22012017Dom
Última edición: Dom, 22 Ene 2017 10am

Baiona converteuse esta semana en protagonista absoluta da Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada no Instituto Ferial de Madrid (Ifema) como referente turístico de Galicia e España. E é que en só tres días, o Concello de Baiona recolleu diferentes galardóns e foi centro da mirada de todos os visitantes.

A Festa da Arribada brillou este venres na Feria Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid coa presentación do vídeo e o cartel oficial da nova edición que se celebrará como é de costume a primeira fin de semana de marzo (días 3, 4 e 5). A XXII edición da festa chega con moitas novidades e este luns xa estará aberto o prazo para as solicitudes do Real Mercado, que en esta ocasión amplía o seu horario a noite do sábado.

Baiona recibiu este xoves a designación de terceiro mellor destino turístico de España na convocatoria dos premios Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos), galardóns que concede a Secretaría de Estado de Turismo a través de Turespaña.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, será durante os dous próximos anos o presidente do organismo Vilas Mariñeiras do que forman parte Ribadesella, Sanxenxo, Santoña, Llanes, San Vicente de la Barquera e Laredo, ademais de Baiona.

Os baioneses teñen desde esta semana un novo espazo público de esparexemento no casco urbano. O Concello de Baiona inaugurou unha praza pública situada xunta a Rúa do Reloxo e que abre un acceso aos xardíns do Museo da Navegación.

celta

tráfico

tráfico

tráfico

  • Últimas noticias

  • Más leído