada ecolóxica das emisións do transporte e mitigar o cambio climático.

    Na Comarca de Pontevedra, na que participaron máis de medio milleiro de persoas, a primeira visita foi á escola infantil da Deputación en Príncipe Felipe onde o propio Apalpador cualificou de “impresionante” a atención dos bebés “cos ollos desbordados polo que vían”.

    Tamén houbo unha visita ao concello de Barro a comitiva foi recibida “coma sempre, de luxo”, e onde había unha Casa do Apalpador na que se repartiron 50 árbores autóctonas cun carné identificativo explicando as súas características. En A Lama, a pesares da chuvia a sesión saíu adiante xa que o concelleiro convidou ao grupo a cantar e contar dentro da carpa do polbo: “Moi fermoso e gastronómico, contribuímos a economía local comendo o polbo e o churrasco na feira”, explicou Moure.

    En Poio celebrouse un magnífico pasarrúas cruzando a Ponte da Barca e contáronse contos na Galiña Azul dende o patio exterior a través das xanelas. En Campo Lameiro celebrouse a “preciosa primeira sesión do 2022” con moitas nenas e nenos e cunha pandeireta que acabou pintada coa imaxe petróglifo do parque. Finalmente en Cerdedo-Cotobade, na praza da Borela, realizouse unha “preciosa e minimalista sesión” que mereceu a felicitación do concelleiro responsable da área.

    Na Comarca de Caldas foron preto de 300 persoas as que gozaron das actuacións. Segundo as verbas do Apalpador, en Pontecesures houbo unha “fantástica recepción da concelleira” coa moto e coche da Policía que fixeron de escolta. A animación contou coa anécdota das persoas deportistas do ximnasio saíndo á rúa a bailar e facer ximnasia co Apalpador e a banda. En Valga tívose a imaxinativa iniciativa de ir polas aulas de música cantando as músicas e celebrouse tamén outra sesión extra na entrada do auditorio.

    En Portas, o día 24 de decembro, Noiteboa, ás sete da tarde e con chuvia fíxose unha actuación “incrible e surrealista” no campo de fútbol na que finalmente, no medio e medio do céspede e coas luces das torretas acendidas participaron alomenos 40 persoas que asistiron a cantos e bailes. En Cunti, cunha grande organización, fíxose unha sesión moi fermosa cunhas 80 persoas entre participantes e asistentes na biblioteca, mentres que en Catoira a chuvia minguou a participación na rúa e uns poucos nenos e nenas –e algún que outro público- escoitaron cantar e contar a historia do Apalpador nas Torres do Leste.

    Na Comarca do Morrazo vivíronse momentos moi especiais que chegaron a preto dun milleiro de persoas. En Marín viviuse, segundo o Apalpador probablemente a parada máis fermosa de toda a viaxe, con pasarrúas pola Praza de Abastos e a feira, a colaboración musical cun papa-noel gaiteiro que estaba na rúa, música para os vermús nas terrazas, unha viaxe en tren turístico animando as rúas e os viaxeiros e a colaboración especial de Esteban de Tarabelos co monicreque “Señor Coucho”.

    En Bueu, co grande anfitrión Xosé Leal, o Apalpador foi mercar á feira o seu xantar do Nadal, e sorprendeuse cunha figura a tamaño real en madeira que o Concello creara da personaxe na carpa do Nadal. En Cangas –terra moi querida familiarmente polo Apalpador- fixéronse dúas sesións, unha delas dedicada a Maria Soliña. En Moaña, pola súa parte, tivo lugar unha fantástica sesión dentro da carpa e tamén houbo animación na feira de artesanía onde o Apalpador tamén mercou para apoio do comercio.

    Na Comarca do Salnés comezou a xira en Ribadumia, no local social de Barrantes, cunha sesión moi acolledora; en Meis xuntáronse as nenas e nenos dos campamentos no precioso Mercado de Abastos e fíxose unha sesión fantástica coa alcaldesa; en Meaño xuntouse moitísima xente e foi preciso repetir a sesión porque cando estaba a rematar apareceu máis cativada; en Sanxenxo o Apalpador foi quen incluso de substituír a actuación prevista dunha actriz dunha obra de teatro programada que chegaba tarde por pinchazo do seu coche no Auditorio Emilia Pardo Bazán, “con moito publico, sonoridade, escenario, luces… De luxo!”.

    En O Grove a intensa chuvia parou xusto no pasarrúas do Apalpador , que actou para a pouca pero estupenda xente que estaba na carpa do mercado de nadal do Concello aproveitando para facer compras, libros, artesanía…. “Unha nai do Pais Vasco coa sua filla cóntanos a historia do Olentxero e mandámoslle saúdos ao noso compadre vasco a través da neniña.”, explicou a figura do Nadal galego. En Cambados fíxose un pasarrúas longo e incluso houbo unha conexión en directo do Apalpador cunha radio doutra provincia explicando o proxecto con música en directo.

    Na Illa de Arousa, despois dun xantar e baño nas augas do mar do parque natural do Carreirón o Apalpador foi á Casa do Concello que se encheu de nenas e nenos estendendo a sesión con contos, cantigas e poñendo en valor o espazo natural do Carreirón. 50 presenciais. 100 visuais. Vilagarcía de Arousa foi unha fin de viaxe “apoteósica” coas rúas cheas de xente: “cada vez que paramos en minutos xuntábanse mais de 100 persoas”. Foron precisos un total de 6 pases en distintos espazos, nos que a xente tirou dos móbiles para quitar fotos e fotos e mais fotos, bailar e cantar cos músicos emocionados nunha xornada que comezou ás sete da tarde e rematou case ás dez da noite.

    No Deza-Tabeirós, en Dozón houbo unha fantástica organización que puido coa chuvia, organizando incluso unha chocolotada con pasteis no palco da música. “Foi exemplo dun pobo reunido entorno a unha figura rural e de montaña, coma eles”, explicou o Apalpador, que entregou como agasallo loureiros e sobreiras. En Agolada a sesión foi “preciosa”, protagonizada polo hospitalario alcalde que se sumou a tocar a pandeireta, e un “fermoso pasarrúas con Protección Civil”, que despois rematou con contos nun pendello.

    En A Estrada o diluvio non evitou que se fixera animación no palco e pasarrúas, que sacou un sorriso á xente que estaba pola zona. En Forcarei houbo recepción do concelleiro de Cultura, chamada da alcaldesa e visita a Soutelo co apoio de Protección Civil. En Silleda os contos foron na Casa da Xuventude para as nenas e nenos do campamento ademais do pasarrúas.

    Na área de Vigo, en Fornelos de Montes tivo lugar a máis difícil e das mais fermosas sesións deste ano, xa que non acompañaba o tempo –diluviaba-. Agochadas no portal da Casa do Concello empezou a aparecer xente que bailou, cantou e agasallou á banda cun moucho de madeira de bidueiro xigante e máis botellas de viño. Alí naceu a cantiga de “O moucho Lelo de Fornelos”. En Salceda realizouse outra actuación preciosa e moi ben organizada, na que primeiro participou un campamento de nadal no parque como moitos nenas e nenos, coas monitores entregadas ao conto e a o canto, e despois unha fermosísima sesión na feira como moitos nenas e nenos e cos feirantes agradecidos. No Porriño xuntouse tamén un grande grupo nun intenso e fermoso pasarrúas. O Apalpador e a banda aproveitaron para coñecer as Gándaras de Budiño e pedir a súa protección e conservación, creando tamén o conto e cantiga da “Tartaruga lentura”.

    No Val Miñor foron preto de medio milleiro de persoas as que acompañaron ao Apalpador nas súas actuaicóns. En Gondomar o día de Nadal houbo incluso unha recepción das autoridades do concello, cunha preciosa sesión e un pasarrúas “roubando” o trineo de Papa Noel para contarlle á cativada da zona “a verdadeira historia de que Papa Noél era galego, emigrante do Courel, que tiña unha tia en Gondomar e viaxou até Laponia onde o chamaban Papa Courel que en laponé tradúcese como Noel”.

    En Nigrán a sesión tivo lugar segundo as verbas do Apalpador “nun parque precioso” e con moitas nenas e nenos, onde unha señora díxonos que eramos unha verdadeira “universidade rodante” . En Baiona realizouse unha magnífica sesión nocturna onde despois do pasarrúas extenso “xuntáronse case cen persoas pedindo máis e máis”.

    No Baixo Miño, en a Guarda o Apalpador fixo un pasarrúas pola feira e tamén unha actuación na praza e no Mercado de Abastos coas praceiras encantadas, coa anécdota que de que ao ir mercar a un supermercado, un pai co seu fillo e a peixeira pedíronlle que lles contase a súa historia, facendo unha sesión extra no propio comercio. Finalmente a banda tamén xantou e nadou no fin do Miño. En Tomiño, houbo moitos nenas e nenos, moita xente pola rúa e unha magnífica sesión , igual que en Tui, con centos de persoas e unha magnífica sesión para bebés e as súas nais.

    No Condado Paradanta as actividades do Apalpador contaron con preto de 900 asistentes. En As Neves a sesión foi “fantástica e preciosa” nas verbas do propio Apalpador, con moitas nenas e nenos e familias. En Ponteareas o día foi “impresionante” con m0itisima xente nas tres sesións en tres espazos diferentes, ademais de ter unha recepción da alcaldesa. EN Mondariz chegaron incluso a abrir o Mercado de Abastos para a actuación, cunha atención “exquisita” por parte da organización do concello, para seguir nunha actuación en Mondariz Balneario no salón de actos no que houbo unha grande implicación do público, e finalizar en A Cañiza, onde pola chuvia o concello levou o acto ao auditorio con moitísima xente nunha sesión “magnífica” na que houbo agasallo de árbores e presenza dos residentes no centro de discapacidade.

    43

    Tags: ApalpadorDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026
    Actualidad

    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026

    28 de Oct, 2025
    Alarma en los hoteles de Vigo y resto de la provincia por ciberataques en sus reservas de Booking
    Actualidad

    La provincia de Pontevedra se vuelve un imán para los turistas de Estados Unidos y Europa

    23 de Oct, 2025
    El Museo de Pontevedra, joya gallega de la cultura, busca nuevo director en un proceso abierto
    Actualidad

    El Museo de Pontevedra, joya gallega de la cultura, busca nuevo director en un proceso abierto

    23 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    En pleno otoño, son muchas las novedades que hemos tenido en novelas y cómics de aventuras. ¿Las repasamos juntos? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR