• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Tui ve renovadas as súas instalacións deportivas grazas a un investimento de 210.000 euros

    Enrique Cabaleiro destaca que as achegas da Deputación á localidade téñense incrementado en case un 40% dende o ano 2015 ata a actualidade
    Redacción por Redacción
    26 de Ene, 2021
    en Tui
    0
    Tui ve renovadas as súas instalacións deportivas grazas a un investimento de 210.000 euros

    Os clubs deportivos e a comunidade escolar de Tui ven cumprida, tras o investimento da Deputación de Pontevedra, unha reclamación que viñan facendo dende hai tempo: a mellora dos Pavillóns Novo e Vello, así como das pistas de tenis municipais do polígono de Areas. Para coñecer de preto as actuacións realizadas, que contaron cun investimento de máis de 210.000 euros, os deputados provinciais Santos Héctor, responsable da área de Cooperación, e Gorka Gómez, da área de Deportes, visitaron as instalacións acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o coordinador desta área no concello, Diego Fernández, e representantes de varios clubs deportivos locais.

    Santos Héctor lembrou que este tipo de actuacións entran “dentro da liña que ven defendendo a Deputación e a nosa presidenta, Carmela Silva, para estar á altura no apoio ao deporte nestes momentos tan complicados”. “Hai que investir en deporte, sobre todo nestes tempos de pandemia da Covid-19, para que cando poidamos regresar á normalidade o deporte volva da mellor maneira”. O deputado provincial destacou a importancia do deporte en Tui, onde “a celebración de competicións deportivas é unha parte moi importante da economía” e onde existen un gran número de clubs e deportistas individuais de elite.

    Pola súa banda, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo poñer en valor o incremento, dende o 2015, en case un 40% dos fondos da Deputación que chegan ao concello. Con estas subvencións a vila de Tui puido levar adiante a adecuación de equipamentos como o Pavillón Vello, “que dende os anos oitenta non tivera practicamente ningunha obra de mellora”. O rexedor municipal destacou tamén outras actuacións que se teñen levado con anterioridade no concello grazas a achegas provinciais como melloras en case todos os campos de fútbol así como no Centro Municipal de Remo ou as obras no interior do Pavillón da Macoca, en Pazos de Reis. Cabaleiro agradeceu á Deputación o seu respaldo financeiro “sen o cal sería imposible levar isto adiante” e demandou “ao conxunto das administracións o apoio que necesitamos para seguir adecuando os nosos equipamentos deportivos”.

    Na súa visita coñeceron as melloras realizadas nos vestiarios e aseos do Pavillón Vello de Tui cunha achega de preto de 60.00 euros. Con eles púxose solución aos problemas de obsolescencia destas estancias, que precisaban dunha renovación completa. Ademais, este pavillón conta agora cun baño adaptado a persoas con diversidade funcional, axustándose así á normativa actual.

    No Pavillón Novo, segunda parada desta visita, comprobáronse os resultados da mellora da cancha, que presentaba danos que debían ser reparados tras máis de dez anos empregándose. Ademais, aproveitouse a ocasión para levar a cabo un novo vernizado e pintado das pistas para as diferentes modalidades deportivas que se practican na instalación. Grazas a esta subvención provincial, que supera os 88.000 euros, o pavillón conta agora tamén cunha gran cortina separadora, con elevación automática, que fai que o espazo sexa modulable, optimizando así o uso do espazo para todos os clubs tudenses.

    As pistas de tenis municipais do Polígono de Areas tamén estiveron no foco das actuacións levadas a cabo co Plan Concellos grazas a unha partida orzamentaria de máis de 64.000 euros. Con eles realizouse a ampliación da superficie de xogo, que agora conta con tres campos de dobres, a renovación do revestimento deportivo, o pintado dos campos de xogo e a renovación dos cerramentos, entre outras actuacións.

    Estas actuacións son un exemplo das melloras das que se ve beneficiada a veciñanza de Tui grazas a partidas provinciais. Dende 2015 a Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 8,3 millóns de euros no concello, dos que cinco millóns pertencen ao Plan Concellos. Para este 2021 o Tui ten á súa disposición, ao abeiro deste plan provincial, máis dun millón de euros. A maiores, o Concello de Tui resultou beneficiario dun gran proxecto a través do Plan DepoRemse para a reurbanización integral do barrio da Torre, en Paramos.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraTui

    RelacionadosArtículos

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra
    Comarcas

    Investigan dos alunizajes contra un estanco y una gasolinera que se produjeron con una hora de diferencia

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    En tan solo un mes, Vigo ha pasado de ser la ciudad de la Navidad a ser la ciudad de...

    por Julio Alonso
    04 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR