• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 9 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nace Uvigo SpaceLab, unha plataforma para deseñar, fabricar e operar pequenos satélites e misións espaciais

    Unha vintena de estudantes da Universidade de Vigo crean esta asociación e xa preparan o deseño de dúas misións en satélites de 1U
    Redacción por Redacción
    16 de Nov, 2020
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Nace Uvigo SpaceLab, unha plataforma para deseñar, fabricar e operar pequenos satélites e misións espaciais

    Xatcobeo, Humsat-D, Serpens e Lume-1. A historia recente da Universidade de Vigo non se pode entender sen o traballo que desde hai máis de 13 anos están a desenvolver docentes, investigadores e alumnado e co lograron converter á institución académica viguesa nunha referencia no deseño, fabricación e operación de cubesats, pequenos satélites de 10 centímetros de arista e masa inferior a 1,33 kg.

    Logo do deseño, construción e posta en órbita de catro nanosatélites entre os anos 2008 e finais de 2018, neste 2020, que está a piques de rematar, preto dunha vintena de estudantes das escolas de enxeñaría de Telecomunicación, Aeronáutica e do Espazo, Industrial e da Escola Superior de Enxeñaría Informática toman a remuda coa posta en marcha de UVigo SpaceLab, unha asociación de estudantes e egresados, asesorados por docentes, co obxectivo de “deseñar, fabricar, verificar e operar pequenos satélites e misións espaciais”.

    Así explica Manuel Diz, un dos estudantes que integran o grupo, a finalidade de UVigo SpaceLab, que comezou a xestarse a principios de ano, cando varios estudantes acordan preparar unha proposta para participar nunha xornada de traballo que a Axencia Espacial Europea (ESA) celebraba en Bélxica. “O equipo presentou á ESA Academy un proxecto de microtelescopio espacial Open Little Luminary Observatory (OLLO), que representaba o primeiro intento concreto de realizar unha misión de observación espacial no reducido formato dun cubesat”, detalla Diz, que lembra que varios dos membros do equipo, como recoñecemento ao seu traballo, foron seleccionados para visitar as instalacións da axencia en Bélxica, xunto a outros estudantes de universidades de toda Europa.

    Logo da proposta presentada á ESA, as e os integrantes de UVigo SpaceLab están a estudar dúas posibles misións en satélites 1U (100X100X100 mm) ou pocketcube, unha de observación da Terra e outra de carácter máis científico, no campo da bioloxía, para o que están na procura de empresas que queiran patrocinar o proxecto. “Actualmente aínda non decidimos a plataforma, se cubesat ou pocketcube, un estándar de pequeno satélite menor que un cubesat, e que dependerá das análises técnicas se é viable nun ou noutro”, sinala Manuel Diz.

    O laboratorio que nace para complementar a formación académica que recibe o alumnado nun proxecto real e multidisciplinar, similar ao que poden atopar cando emprendan a súa vida laboral, conta co asesoramento do docente, investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, Fernando Aguado e dos tamén docentes e investigadores da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Arno Formella, e Fermín Navarro, que recentemente participou na misión internacional Solar Orbiter, un proxecto conxunto da NASA e a ESA coa finalidade de obter as medicións solares máis precisas ata a data.

    “Ilusionado e co máximo apoio pola miña parte. Que o que comezou co proxecto educacional Xatcobeo lograse a atención do alumnado da Universidade é moi ilusionante”, asegura Fernando Aguado, para quen este tipo de proxectos multidisciplinares axudan a formarse ao alumnado, non só como mellores enxeñeiros, senón tamén persoalmente, “xa que o traballo en grupo é crucial”. Os tres docentes, aos que poderían sumarse outros profesores de diversas enxeñarías que xa manifestaron o seu interese no proxecto, desenvolverán un traballo de conselleiro coa case vintena de estudantes e egresados que a día de hoxe integran o laboratorio e que podería ver incrementado o seu número nun futuro, se a carga de traballo así o requerise.

    A peculiaridade de estar liderado e dirixido por estudantes
    A posta en marcha de UVigo SpaceLab produciuse logo dun duro traballo do alumnado e do profesorado, recoñecen os estudantes que conforman a laboratorio, que fronte a proxectos similares que existen noutras universidades, onde se involucran máis a investigadores e docentes, destacan que no caso de Vigo, SpaceLab “é liderado e dirixido por estudantes, aínda que teñamos profesores como advisors”. Neste sentido, Aguado considera que o modelo é moi interesante e “complementario ás actividades de investigación, tal e como demostran, por exemplo, os laboratorios de estudantes das universidades de Calpoyly en USA, apoiado e fomentado polo profesor Jordi Puig e en Noruega, na Universidade de Trondheim NTNU”.

    Aínda que a finalidade de UVigo SpaceLab é principalmente educativa, o alumnado que o integra tamén quere aproveitar esta iniciativa para participar en congresos e xornadas de traballo de ámbito educativo dentro de sector espacial, ao tempo que tamén lle permitirá “ao alumnado formado dentro da asociación integrarse nos proxectos de investigación da Universidade, así como en empresas do sector aeroespacial de Galicia, a nivel nacional e internacional”, apunta Fernando Aguado.

    43

    Tags: satéliteUVigoUVigo SpaceLab

    RelacionadosArtículos

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    La situación de la vivienda: «En Vigo, casi seis de cada diez alquileres superan los 900 euros»

    por Europa Press
    03 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La ETEA no arranca
    Más Vigo

    La ETEA no arranca

    Esta fotografía muestra parte de las instalaciones de la ETEA, acrónimo de Escuela de Transmisiones y Electricidad de la Armada,...

    por Julio Alonso
    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR