• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 3 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Encontro de Embarcacións Tradicionais pon proa a Moaña, a súa primeira vez na Ría de Vigo

    O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación oficial da 15 edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG), que se celebrará en Moaña entre os días 5 e 8 de agosto
    Redacción por Redacción
    10 de Jul, 2021
    en Moaña
    0
    O Encontro de Embarcacións Tradicionais pon proa a Moaña, a súa primeira vez na Ría de Vigo

    Encontro de Embarcacións Tradicionais.

    O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación oficial da 15 edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG), que se celebrará en Moaña entre os días 5 e 8 de agosto. No acto en Santiago de Compostela estiveron presentes os máximos responsables das tres entidades organizadoras: a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-Culturmar, a Asociación Cultural Recreativa Sueste e o Concello de Moaña, ademais de representantes da Deputación de Pontevedra, a Consellería do Mar e a Fundación Pública Artesanía de Galicia. O gaiteiro internacional de Moaña Anxo Lorenzo, interpretou dúas pezas musicais no comezo e despedida do acto.

    O presidente de Culturmar e do comité organizador, Xosé Luis Sacau, calificou o EETG como “a gran festa da cultura mariñeira de Galicia” e un dos eventos “máis respectados e queridos” que se celebran ao longo de toda Europa. Sobre a vila que este ano acolle o Encontro, Sacau Fontenla lembrou que en Moaña se atopa o Petróglifo da Borna, “un dos primeiros signos rupestres nos que se representa a milenaria actividade da navegación en Galicia, e a Ría de Vigo, que con Martín Códax e Meendinho puxo o seu mar no máis alto da literatura universal”.

    O presidente de Culturmar aproveitou a presentación para falar da necesidade dunha estratexia “decidida para impulsar unhas Mariñas Tradicionais que dean acubillo nos portos galegos ás nosas frotas dun xeito digno, obtendo así o valor engadido do seu uso patrimonial, en harmonía cos usos profesionais e deportivos”. O presidente de Culturmar explicou que se trata dun “valor que poucos países posúen e que nos sitúa á cabeza das oportunidades de promoción cultural, social, deportiva ou turística”.  A este respecto, engadiu que “precisamos tamén, e con urxencia, que esta frota goce das medidas de protección necesarias para que o rumbo se manteña firme, a través do recoñecemento das nosas embarcacións como bens patrimoniais e da aplicación das medidas de salvagarda que a lei establece”.

    Pola  súa banda, o presidente da Asociación Cultura e Recreativa Sueste, Pablo Martínez, encargada de propor a Moaña como sede deste XV Encontro, falou do “forte vencello histórico” da vila morracense co mar e coa cultura marítima. “A súa frota da ardora tivo unha dimensión considerable, chegando a ser un dos portos de pesca de litoral máis importantes da Península”, lembrou. Martínez Otero explicou que este vínculo de Moaña co mar pervive na gran actividade económica que na vila se realiza grazas, por exemplo, á produción acuícola de mexillón, ao marisqueo a pé e a flote, á pesca artesanal e de cerco ou  á extracción de navalla.

    O presidente de Sueste explicou tamén que Moaña “mantén ano tras ano unha rica mostra de actividades e eventos relacionados co mar e a cultura marítima”, entre as que destacou a Festa do Mexillón, a Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, o remo de traiñeiras e unha oferta de ocio con festivais como o Intercéltico, O Folclore do Mar. “Todas elas son testemuñas claras desta unión de Moaña e o Mar”, afirmou.

    Leticia Santos Paz, alcaldesa de Moaña, mostrouse feliz por acoller esta 15 edición que, coma varios intervintes dixeron, “se vai celebrar contra vento, marea e coronavirus”, e lembrou que Moaña é o primeiro destino do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebra dentro da ría de Vigo. A rexedora local asegurou que a veciñanza vai recibir feliz “a todas aquelas persoas que decidan facer de Moaña o seu destino” entre os días 5 e 8 de agosto. Moaña tamén será a primeira vila que acolla o evento en pandemia, “pero iso non pode deternos”, puntualizou a alcaldesa, para rematar dicindo que “o importante é ter lugares seguros para compartir cultura e socializar”.

    Santos Paz fixo referencia á grande tradición da cultura marítima na vila e explicou que “se queremos saber quen somos, temos que saber de onde vimos”. Ademais, na súa intervención lembrou que en Moaña “o mar non é só dos homes, senón que as mulleres teñen un protagonismo especial o que fará que este Encontro sexa diferente”. 

    A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta, falou da importancia de apoiar este tipo de eventos. Elena Fabeiro explicou que, este ano, “pensamos que o mellor era divulgar os vellos saberes dos traballos de carpintaría de ribeira” e así o farán no Encontro de Moaña.

    María Ortega, deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Memoria Histórica e Lingua da Deputación de Pontevedra, asegurou que “para min, ademais de como deputada, é un orgullo como moañesa o feito de que Moaña se converta na ‘capital europea da cultura marítima’ cun evento marabilloso que vai beneficiar a toda a comarca do Morrazo, a toda a ría de Vigo e á comarca de Pontevedra, pola chegada de delegacións de persoas de moitas localidades, se cadra non tantas como deberían pola situación de pandemia que aínda nos toca vivir”. Ortega Iñarrea entende que este encontro “servirá para a dinamización social potenciando un turismo sustentable, nun  momento no que o turismo asociado ao patrimonio está a medrar a un ritmo moi superior ao tradicional de sol e praia, poñendo o foco no interesante que é o consumo de experiencias turísticas na costa”. Ademais, subliñou o apoio da Deputación no relativo ao patrimonio marítimo fluvial da provincia e lembrou a nova liña de subvencións posta en marcha neste mandato “que pretende poñer en valor, conservar e divulgar a nosa riqueza mariñeira”.

    A conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi a encargada de pechar o acto de presentación en Compostela do EETG. Quintana referiuse ao EETG como un evento “que olla desde a contemporaneidade pola posta en valor e preservación da cultura mariña tradicional galega e que constitúe un espectáculo único sobre o mar, unha festa de exhibición patrimonial protagonizada pola nosa frota tradicional, que porá en valor a súa riqueza, e a visualizará ante a necesidade de manela e conservala”.

    A conselleira afirmou que a ría de Vigo e Moaña “proporcionan un enclave único, como única será a fotografía da frota fondeada na enseada de Moaña, unha estampa que vai percorrer o mundo”.

    Na súa intervención, tamén destacou o traballo que se está a facer desde Galicia para preservar o patrimonio marítimo-pesqueiro e anunciou o deseño do Plan da Cultura Marítima con horizonte 2030, “que se realizará no marco dun convenio de colaboración asinado esta semana entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña”. A titular da Consellería do Mar explicou que “este traballo abarcará todo o litoral de Galicia co obxectivo de definir as liñas das políticas culturais unindo as tradicións e o valor do patrimonio marítimo”.

    O convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 con opción de prórroga e conta con preto de 200.000 euros de financiamento da Consellería do Mar. “A finalidade deste traballo é ter un plan da cultura marítima de Galicia vivo, que poida irse adaptando ás circunstancias e aos cambios que se produzan e deste xeito mellorar o coñecemento sobre o patrimonio vencellado ao mar e avanzar na súa conservación”, destacou Rosa Quintana.

    43

    Tags: Encontro de Embarcacións TradicionaisMoaña

    RelacionadosArtículos

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    14 de Ene, 2026
    Vigo sigue mejorando su incidencia acumulada pero Cangas se instala en riesgo alto
    Morrazo

    El personal médico para Cangas y Moaña «no es una prioridad», denuncian los sindicatos

    09 de Ene, 2026
    Un buque bateeiro se hunde y obliga a desplegar barreras anticontaminación
    Moaña

    Un buque bateeiro se hunde y obliga a desplegar barreras anticontaminación

    20 de Dic, 2025
    Susto tras arder un alpendre y calcinar un tractor y una moto
    Moaña

    Desalojan a los vecinos de un edificio tras un incendio en un cuadro eléctrico

    09 de Dic, 2025
    Un motorista herido de gravedad al sufrir una caída cuando hacía trial
    Moaña

    Un motorista herido de gravedad al sufrir una caída cuando hacía trial

    08 de Dic, 2025
    Casi 5 millones para ejecutar cuatro obras «estratégicas» que «revitalizan» el espacio público de O Morrazo
    Morrazo

    Casi 5 millones para ejecutar cuatro obras «estratégicas» que «revitalizan» el espacio público de O Morrazo

    02 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR