• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación promove o xoguete igualitario polo Nadal como lección de vida

    A campaña provincial reforza, ademais da faceta lúdica, a vertente educativa dos agasallos. Carmela Silva: “A educación de fillos e fillas comeza pola elección dos seus xogos porque o que aprendemos de nenas e nenos marca a posición que imos ter ante a vida”
    Redacción por Redacción
    01 de Dic, 2020
    en Actualidad
    0
    A Deputación promove o xoguete igualitario polo Nadal como lección de vida

    ‘Xogando aprendemos a vivir. O xogo é unha ferramenta para mudar o mundo’ é o lema da nova campaña, a sexta, coa que a Deputación de Pontevedra quere fomentar a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas durante este vindeiro Nadal. Unha campaña “dinámica, atrevida e fermosa” coa que, como sinalou a presidenta Carmela Silva, a institución quere incidir no feito de que “o que aprendemos de nenos e nenas marca a posición que imos ter ante a vida” e, polo tanto, busca promover “que as nenas e os nenos xoguen con todo, e xoguen tamén a coidar porque os coidados, que sempre estiveron en mans das mulleres, son este ano de pandemia o centro de todo”.

    A campaña está deseñada pola ilustradora Luz  Beloso mentres a escritora Isabel Blanco é a autora do concepto e dos textos. A imaxe amosa a unha nena lendo, outra cun xogo de construción e a un neno que lle da de comer a un osiño de peluche. Deste xeito, a campaña tamén está centrada na idea de que as tarefas sexan compartidas de xeito igualitario. “Desde o nacemento comezamos a dicirlle ás  nenas que elas son as que van coidar ao regalarlles xoguetes e xogos dedicados ao coidado: cociñas, vasoiras, fregonas, ou traxes de enfermeiras -reflectiu Carmela Silva- mentres que a eles lles agasallamos con bicicletas, motos, superheroes ou xogos de construción. Esta campaña quere rachar con iso. Queremos  que as nenas xoguen con todo e os nenos xoguen con todo, e xoguen tamén a coidar. Porque coidar é fundamental”. A presidenta lembrou que nesta pandemia “fomos as mulleres as que seguimos teletraballando, pero tamén no 75% coidando a nenos e a nenas, a maiores, e a persoas dependentes”.

    “O xogo, o xoguete non só é un instrumento de lecer –engadiu-. É un instrumento de educación e crea pensamento. Se educamos ás nenas e aos nenos con xogos, xoguetes e cores diferentes, uns e outras entenderán que o seu papel na vida é un determinado, non aprenderán poden ser todo aquelo que desexen ser”. Neste senso, Carmela Silva citou a María Montessori ao sinalar que “non existe ningún home ou muller que non se formase a partir do neno ou da nena que foi algunha vez”. “Así que para ser mulleres e homes igualitarios e igualitarias e que apostemos porque todos teñamos o mesmo dereito, temos que ser ese neno e esa nena que aprende dende a igualdade –sinalou-.  Esta campaña quere cambiar o modelo no que vivimos porque como xoguemos e como sexan os nosos xoguetes marcará como imos ser na vida e o noso comportamento”.

    Amais dos carteis, que se van repartir nos concellos para colocalos nos comercios, a campaña conta cun audiovisual elaborado por Regalamúsica, cuxos representantes Javier Abreu e An Táboas, estiveron presentes no acto celebrado hoxe na sede da Deputación en Vigo. Este vídeo vaise proxectar nas pantallas dos autobuses da empresa Vitrasa, e en dous dos vehículos tamén se colocarán vinilos da iniciativa ata o 7 de xaneiro. A campaña complétase con cuñas de radio e publicidade nos medios online e offline, co fin de “chegar a todas as familias da provincia”, como sinalou Carmela Silva. “É unha campaña moi potente, coa que queremos que as nais e os pais saiban que hai que pensar moi ben unha decisión que vai marcar como van ser as túas fillas e os teus fillos. Temos unha responsabilidade social coa educación das fillas e fillos e esa educación comeza pola elección que fagamos de a que xogan. Tomémolo moi en serio. Esta é unha campaña feita por moita xente que cre nun mundo mellor, onde nenas e nenos se desenvolven para ser adultos que defenden outra sociedade”.

    Isabel Blanco, pola súa banda, destacou a campaña como “imprescindible, porque mirar o mundo desde a perspectiva de xénero é miralo dende a igualdade para crear un mundo mellor”. A escritora exemplificou a mensaxe da iniciativa cun conto da súa autoría sobre a historia de dous irmás xemelgos, Margarida e Xoán, que ven como as mochilas do futuro da súa vida están cargadas de moi diferente maneira, a dela sempre con moito máis peso. Finalmente, An Táboas, de Regalamúsica, fixo fincapé en que o audiovisual quere reflectir a idea principal de “xogar, e ao mesmo tempo, non perder de vista a mensaxe tan necesaria da igualdade, que os nenos e nenas aprendan desde pequenos e teñan claro que son iguais”. “Entre todos poderemos conseguir un mundo mellor con campañas como esta”, afirmou.

    Apoio á deportista Paula Dapena
    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou hoxe o seu “total e absoluto apoio á futbolista pontevedresa Paula Dapena” ante as ameazas, incluso de morte, que está a recibir despois de que declinara, en consonancia coas súas ideas feministas, participar no minuto de silencio polo falecemento de Diego Maradona. “Que saiban todos os energúmenos que están atacando a Paula Dapena que ela non está soa –manifestou Carmela Silva-. Paula Dapena conta con todas as mulleres que cremos na igualdade ao seu carón. E quen a dane, dánanos a todas. E todas imos estar ao seu lado. A apoiamos, aplaudimos e cremos que é unha muller moi valente”.

    Carmela Silva chamou persoalmente á deportista esta mesma mañá para facerlle chegar este apoio. “Ela sabía o que ía significar, pero o fixo, e eses xestos cambian o mundo –subliñou a presidenta-. Todas somos Paula Dapena. Que quede claro que está moi acompañada. Se eses que hoxe lle atacan xogaran de pequenos con xoguetes igualitarios estarían ao carón de Paula. Porque é o único decente. A ver se seguimos camiñando cara a unha educación igualitaria para ter moitas ‘Paulas’ e poucos homes que ameazan cando unha muller se empodera e di o que opina abertamente”.

    https://youtube.com/watch?v=AAFVkZkFQvE

    43

    Tags: Deputación de PontevedraNavidad

    RelacionadosArtículos

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo
    Local

    Caballero niega el bajón del turismo de la Navidad de Vigo en base al impacto digital en redes sociales

    02 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo
    Local

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    22 de Ene, 2026
    La CIG denuncia “falta de personal” en el PAC de Vigo y pide seguridad para evitar “incidentes”
    Local

    Casi 15.000 urgencias en Navidad

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    De cómo se destroza una ciudad
    Más Vigo

    De cómo se destroza una ciudad

    Esta fotografía corresponde al fotógrafo alemán Otto Wunderlich, afincado en España desde principio del siglo XX y que tuvo su...

    por Julio Alonso
    03 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR