• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 5 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    EDUCACIÓN

    A Escola Unitaria de Tabagón renace como sede do CRA María Zambrano

    O Concello inaugura este venres 15 a escola tras a súa reforma integral cun acto aberto á veciñanza, unha mostra fotográfica en homenaxe á escola rural e unha chocolatada de balde
    Redacción por Redacción
    14 de Nov, 2024
    en O Rosal
    0
    A Escola Unitaria de Tabagón renace como sede do CRA María Zambrano

    A Escola Unitaria de Tabagón reabre as súas portas como símbolo de compromiso co ensino rural no Rosal e da preservación da historia educativa no municipio. Tras a súa reforma integral, o Concello inaugura  este espazo emblemático do municipio que se converterá agora na sede do CRA María Zambrano, garantindo así o futuro da educación rural no Rosal.   

    A inauguración terá lugar este venres 15 de novembro ás 17.00 horas cun acto aberto a toda a veciñanza no que participarán a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís; o concelleiro de Educación, José Carlos Martínez Crespo; e o subdelegado do Goberno, Abel Losada, para poñer en valor o ensino rural.

    A xornada contará ademais coa apertura da exposición fotográfica ‘Memorias da Escola Rural’, unha recompilación de fotografías antigas achegadas pola veciñanza na que se recollen imaxes relacionadas co alumnado das escola unitarias que marcaron o pasado educativo do municipio. Ademais, poderán verse imaxes das instalacións antes e despois de acometer as obras de reforma integral nas que se poderán ver a evolución do inmoble. A exposición poderá visitarse o propio venres 15 de 17.00 a 21.00 horas e o sábado 16 de 10.00 a 13.00 horas.

    “Con esta mostra queremos recoñecer e agradecer o legado educativo de xeracións pasadas, dándolle unha nova vida a un espazo emblemático”, resalta a rexedora. Fernández Callís convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada que contará tamén cunha chocolatada gratuíta para todas e todos os asistentes.

    Exposición

    O Concello do Rosal, ABANCA e Afundación inaugurarán este xoves, 14 de novembro, ás 13:00 h, na Sala de Exposicións do concello, a exposición fotográfica «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». Asistirán Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Beatriz Rodríguez Alonso, segunda tenente de alcaldesa; José Luis Romero Quiroga, coordinador institucional de ABANCA en Pontevedra; e Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación.

    Compromiso contra a violencia de xénero

    «O 25N non é só unha data no calendario, é un compromiso diario contra a violencia de xénero e pola igualdade real entre mulleres e homes». Así o destaca a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que salienta a ampla programación posta en marcha polo Concello durante o mes de novembro co que continuar revolucionando mentes ao abeiro do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

    Unha programación con charlas, teatro, proxeccións e moitas máis actividades que buscan “máis que nunca rosaleiros e rosaleiras de todas as idades se impliquen na loita contra a violencia de xénero e reflexionen sobre a importancia de erradicar a desigualdade e a violencia machista dende a base, na educación e nas relacións diarias”, como sinalou a concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez.

    As actividades arrancarán este xoves 14 de novembro cunha formación a familias do proxecto #SexoConSentido, un espazo informativo sobre a sexualidade na infancia e adolescencia dirixido de forma exclusiva a pais e nais no que abordar as claves para acompañar a fillos e fillas na súa educación afectivo-sexual. Durante o encontro ofreceranse pautas para fomentar unha educación afectivo-sexual saudable no fogar, resolvendo dúbidas e compartindo estratexias.

    Haberá unha primeira quenda ás 16:00 h para familias con rapazada de 6 a 12 anos e outra ás 18.30 h para familias con mozos e mozas de 13 a 16 anos, aínda que se poderá acudir a calquera a pesar de que a quenda non corresponda especificamente coa etapa de fillos e fillas. Será no salón de exposicións do Concello.

    Ao día seguinte, o 15 de novembro, inaugurarase un valado publicitario na rotonda da Mata ao abeiro dun proxecto financiado polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero e o sábado 24 de novembro será a quenda do teatro. A compañía Talía Teatro subirase ao escenario do auditorio municipal ás 19.00 horas co seu espectáculo ‘Desexo’.

    O Rosal conmemorará o 25N cunha concentración ás 19.00 horas na Praza do Calvario, un acto simbólico para visibilizar o rexeitamento á violencia machista. Ao remate, terá lugar a proxección da curtametraxe para todos os públicos ‘Lurna’, de Nani Matos, coa colaboración de ACCEM, unha organización sen ánimo de lucro especializada na atención a persoas refuxiadas e en situación de vulnerabilidade.

    O 28 de novembro pechamos o mes cunha nova cita cos Cafés en Igualdade, que nesta ocasión abordará da man da psicóloga Rosalía Campos a ‘Dependencia emocional’. Será ás 17:30 h no restaurante As Brasas.

    Ademais, o Concello creará un espazo moi especial na biblioteca municipal, O carriño do benquerer, un lugar onde as familias poderán acceder a lecturas sobre sexualidade, afectos, diversidade, cambios corporais e relacións saudables.

    Charla

    Por outra banda, co obxectivo de darlle unha nova vida aos residuos orgánicos, convertendo á veciñanza en axente de cambio dende o fogar, haberá unha charla a vindeira semana.

    O Concello do Rosal fai unha aposta estratéxica pola sostibilidade cunha xestión do lixo coa compostaxe como protagonista que quere estender a todos os rosaleiros e rosaleiras. Para iniciar a veciños e veciñas nas tarefas de compostar, o Concello pon en marcha ‘Dálle uso ao composteiro!’, unha charla téorica e práctica deseñada para que ensinar a todas as persoas interesadas a facer un compost de calidade e reducir así ademais a súa produción de residuos.   

    Esta sesión formativa terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro de 17.30 a 19.30 horas e comezará cunha demostración in situ no composteiro municipal situado na rúa Manuel Suárez Marquier. A actividade continuará no Centro Social Polivalente cunha charla na que afondar na parte teórica e nos detalles do proceso e resolver todas as dúbidas que poidan xurdir.

    43

    Tags: CRA María Zambranoescola unitariaO RosalRosalTabagón

    RelacionadosArtículos

    Concentración para rechazar la puesta en libertad del conductor que arrolló mortalmente a un motorista en O Rosal
    O Rosal

    Concentración para rechazar la puesta en libertad del conductor que arrolló mortalmente a un motorista en O Rosal

    20 de Ago, 2025
    «Máxima prioridad» para detener al autor del accidente mortal de O Rosal: «Está a punto de ser identificado»
    O Rosal

    La jueza ordena la reconstrucción del accidente mortal de O Rosal que acabó con la vida de un motorista

    08 de Ago, 2025
    Verán no Rosal: volven as visitas aos Muíños do Folón e do Picón
    O Rosal

    Verán no Rosal: volven as visitas aos Muíños do Folón e do Picón

    26 de Jul, 2025
    Sale de prisión tras pagar la fianza el detenido por el accidente mortal de O Rosal
    O Rosal

    Sale de prisión tras pagar la fianza el detenido por el accidente mortal de O Rosal

    24 de Jul, 2025
    «Máxima prioridad» para detener al autor del accidente mortal de O Rosal: «Está a punto de ser identificado»
    O Rosal

    Prisión bajo fianza para el joven que arrolló al motorista en O Rosal, que acumula numerosos antecedentes

    22 de Jul, 2025
    Detenido el conductor que provocó la muerte del joven motorista de O Rosal, enfrentándose a tres delitos
    O Rosal

    Detenido el conductor que provocó la muerte del joven motorista de O Rosal, enfrentándose a tres delitos

    22 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    La futura urbanización de nueve chalés en Beade recibe licencia para crecer

    La futura urbanización de nueve chalés en Beade recibe licencia para crecer

    por Redacción
    29 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    La cadena sueca más famosa multiplica por cuatro su presencia en Vigo

    La cadena sueca más famosa multiplica por cuatro su presencia en Vigo

    por Redacción
    28 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una cita en A Gamboa de Vigo
    Más Vigo

    Una cita en A Gamboa de Vigo

    La Rúa Gamboa, ubicada en el Casco Vello de Vigo, es uno de los puntos de reunión más concurridos de...

    por Julio Alonso
    04 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    A Cañiza estrena el sistema de alertas masivo: los vecinos, obligados a confinarse ante el grave incendio
    Opinión

    Hay un lugar en Europa con grandes bosques y pocos incendios

    - Ah, ya sé, Vd. está hablando de Finlandia con sus inmensos bosques que llegan hasta el Círculo Polar. -...

    por Fernando Torres Carbajo
    30 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR