• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 2 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Ponteareas reordenará as zonas peonís e a circulación en 14 rúas da vila

    O obxectivo é gañar espazos para as persoas, reducir o tráfico, o ruído e a contaminación para mellorar a calidade de vida e a seguridade
    Redacción por Redacción
    16 de Jul, 2020
    en Ponteareas
    0
    Ponteareas reordenará as zonas peonís e a circulación en 14 rúas da vila

    O concelleiro de Mobilidade e Tráfico de Ponteareas, Roberto Mera, presentou unha nova fase de actuacións para a reordenación das zonas peonís e do tráfico. As rúas nas que se actuará son A Braña, Praza da Perillana, Doutor Fernández Vega, República Arxentina, Esperanza, Baratillo, Castiñeira, A Minada e Virxe da Luz.

    As medidas previstas consisten en ampliar os espazos reservados ás persoas, ampliando as beirarrúas mediante o pintado sobre a calzada, a eliminación do dobre sentido de circulación, a peonalización completa dalgunhas rúas, a mellora da seguridade nos pasos de peóns e a dotación de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e para motocicletas e bicicletas.

    Coas actuacións a executar, Mera sinala que “avanzamos de forma decidida cara un modelo de vila pensado para a xente. Nas rúas nas que imos intervir o espazo para as persoas apenas representa o 25% da superficie e as beirarrúas raras veces superan o metro e medio de anchura. Coas actuacións previstas os itinerarios para as persoas pasarán a ter como mínimo 2,50 metros, imprescindíbel para que, por exemplo, se poidan cruzar dúas persoas con paraugas sen baixar á calzada”.

    Mera aclara que as actuacións se farán fundamentalmente mediante sinalización horizontal e o uso de elementos fixos. “Este é o punto de partida para recuperar de inmediato o espazo público para as persoas e que se visualice como serán no futuro estas rúas cando se redacten e executen os proxectos de reurbanización e humanización”.

    As rúas A Braña, Fernández Vega e Virxe da Luz pasarán a ser de sentido único, Castiñeira muda o seu sentido de circulación en dirección a Avenida de Castelao e A Minada muda o seu sentido actual. “Con estas medidas reducimos o tráfico, a contaminación, o ruído e a inseguridade, axilizamos o tráfico e creamos itinerarios de saída do centro urbano. O obxectivo é eliminar o tráfico de axitación, os coches que dan voltas continuas buscando aparcar diante do seu destino, en lugar de estacionar nun aparcadoiro periférico e camiñar”, explica Mera.

    Entre as medidas para potenciar os desprazamentos a pé e en bici saliéntanse a peonalización da rúa República Arxentina e a semipeonalización dun tramo de Fernández Vega ademais de completar a de Esperanza até os Ferreiros. “Con esta actuación creamos un traxecto seguro reservado para as persoas e as bicis que conecta a Praza Maior coa nova praza do Mercado Municipal e que continuará desde aí até o Conservatorio con itinerarios peonís de máis de tres metros de anchura” sinala o edil de Mobilidade e Tráfico. Na mesma liña, a rúa perimetral da Praza da Perillana queda libre de circulación de vehículos e se converte nunha ciclovía. “Xa é hora de que os nenos e nenas de Ponteareas comecen a contar con lugares apropiados e seguros nos que utilizar a bicicleta”, salientou Mera. Tamén se prevé peonalizar o tramo da rúa do Baratillo entre Doutor Fernández Vega e a fonte. Esta actuación implantarase cando se abra ao tráfico a rúa San Roque e servirá, entre outras cousas, para protexer a fonte na que impactan con frecuencia vehículos. Nas zonas peonalizadas garantirase o acceso a garaxes e nalgúns casos a circulación de taxis e a carga e descarga.

    Dentro das actuacións previstas atópanse a creación de novos pasos de peóns e a creación de zonas de seguridade a cinco metros dos pasos para garantir a visibilidade das persoas que cruzan. “Imos eliminar progresivamente todos os atrancos visuais dos pasos de peóns en Ponteareas, como colectores ou estacionamentos, que poñen en risco a seguridade das persoas”, adiantou Mera.

    Ponteareas dá prioridade aos peóns e reduce a velocidade nos accesos ao centro urbano

    A concellaría de Mobilidade e Tráfico iniciou unha campaña informativa explicando todas estas medidas con carteis distribuídos en todos os edificios e comercios das rúas nas que se actuará. A información inclúe unha táboa cos aparcadoiros situados a escasos minutos de cada unha das rúas. Mera explica que con esa información “queremos que a veciñanza tome consciencia de que en Ponteareas todo está moi preto, temos unha vila ideal para camiñar e centos de prazas de aparcamento a moi poucos minutos de calquera destino. É o momento de cambiar o hábito de querer levar o coche até diante da porta do noso destino”.

    Mera adiantou que a concellaría xa ten ultimada unha nova fase de actuacións na mesma liña nas rúas Carballos, Castañal, Orotava, Pedra Pequena e Paseo Matutino e na que se fará igualmente un traballo de información veciñal previo.

    As novas actuacións anunciadas dan continuidade ás que se puxeron en marcha entre maio e xuño consistentes en ampliar itinerarios peonís ou asegurar a súa continuidade onde non existían ou se vían interrompidos, unhas actuacións que atinxiron ás rúas Paseo Matutino, Carballos, Castañal, Amado Garra, Senén Canido, Praza de Bugallal, Castiñeira, Concha Brey, Constitución ou Emilio Rodríguez.

    43

    Tags: Ponteareastráfico

    RelacionadosArtículos

    Heridas cinco personas tras una colisión múltiple en Ponteareas
    Ponteareas

    Heridas cinco personas tras una colisión múltiple en Ponteareas

    01 de Feb, 2026
    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio
    Ponteareas

    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio

    28 de Ene, 2026
    «Ingrid» ya azota Vigo y deja un manto blanco en las calles tras la primera granizada del día
    Local

    «Ingrid» ya azota Vigo y deja un manto blanco en las calles tras la primera granizada del día

    23 de Ene, 2026
    Corte total de una céntrica calle de Vigo para la instalación de una grúa
    Local

    Corte total de una céntrica calle de Vigo para la instalación de una grúa

    18 de Ene, 2026
    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona
    Local

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    18 de Ene, 2026
    Aplazan a noviembre el juicio contra el conductor de un bus escolar por acosar a una acompañante de ruta
    Ponteareas

    Confirmada la condena de 4 años para dos hombres que maniataron y agredieron a otro en una nave

    11 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR