• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 19 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    COMARCAS

    Comeza a demolición dun edificio en ruínas na rúa Colón

    O Concello de Tui recepcionou esta semana as obras de renovación da Travesía de San Domingos e inaugurou unha senda peonil de máis de 6,5 quilómetros á beira do Miño
    Redacción por Redacción
    14 de Dic, 2024
    en Tui
    0
    Comeza a demolición dun edificio en ruínas na rúa Colón

    Este xoves comezaron os traballos de demolición parcial do edificio situado no número 7 da rúa Colón para garantir a seguridade na súa contorna. O Concello que Tui, tras a declaración de ruína do inmoble, ante a situación de deterioro que presenta, no mes de xullo requiriu aos propietarios, neste caso á Xunta de Galicia, para garantir a seguridade no mesmo e evitar posibles danos ou o colapso da edificación co paso do tempo.

    Ademáis, tamén este xoves a Xunta comezou a executar estes traballos de desentullo, seguridade e estabilidade do inmoble  tras o requirimento realizado polo Concello de Tui para manter o inmoble en condicións de seguridade, salubridade, ornato público e decoro. Así débense executar obras de demolición parcial da edificación ata alcanzar a estabilidade e seguridade da edificación. Entre as actuacións requiridas está a retirada das tellas e dos elementos en perigo de desprendemento da cuberta, así coma a limpeza de entullos  do interior e exterior do inmoble.

    O Concello de Tui busca así manter as condicións de seguridade para os viandantes nesta rúa, que conta con gran tránsito de persoas.

    Travesía de San Domingos

    O Concello de Tui recepcionou esta semana as obras de renovación da Travesía de San Domingos executadas ao logo dos últimos meses cun investimento que acadou case os 450.000 euros, financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a técnicos municipais e representantes da empresa construtora estiveron esta mañá na rúa comprobando os traballos executados nun tramo de algo máis de 200 metros dende a intersección desta travesía coa rúa Antero Rubín até a Travesía de San Francisco. Con esta actuación impúlsase a mobilidade e accesibilidade neste ámbito, permitindo recuperar a esencia tradicional desta vía singular que conecta o centro de Tui coa Igrexa de San Domingos.

    Os traballos comezaron coa renovación tanto da rede de abastecemento coma da de saneamento, procedendo a realizar a separación entre augas pluviais e fecais. Tamén foron soterrados os servizos de electricidade, telecomunicacións e procedeuse á instalación da canalización de gas.   A rúa mellorou en accesibilidade e funcionalidade e as obras contemplaron tamén a instalación de novas luminarias e de mobiliario urbano, así coma dun panel informativo.

    Senda peonil á beira do Miño

    Por outra banda, percorrer a senda fluvial entre a praia de Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas xa é posible grazas ao traballo realizado ao longo do último ano polo Obradoiro de Emprego que hoxe foi clausurado en Tui.

    O acto de clausura, celebrado na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, contou coa participación do alcalde de Tui, da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, do xefe Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Pontevedra, José Antonio Rodriguez Fachado, do delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, e da directora do Obradoiro, María Dolores Pérez.

    Enrique Cabaleiro felicitou ao alumnado polo “magnífico traballo realizado” nunha obra complexa realizada nun ámbito con múltiples afeccións.  Salientou a aposta que dende o Concello de Tui se fai pola formación e o emprego, e tamén o compromiso da Xunta que nos últimos anos destinou máis de 2 millóns de euros aos catro obradoiros de emprego e aos tres Programas Integrados de Emprego desenvolvidos no municipio, que permitiron mellorar a empregabilidade das persoas participantes nestas iniciativas.  Precisamente dirixíndose ao alumnado deste último obradoiro salientou, Enrique Cabaleiro, que seguramente o de hoxe era un día de sentimentos encontrados, xa que por unha banda tiñan a satisfacción do traballo rematado, pero por outra o remate da súa relación laboral co concello. Nese senso animounos a emprender ou buscar traballo por conta allea, en dous sectores onde se demandan profesionais no mercado laboral.

    A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, salientou que que ao alumnado das dúas especialidades, forestal e madeira, fixo moito máis do que figura no certificado de profesionalidade que agora reciben. Afirmou a edil que “construíchedes algo importante” engandindo que queda “un legado para a veciñanza” sinalando que “temos agora unha senda que mellora a calidade de vida dos e das tudenses, pero tamén a atrae a moitas persoas visitantes”. Salientou amais a súa satisfacción polo feito de que este proxecto teña contribuído á formación de futuros profesionais.

    Pola súa parte o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, destacou tamén o traballo extraordinario desenvolvido polo Obradoiro, sinalando que non só a obra realizada é importante, senón tamén a formación do alumnado. Destacou o investimento de 540 mil euros da Xunta de Galicia para a impartición deste obradoiro.

    Por último a directora do Obradoiro, sinalou que  “hoxe celebramos o fin deste obradoiro marcado polo esforzo, o traballo e o compromiso de cada un de vos”.

    Dende o seu comezo en decembro de 2023 as 20 persoas participantes no Obradoiro de Emprego Senda do río Miño: Areeiros-Penedo, realizaron un total de 1.920 horas de formación nas especialidades de forestal e carpinteiría. O obxectivo foi a realización dunha senda ao longo do río Miño nun tramo de 6.535 metros. A intervención realizada permitiu mellorar a   accesibilidade, habilitando  zonas de lecer e descanso, para o que realizaron a instalación de mobiliario, sinalizacións e estruturas de paso.

    Co realización desta senda é posible ir camiñando pola beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até a parroquia de Caldelas.

    Inauguración

    Por outra banda, este sábado, 14 de decembro, terá lugar a inauguración das obras de rehabilitación do edificio municipal situado da rúa Camilo José. O acto contará coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; da concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, e do arquitecto responsable da obra, Daniel Torres Campos. No mesmo contarase cunha pequena actuación musical a cargo do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

    O Concello de Tui obtivo 793.725 € para o financiamento desta obra a través  do Programa de Impulso a la Rehabilitación de los Edificios Públicos (PIREP) das Entidades Locais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana  para o financiamento desta obra.

    43

    Tags: ColónConcelloDerriboderrubaTuiXunta

    RelacionadosArtículos

    La Xunta terminará en agosto su parte de la ETEA mientras sigue a la espera de Concello y Zona Franca
    Local

    La Xunta terminará en agosto su parte de la ETEA mientras sigue a la espera de Concello y Zona Franca

    14 de Nov, 2025
    Empiezan los preparativos para que Vigo atesore el mejor escaparate de la Navidad
    Local

    Empiezan los preparativos para que Vigo atesore el mejor escaparate de la Navidad

    13 de Nov, 2025
    La Bonoloto deja un premio de más de 135.000 euros en Tui
    Tui

    La Bonoloto deja un premio de más de 135.000 euros en Tui

    08 de Nov, 2025
    Jornada caótica (otra) en la A55: camión cruzado, vía cortada y  accidentes por 800 litros de gasoil en la calzada
    Tui

    Jornada caótica (otra) en la A55: camión cruzado, vía cortada y accidentes por 800 litros de gasoil en la calzada

    07 de Nov, 2025
    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra
    Actualidad

    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra

    03 de Nov, 2025
    Un juzgado de Vigo valida la inadmisión de una reclamación contra el proyecto del túnel de Elduayen
    Local

    La Xunta espera que Caballero «mueva ficha» para ver «qué quiere hacer» con el túnel de Elduayen

    30 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    por Redacción
    16 de Nov, 2025
    0

    Cortada la AP9 entre Vigo y O Porriño al arder el remolque de un camión cargado con langostinos

    Cortada la AP9 entre Vigo y O Porriño al arder el remolque de un camión cargado con langostinos

    por Redacción
    14 de Nov, 2025
    0

    Grave accidente entre dos turismos en Bembrive

    Grave accidente entre dos turismos en Bembrive

    por Redacción
    18 de Nov, 2025
    0

    Mercadona abre su nuevo supermercado en Vigo con una protesta de los trabajadores por «acoso laboral»

    Mercadona abre su nuevo supermercado en Vigo con una protesta de los trabajadores por «acoso laboral»

    por Redacción
    17 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Sin aceras en A Ronda
    Más Vigo

    Sin aceras en A Ronda

    La actuación urbanística llevada a cabo en su día en A Ronda de Don Bosco, en el centro de la...

    por Julio Alonso
    18 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo
    Libros

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo

    La autora viguesa Alexandra Touza presentará este viernes ,14 de noviembre, en la UNED de Vigo con su colección Cuentos...

    por David Augusto
    13 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR