• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 5 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Cita en Ponteareas co teatro de rúa

    O circo, clown, títeres e teatro do III Festival Internacional de Teatro de Rúa encherán de ilusión as rúas da vila
    Redacción por Redacción
    04 de Ago, 2020
    en Ponteareas
    0
    Cita en Ponteareas co teatro de rúa

    O III Festival Internacional de Teatro de Rúa comeza este mércores na localidade de Ponteareas nos xardíns do Concello ás 19 horas nun evento para o cal a organización pide a colaboración e responsabilidade de toda a cidadanía para un bo desenvolvemento das actividades.

    “Este é un festival que convida á participación e á interacción, e podemos seguir sendo cómplices e disfrazarnos e xogar pero, nesta ocasión, mantendo ben as distancias e sempre empregando mascariñas”, explicou a tenente de alcalde Cristina F. Davila, quen engade que nos puntos nos que se empracen os espectáculos con cadeiras para o público deberá accederse coa previa desinfección con xel hidroalcólico e colaborando tamén na toma da temperatura e sempre con máscara de seguridade. Xunto a ela, presentaron o programa de actividades o alcalde, Xosé Represas, e Luis Crespo, de Teatro do Zurdo e asesor da programación.

    Máis ca nunca o Concello pide a colaboración cidadá pero, nesta ocasión non só para interactuar co espectáculo, se non tamén para o bo desenvolvemento das actividades sendo escrupulosos e rigorosos no cumprimento das normativas Covid-19.

    Mércores 5

    O pistoletazo de saída será o mércores día 5 nos xardíns da Xiralda co espectáculo “A Gran Familia” dos cataláns Fadunito que sairá de aquí á praza Bugallal, rúa Oriente e praza Maior. Ás 19:30 horas na praza Maior Cé Orquestra Pantasma ofrecerá o espectáculo musical “A voar”. Ás 20:30 horas na praza Maior tamén Fadunito arrancará con “A Gran Familia” rumbo á República Arxentina e Fernández Vega.

    Xoves 6

    O xoves día 6 ás 19:00 horas as prazas de Ponteareas Cidade volverán ser escenario dos cataláns e da súa “Gran Familia” que percorrerá tamén o Paseo Matutino, Rogelio Groba, praza Bugallal, Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e rematará na Feira Vella. Ás 19:30 horas na Feira Vella actuará o belga Rudy Dudy que nos achegará o mellor do circo co seu espectáculo “Rastafarudi”. Ás 20:30 horas na Feira Vella voltará o espectáculo de Fadunito para percorrer o Paseo Matutino, Rogelio Groba, Concha Brey, Rosalía de Castro, Redondela e Parque das Pombas.

    Venres 7

    O venres día 7 chega o momento de disfrazarse de pitiño ou galiña ou do animal que máis gosten para participar no “Paseo dos pitiños” de Biringucho. Ponteareas converterase nun gran poleiro máxico da man de Mamá Galiña para percorrer Fernández Vega, Ramiro Sabell, Castelao e o Parque da Perillana. A charanga Alecríns alegrará tamén as rúas de Ponteareas neste percorrido. Ás 19:30 horas no parque da Perillana sesión de títeres coa compañía galego-cubana Cascanueces que nos agasallará con “Unha armadura con ferruxe”. Ás 20:30 no parque da Perillana volverá rexurdir “O Paseo dos Pitiños” para viaxar á rúa Braña, Fdez Vega, República Arxentina, Esperanza e praza Bugallal. Ás 21 horas o madrileño Máximo Óptimo presentará o espectáculo circense “Optimus” na praza Bugallal. Ás 22 horas na praza Bugallal actuará a charanga Alecríns.

    Sábado 8

    O sábado día 8 ás 19 horas nos xardíns do Concello arranca “O Paseo dos Pitiños” e todos podemos volver disfrazarnos de galiñas ou poliños para chegar a Trovador Xoán García de Guillade, ao parque Ferro Ucha, ao Paseo Matutino e rematar na Feira Vella coa participación da charanga SDK. Ás 19:30 horas na Feira Vella volve Máximo Óptimo co seu circo “Óptimus” e ás 20:30 horas na Feira Vella teremos unha nova oportunidade de gozar co paseo de Biringucho.

    O III Festival Internacional de Teatro de Rúa despedirase de Ponteareas ás 21 horas na praza Maior coa música de Paco Nogueiras e o seu espectáculo “Radio Bule Bule” que fará a todos mover o esquelete.

    43

    Tags: Ponteareasteatro

    RelacionadosArtículos

    Heridas cinco personas tras una colisión múltiple en Ponteareas
    Ponteareas

    Heridas cinco personas tras una colisión múltiple en Ponteareas

    01 de Feb, 2026
    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio
    Ponteareas

    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio

    28 de Ene, 2026
    Aplazan a noviembre el juicio contra el conductor de un bus escolar por acosar a una acompañante de ruta
    Ponteareas

    Confirmada la condena de 4 años para dos hombres que maniataron y agredieron a otro en una nave

    11 de Dic, 2025
    Rescatan a tres personas de un turismo tras despeñarse por un terraplén
    Ponteareas

    Rescatan a tres personas de un turismo tras despeñarse por un terraplén

    03 de Dic, 2025
    La dramaturga gallega más punzante llega a Vigo para responder a la pregunta que nadie se atreve a hacer
    Cultura

    La dramaturga gallega más punzante llega a Vigo para responder a la pregunta que nadie se atreve a hacer

    02 de Dic, 2025
    Desconvocada la huelga del SAF de Ponteareas tras un acuerdo después de 68 días de paro
    Ponteareas

    Desconvocada la huelga del SAF de Ponteareas tras un acuerdo después de 68 días de paro

    01 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    Este año 2026 ha comenzado con borrascas que han afectado sin tregua a la ciudad de Vigo, una borrasca detrás...

    por Julio Alonso
    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR