• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación de Pontevedra remata a humanización do barrio da Torre de Paramos, en Tui

    Carmela Silva comproba o “cambio radical dunha actuación imprescindible” tras a explosión da pirotécnica clandestina hai dous anos e fai unha lembranza “ás persoas que tanto sufriron e especialmente ás dúas falecidas, ás que nunca esqueceremos”
    Redacción por Redacción
    14 de Dic, 2020
    en Tui
    0
    A Deputación de Pontevedra remata a humanización do barrio da Torre de Paramos, en Tui

    O núcleo rural da Torre, na parroquia tudense de Paramos, que en maio de 2018 sufriu os devastadores efectos da explosión dun almacén pirotécnico clandestino, deu un cambio radical coas obras do Plan de Mellora da Seguridade Viaria en Vías Municipais (DepoRemse), cun investimento de 370.000 euros. O que antes era un espazo rural desestruturado e carente de servizos reconvértese agora, despois das obras financiadas pola Deputación, nunha contorna dotada de modernos servizos e dotacións urbanísticas.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou o barrio este luns acompañada do alcalde, Enrique Cabaleiro, así como o deputado Gregorio Agís e membros da Corporación Municipal para comprobar os resultados dunha “actuación que era imprescindible”. Na visita participaron tamén representantes da empresa construtora Sodein Soluciones Inteligentes e algúns veciños e veciñas, que tiveron ocasión de comprobar o resultado dunhas obras que supoñen unha transformación e reurbanización da Torre, pois inclúen a renovación completa e soterramento de tódolos servizos e a creación dunha plataforma única de convivencia, sen barreiras arquitectónicas e con prioridade peonil.

    Silva fixo unha lembranza explícita ao sufrimento causado por aquel tráxico suceso rememorando “ás persoas que tanto sufriron naquel día e, moi especialmente, ás dúas persoas falecidas, ás que nunca esqueceremos”. A presidenta expresou a súa satisfacción polos resultados da obra “que engade valor a este núcleo rural” e polo feito de que, “finalmente, puidéramos dar resposta ás necesidades  urbanísticas deste barrio”. Un traballo que quixo agradecer aos técnicos provinciais e municipais, así como á empresa  construtora. “Todo iso permite que hoxe aquí haxa servizos de calidade e do século XXI”, dixo.

    O alcalde, Enrique Cabaleiro, subliñou que este 14 de febreiro é un día de gratitude cara á Deputación, pero tamén ao persoal técnico “que dedicou moitas horas” e á empresa e ao o seu encargado. Un recoñecemento que estendeu “a todas as persoas que fixeron posible que dous anos despois da explosión, o barrio volva recobrar vida e estea agora nunhas condicións magníficas, converténdose nun pobo atractivo para vivir”. Cabaleiro aproveitou a ocasión para destacar o valor da cooperación e a lealdade institucional “porque cando as Administracións colaboran o resultado, como vemos, é magnífico”. O primeiro edil tampouco quixo esquecer ao anterior equipo de goberno municipal “ao que lle tocou  vivir momentos realmente difíciles”.

    A obra da Torre ten como singularidade que supón a replanificación completa de todo un núcleo rural, dotándoo de servizos de última xeración, completamente soterrados, e dando así un importante salto cualitativo na mellora da calidade de vida dos seus habitantes. A obra abrangue máis de 9.000 metros cadrados de superficie transformada e ordena definitivamente un núcleo que creceu no pasado á marxe da planificación pública. Ademais vai moito máis alá da simple reparación dos danos causados pola deflagración de 2018 porque renova completamente, baixo superficie, a totalidade dos servizos, proporcionando unhas prestacións equivalentes aos dun espazo urbano. Deste xeito renováronse as canalizacións de alumeado público, saneamento, abastecemento de auga e recollida de pluviais, a rede de subministro eléctrico e de telefonía, incorporando tamén as de datos para proporcionar acceso á Internet.

    O tratamento da superficie, cun destacado resultado estético, resolveuse cun moderno proxecto de calmado de tráfico sobre plataforma única, dando prioridade aos peóns, así como ás circulacións de persoas con mobilidade reducida nunha contorna cun alto índice de avellentamento, e ás/aos ciclistas. Diante da eliminación de todo tipo de barreira arquitectónica, a velocidade de circulación queda limitada a 30 Km/h, con sinalización vertical e horizontal, así como coa instalación de varios elementos redutores na calzada. Diante do estreito de moitos dos viais de A Torre (a maioría deles de só 3 metros) creáronse ampliacións de ata 6 metros onde había terreos dispoñibles.

    43

    Tags: Barrio da TorreDeputación de PontevedraParamosTui

    RelacionadosArtículos

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra
    Comarcas

    Investigan dos alunizajes contra un estanco y una gasolinera que se produjeron con una hora de diferencia

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    Declaran procedente en Vigo un despido por tirar el techo del negocio tras denunciar su riesgo de caída
    Tui

    El TSXG estima recursos de afectados por la explosión de paramos e incrementa indemnizaciones

    20 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR