• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 25 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A xornada ‘Muller e Poder’ enche de igualdade o Castelo de Soutomaior

    A fortaleza contou coa participación de múltiples personalidades de diferentes ámbitos sociais, culturais e económicos que reivindicaron o papel do feminismo na sociedade
    Redacción por Redacción
    03 de Abr, 2019
    en Actualidad
    0
    A xornada ‘Muller e Poder’ enche de igualdade o Castelo de Soutomaior

    A dirixente provincial finalizou a súa intervención mostrando o seu orgullo polo evento. “Estou moi satisfeita destes catro anos pero si de algo estou orgullosísima e da creación desta escola porque non hai nada polo que mereza máis a pena que traballar para conseguir a igualdade”.

    Antes da clausura, ‘Poder e comunicación. A axenda pendente’ foi o relatorio escollido pola xornalista Montserrat Boix, profesional dos informativos da sección internacional de TVE e creadora de ‘Mujeres en Red’, que repasou fitos da historia do feminismo e o papel desenvolvido por feministas que están a confluír na actualidade en movementos como o ‘Me Too’ ou o arxentino ‘Nin unha menos’, no que as profesionais dos medios de comunicación tiveron un papel fundamental.

    Neste eido, recordou a figuras como Eleanor Roosevelt, Hansa Metha ou Minerva Bernardino, claves na Declaración dos Dereitos Humanos e que permitiron substituír a palabra “home” por “seres humanos” no artigo “todos os seres humanos nacen libres e iguais”. Todas elas, xunto a referentes como Simone de Beauvoir, Gloria Steiman, Marcela Lagarde ou Browmiller, mulleres clave e ás veces desaparecidas, cuxo poder e cuxas ideas e teorías son as que hoxe conforman movementos como o ‘Me Too’ e outros moitos “que configuran un movemento global no que as xornalistas e o seu poder mediático son elementos clave para o éxito da mobilización”, destacou Boix.

    Tamén afondou a xornalista en cuestións “que nos afectan a todas como o teito de cristal, o acceso aos postos de dirección, os salarios, pero tamén as ‘fake news’ que se ceban especialmente nos temas de igualdade”.  Ante isto, segundo Boix, hai “ferramentas para ser útiles como pelexar nas propias redaccións, participar en organizacións profesionais de comunicación, no activismo feminista, pero tamén consolidar e recuperar a nosa historia, a historia do feminismo, que estamos como estamos porque mulleres, fai moitos anos e en movementos moito máis difíciles que os actuais, apostaron por pelexar polos nosos dereitos. E esta é a axenda pendente”.

    Trala intervención de Boix, deu comezo a conferencia de Desirée Vila sobre ‘Muller deportista, muller loitadora’. Desirée, de tan só 20 anos, un dos exemplos de superación máis admirables, é ximnasta acrobática e atleta internacional paralímpica. A súa intervención, chea de humor, centrouse na súa experiencia persoal como muller deportista de elite e con diversidade funcional, afondando na dobre discriminación de ser muller e de practicar deporte adaptado, nas desigualdades existentes para acadar premios por méritos deportivos, procurar patrocinios ou cobertura mediática.

    Vila sinalou que “as mulleres temos menos bolsas, menos recoñecementos e tamén menos repercusión aínda que tiñamos méritos deportivos. Gañei mundiais en non saín nos medios, pero cando tiven o accidente e puxéronme a prótese saín en todos os medios polo morbo”. A deportista tirou do humor para atopar saídas positivas a un drama persoal. “A miña prótese sérveme de filtro anti mozos superficiais. Cando saben dela poden interesarse, obvialo ou darme unhas palmadas e irse. E cando pasa isto último, alégrome de non ter perdido un minuto de máis con quen non paga a pena”.

    Pola súa banda, a científica África González pechou as conferencias da xornada con ‘Perseguindo unha meta’. González é médica especialista en inmunoloxía, catedrática na Universidade de Vigo, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e promotora da empresa spin-off NanoImmuno Tech (NIT).

    Na súa intervención, a científica afondou na súa propia experiencia como profesional neste ámbito, dende os acontecementos que marcaron a súa vida ata o traballo que desenvolve actualmente, e fixo fincapé na importancia que ten que as rapazas estudien carreiras técnicas. “No campo das STEM  hai un problema moi serio porque as mulleres non se están a matricular. Como perdamos ese tren perderemos tamén o futuro”. Dos cinco centros de investigación singular en Galicia catro son dirixidos por homes e só un por unha muller.

    Xornada matinal
    A xornada matinal rematou coa conferencia ‘A igualdade desde a perspectiva xurídica’ a cargo de Altamira Gonzalo, na que se analizou o papel do dereito no avance cara a igualdade real das mulleres. Gonzalo é avogada e vicepresidenta da asociación de Mulleres Juristas Themis. Tamén foi asesora xurídica da Dirección do Instituto de la Mujer entre 1987 y 1990, vogal do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero e comparecente no Congreso dos Deputados en materias como o tráfico de mulleres, a Lei para a Igualdade efectiva entre mulleres e homes, a aplicación da Lei Orgánica de protección integral contra a violencia de xénero e na tramitación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.

    “Avanzamos moito e eu teño esperanzas no futuro, pero necesitamos unhas leis que non dean lugar a moitas interpretacións e nos sirvan para avanzar de verdade cara a igualdade real”, asegurou Gonzalo. Sen embargo, como punto de partida, argumentou a visión andocéntrica e misóxina do dereito, destacando, entre outras cousas, que a “nosa Constitución Española ten sete pais e ningunha nai” ou o Código Civil que asegura que a dilixencia é “a dun bo pai de familia”. Esa visión andocéntrica tamén se apoia na linguaxe masculina presente en todos os artigos da Constitución Española que unicamente se refire á muller en dous artigos: o relativo ao matrimonio e á sucesión da coroa.

    Antes, a consultora legal en Dereito de Asilo e Refuxio en Stop Mare Mortum, Berta Fernández Rosón, abordou o papel que desenvolven as mulleres nas zonas de conflito, ao tempo que identificou os distintos estereotipos que se perpetúan nas políticas internacionais e nos medios.

    Igualmente, a presidenta de honra da Asociación Clásicas e Modernas, Laura Freixas, ofreceu a súa conferencia ‘Poderosas… e malvadas?’, na que falou dos diferentes roles que adoitan desenvolver os homes e as mulleres na cultura. A escritora analizou por que fronte a idea de grandes heroes que ostentan o poder, atópanse mulleres poderosas que son ridiculizadas e odiadas a partes iguais.

    43

    RelacionadosArtículos

    Cierran al baño la playa de O Con tras detectarse un episodio «puntual» de contaminación por fecales
    Actualidad

    La Plataforma fronte á Masificación Turística pide el freno de las nuevas licencias VUT

    25 de Ago, 2025
    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica
    Celta

    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica

    25 de Ago, 2025
    Alerta máxima por graves incendios al norte de Portugal: desalojos, evacuaciones y bomberos heridos
    Actualidad

    El fuego no se apaga con las llamas: el plan de los Técnicos Forestales para salvar los montes gallegos

    25 de Ago, 2025
    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras
    Actualidad

    Los alcaldes socialistas denuncian la «irresponsabilidad» y falta de previsión de la Xunta

    25 de Ago, 2025
    Una enigmática estructura irrumpe en la Ría de Vigo
    Marítima

    Una enigmática estructura irrumpe en la Ría de Vigo

    25 de Ago, 2025
    Doce deejays aseguran el ritmo imparable de Galicia Fest
    Música

    Doce deejays aseguran el ritmo imparable de Galicia Fest

    25 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo habilitará 38 catres para personas sin techo en el pabellón del Berbés

    «Me siento desamparado y no sé qué hacer. ¿Cómo es posible que no tenga seguro un gimnasio municipal?»

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    por María Alonso
    21 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El negocio de las líneas aéreas
    Más Vigo

    El negocio de las líneas aéreas

    El aeropuerto de Vigo compite con el de Santiago de Compostela, con el de A Coruña y con el de...

    por Julio Alonso
    25 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR