A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro «Malversaciones. Milei a la manera de…», escrito polos poetas arxentinos Carlos Schröder e Guillermo Vivaldo e inspirado na antoloxía de poesía inédita de Celso Emilio Ferreiro O Cabronario, Poemario de resistencia, 1950-1973.
No acto, que se celebrará este mércores en Vigo, participarán o autor Carlos Schröder e o crítico literario Ramón Nicolás. Schröder e Guillermo Vivaldo reunen nesta obra un traballo de creación poética onde aseguran “non pretender equiparar a magnitude do horror franquista co cruel destino político, social e económico que supón a presidencia de Javier Milei para a Arxentina, en xeral, e para as clases populares en particular”.
Santa Teresa de Ávila, Borges, García Lorca, Cervantes, José Hernández ou Góngora, inspiran, co seu xeito de concibir a poesía, un total de 36 poemas de nova creación escritos “ao xeito de” outros tantos autores e autoras iberoamericanos. Os textos de Schröeder e Vivaldo ”malversan” a estes autores para denunciar a actual situación política de Arxentina.
Vaia como exemplo o poema de Celso Emilio: “Franco, fetal fatídico fascista (…)” devén en “Milei misógino malparido…!, ou o de Miguel Hernández: “Llegó con tres heridas” resulta na versión de Schröeder e Vivaldo no titulado “Tres: Prometió tres medidas / La del ajuste / La del garrote / La de la muerte…/
- Día: 17 de setembro
- Hora: 20:00 horas
- Lugar: Local da asociación Évame Oroza (Subida á Costa, 5 – Praza do Abanico – Casco Vello Alto de Vigo)