• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 23 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    universidade de vigo

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    No caso de Vigo a cita será hoxe, martes 17 de xuño ás 18.00 horas no Vitruvia Café, na praza de Compostela, nº 5
    Redacción por Redacción
    17 de Jun, 2025
    en Local
    0
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    Imaxe dunha das charlas na anterior edición do ciclo

    Que pasa cando mesturamos cafés, coñecemento e moitas ganas de compartir e aprender? Nace ‘Embaixadores e Embaixadoras da ciencia e do coñecemento’, un ciclo de charlas no que o alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) da Universidade de Vigo cambia as aulas por cafetarías para compartir co conxunto da cidadanía uns minutos ‘de ciencia e vida’.

    A cuarta edición desta iniciativa, impulsada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), arrancará o vindeiro martes 17 de xuño en Vigo, continuando o martes 24 en Ourense e o mércores 25 en Pontevedra. “Serán tres tardes para deixar os prexuízos fóra e abrir ben os oídos: porque nestes faladoiros, a sabedoría medra coa experiencia e a ciencia faise conversa”, salientan desde a UCC+i, ao tempo que lembran que esta proposta está enmarcada dentro do plan anual Ciencia de ida e volta da UCC+i da Universidade de Vigo, financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

    O alumnado do PUM ten moito que contar e farao da mellor maneira: “con paixón, sinxeleza e moito humor”. Como é habitual falarase de temas moi presentes no día a día: desde tecnoloxía láser ata marcha nórdica pasando pola produción cinematográfica e, nesta aventura, non estarán sós. Cada intervención contará co apoio e asesoramento de persoal investigador da UVigo, que os axudou a preparar os relatorios combinando rigor científico e vivencia vital.

    En Vigo, láser; en Ourense, cine, e en Pontevedra, marcha nórdica

    No caso de Vigo a cita será o martes 17 ás 18.00 horas no Vitruvia Café, na praza de Compostela, nº 5, baixo o lema Descifrando o láser: principios básicos e usos prácticos. Encargarase de impartir a charla a alumna Regina Conde, acompañada neste caso por María Dolores Valdés, investigadora e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dedicada ao deseño de sistemas electrónicos para adquisición e procesado de sinais. A idea é achegar ao público asistente aos fundamentos da tecnoloxía láser e ás súas aplicacións de forma moi dinámica e orixinal.

    En Ourense o lugar de encontro será El Cercano (Cardenal Quevedo, 20-baixo), o 24 de xuño ás 18.00 horas e, neste caso, o fío condutor será ‘A experiencia de crear cine na aula: unha charla con protagonistas’.  Levará a batuta Ramón Fernández Fernández, guionista e director autodidacta que puxo en marcha a película 12 no Camiño. O filme, rodado en distintos enclaves galegos do Camiño de Santiago, está protagonizado por profesorado e alumnado do programa de maiores do campus de Ourense e foi proxectado en diferentes salas de cine e festivais. O director e algúns dos seus protagonistas describirán os aspectos máis técnicos do proxecto, sen esquecer as emocións que este proxecto espertou, e segue espertando, neles.

    Ao día seguinte, mércores 25, tamén ás 18.00 h., as charlas trasladaranse a Pontevedra. Co título ‘Moito máis ca camiñar: o poder da marcha nórdica’, Virtudes Domínguez, acompañada por Iris Machado de Oliveira, investigadora da Facultade de Fisioterapia dedicada á investigación en exercicio terapéutico e envellecemento activo, falará da súa experiencia con esta modalidade de exercicio e como pode converterse nunha importante ferramenta de promoción da saúde.

    Agárdase repetir o éxito das anteriores edicións

    Dende a organización destacan o éxito de asistencia e o interese do público que obtiveron estas charlas en pasadas edicións. “Son un reflexo do espírito de compañeirismo que se respira no Programa Universitario de Maiores”. Entre cafés e reflexións compartidas, queda patente, ao seu modo de ver, o forte vínculo que une ao alumnado sénior, sempre disposto a apoiar, animar e celebrar os logros dos seus compañeiros e compañeiras. “Esta experiencia demostra que o saber non só se transmite, tamén se vive en comunidade, reforzando a idea de que aprender xuntos, a calquera idade, é unha das formas máis fermosas de seguir medrando”.
     

    43

    Tags: CharlasPrograma de MaioresUCC+iUniversidade de ´VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino
    Ciencia y Tecnología

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino

    20 de Ago, 2025
    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Actualidad

    El Colegio de Médicos de Pontevedra cuestiona la calidad de la enseñanza en Santiago y apoya la demanda de Vigo

    07 de Ago, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    galicia

    La Xunta inyecta 20,7 millones para fortalecer la I+D en las universidades gallegas

    04 de Ago, 2025
    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina
    Local

    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina

    01 de Ago, 2025
    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica
    Local

    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica

    31 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    Un usuario denuncia al Concello tras un accidente en el gimnasio de O Berbés y descubrir que no tiene seguro

    por Redacción
    21 de Ago, 2025
    0

    Tres detenidos en Vigo por escupir, agredir y arrojar monedas contra una persona que dormía en la calle

    Preocupación ante el aumento de tráfico en la peatonal de O Calvario

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    Vigo estrena (en parte) nuevo paseo en Samil a la espera del fin de obra de la recuperación dunar

    por María Alonso
    21 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Aquí se investiga la historia de Vigo
    Más Vigo

    Aquí se investiga la historia de Vigo

    En esa esquina de la Rúa Teófilo Llorente y la Avenida da Beiramar está el Mercado do Berbés, la plaza...

    por Julio Alonso
    22 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR