• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos

    A xuntanza, encadrada na reunión anual do European Procurement Law Group celebrada no edificio Redeiras, está ligada a un proxecto sobre “compra de IA”, coliderado por Patricia Valcárcel
    Redacción por Redacción
    26 de May, 2023
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos

    Julián Cerviño, Patricia Valcárcel, François Lichére e Carlos Pérez Ramos. / Foto: UVigo

    Dous días para debater sobre os principais desafíos xurídicos que supón a Intelixencia Artificial (IA) para a contratación pública na Unión Europea. Nisto consiste, a grandes trazos, a reunión anual do European Procurement Law Group, o grupo europeo de especialistas en contratación pública, xuntanza que nesta ocasión se celebra este xoves e venres na Universidade de Vigo co patrocinio da Axencia Galega de Innovación -GAIN-, baixo a coordinación da vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Patricia Valcárcel, catedrática de Dereito Administrativo experta en normativa sobre contratación pública e implicacións da IA no Dereito público.

    O encontro, que se está a levar a cabo no edificio Redeiras, conta coa participación de especialistas en contratación pública de diversos Estados membros da UE (Alemaña, Austria, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal e Romanía) e do Reino Unido, e a temática central está ligada á execución do proxecto de investigación Desafíos estratéxicos da contratación pública na era da 4ª revolución industrial: sostenibilidade, gobernanza e intelixencia artificial, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e que está coordinado por Patricia Valcárcel, da UVigo, e Christoph Krönke, da Universität Bayreuth, en Alemaña.

    Tecnoloxías dixitais e respecto dos principios democráticos

    A Intelixencia Artificial (IA) está a deixar unha importante pegada en moitas áreas, entre elas, o sector público, que desde hai tempo camiña cara a un novo modelo de gobernanza pública dixital. Neste proceso, tal e como indicaron as e os especialistas que participan na xuntanza, están xa a adoptarse diferentes tecnoloxías dixitais, tales como a automatización robótica de procesos e procedementos, o blockchain, a análise de big data, a aprendizaxe automática e outras formas de intelixencia artificial. “Iso supón numerosos e importantes retos e problemas xurídicos, en particular, polo alto risco de toma de decisións inadecuadas, inconsistentes ou capturadas e sesgadas polas ferramentas tecnolóxicas que utilizan IA”, apunta Patricia Valcárcel, ao tempo que explica que, desde unha perspectiva xurídica, isto pode xerar problemas relacionados co respecto dos principios democráticos, así como das regras e principios que as administracións públicas deben observar na súa toma de decisións.

    Detectar problemas e achegar solucións

    Se ben existen xa diversas propostas normativas pioneiras a nivel da Unión Europea que pretenden crear unha gobernanza adecuada no uso dalgunhas tecnoloxías dixitais -a máis notable é a proposta de Regulamento UE, denominada Lei de Intelixencia Artificial-, “parece pouco probable que estas propostas teñan un impacto directo na regulación da contratación pública”, explica a profesora Valcárcel, quen fai fincapé en que, “con todo”, a relevancia práctica deste sector no despregamento das tecnoloxías dixitais por parte do sector público “é incuestionable” tendo en conta que, na maioría dos casos, cando o sector público utiliza a IA, faino celebrando primeiro un contrato público. Neste sentido, desde o punto de vista das persoas que participan nesta xuntanza, debe facerse notar que a miúdo se esquece o feito de que a lexislación sobre contratación pública “é -ou debería ser-” un instrumento crave para garantir que, ao contratar IA, a Administración reciba un sistema que cumpra todos os requisitos legais e prácticos cara o seu uso.

    “Por iso é polo que o proxecto de investigación que estamos a levar a cabo ten como principais obxectivos poñer de relevo o crucial papel que corresponde á contratación pública no uso de tecnoloxías dixitais que utilizan IA, examinar e determinar se as leis de contratación pública dos distintos Estados membros son adecuadas para «comprar IA» e en que medida, así como realizar un exhaustivo diagnóstico da situación e, notablemente, achegar solucións aos problemas apuntados”, explica a coordinadora viguesa do proxecto.

    Primeira sesión aberta ao público en xeral

    A primeira sesión da xuntanza, celebrada este xoves pola tarde, estivo aberta ao público en xeral, e nela, ademais de presentarse o traballo do grupo e a súa utilidade para os profesionais -o que fixeron, respectivamente,  o profesor François Lichére da University of Jean Moulin Lyon 3, e Carlos Pérez Ramos, avogado experto en contratación pública-, interviñeron Julián Cerviño, director da AMTEGA, e, desde Bruxelas, Daniel Arosa Otero, responsable de Nttdata, que está traballando na posta en marcha do PPDS (Public Procurement Data Space) que impulsa a Comisión Europea. A sesión deste venres prolongarase ao longo de toda a xornada.

    43

    Tags: inteligencia artificialUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR