Na súa intervención, López-Chaves incidiu no incremento en case un 17% do orzamento das axudas para a apicultura. As achegas da Consellería do Medio Rural ascenden a preto de 520.000 euros. Os posibles beneficiarios son os titulares de explotacións apícolas ou cooperativas dedicadas a esta actividade e están destinadas a fomentar a profesionalización do sector, mellorar os sistemas de produción e comercialización, así como a situación sanitaria das colmeas e ofrecer un produto de calidade aos consumidores.
O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo tivo oportunidade de informar aos asistentes as xornadas técnicas sobre os pormenores do plan de control aplicado pola Xunta para combater a vespa velutina, e que se centra en diversas actuacións, como a retirada de niños, as accións formativas, dotación de medios, divulgación e investigación.






















