• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 4 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    SOLIDARIEDADE

    O Fondo Galego de Cooperación supervisa os proxectos en Mozambique

    Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras liñas de colaboración
    Redacción por Redacción
    18 de Oct, 2024
    en Solidaridad
    0
    O Fondo Galego de Cooperación supervisa os proxectos en Mozambique

    O alcalde de Nigrán lidera desde este xoves en Mozambique a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que está a supervisar neste país africano os proxectos alí apoiados.

    Juan González acude en calidade de presidente da entidade acompañado do tesoureiro e alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e mais a vogal e concelleira de Benestar Social en Viveiro, Lara Fernández, acompañados por unha responsable técnica. 

    O obxectivo é trazar as liñas de colaboración para os próximos anos no país lusófono. A misión político-técnica coincide co ‘Día Internacional para a Erradicación da Pobreza’, que se conmemora este xoves e que nesta ocasión se aliña co ODS 16: ‘Paz, xustiza e institucións sólidas’.

    A axenda de traballo deu comezo este mesmo mércores cunha xuntanza coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM), socio local en 9 dos 24 proxectos de cooperación apoiados polo Fondo Galego desde 2001 no país, que supuxeron un investimento de máis de 535.000 euros. Ademais de abordar os principais retos que afrontan os concellos mozambicanos, a reunión permitiu deliñar o proxecto que se desenvolverá a partir de 2025 para fortalecer as finanzas municipais nos municipios de Manhiça e Namaacha.

    Xa pola tarde, a comitiva desprazouse a Katembe, nos arredores de Maputo, para coñecer o centro de acollida de menores ‘Esperanza’ que, grazas aos 1.500 euros achegados polo Concello de Ames a través do Fondo Galego, se dotou dun galiñeiro e dunha horta cun triplo obxectivo: mellorar a alimentación da rapazada, ofrecerlle formación agropecuaria e vender os excedentes para sufragar as necesidades de alimentación, saúde e educación das crianzas. Así mesmo, o equipo directivo solicitou financiamento para arranxarlles os cuartos.

    A delegación do Fondo Galego desprazouse cara o norte ata o municipio de Nhamayabue, onde dedicarán a xornada deste venres a supervisar o proxecto de abastecemento de auga -que supuxo construír catro pozos co fin de evitar os ataques dos crocodilos ao achegarse ao río para encher os bidóns-, e mais a perfilar o proxecto ‘Deporte e empoderamento’.

    Esta iniciativa xorde do programa de cooperación técnica ‘Especialistas en Cooperar’, que desde 2016 enviou xa unha decena de traballadoras e traballadores de deputacións e concellos socios do Fondo Galego a colaborar cos parceiros en Mozambique.

    Un deles foi o técnico de deportes de Lousame, Néstor Romero, cuxa experiencia culmina agora cunha proposta para seguir fomentando a práctica deportiva entre a xente nova como alternativa de ocio saudable, pero afondando tamén no enfoque de xénero.

    Deste xeito, ademais de continuar formando ao profesorado e organizando competicións, promoverase a creación de equipos femininos e a educación sexual nos adestramentos, co fin de reducir os embarazos adolescentes, que afectan a 166 de cada 1.000 rapazas de entre 15 e 19 anos (mesmo se calcula que unha de cada dez nenas deu a luz antes dos 15 anos).

    Ata o seu regreso, marcado para o 23 de outubro, a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entrevistaranse con outros concellos e entidades. Tal é o caso da Casa do Gaiato e a Fundação Encontro, coa que vén traballando desde hai case unha década para garantir os dereitos da infancia no rural, nomeadamente á saúde e á educación.

    Por outra banda, no municipio de Boane visitarán as catro vivendas resilientes construídas tras o paso de diversos ciclóns, cun investimento de 42.000 euros cofinanciado polo Fondo Galego e a Xunta de Galicia. Non hai que esquecer que Mozambique está considerado un dos países máis vulnerables perante o cambio climático.

    A comitiva reunirase asemade cos alcaldes de Namaacha e Manhiça para abordar o proxecto de xestión e sustentabilidade financeira que se desenvolverá nos próximos catro anos, cunha subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), achegada a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad.

    O primeiro paso será elaborar unha diagnose sobre o cobro de taxas municipais, para a partir de aí establecer recomendacións e ofrecer formación sobre os instrumentos a empregar, garantir unha recadación xusta e sensible ao xénero ou redactar as ordenanzas preceptivas. Este será un dos temas abordados na xuntanza final na oficina da propia AECID en Maputo.

    Un dos países máis empobrecidos

    Mozambique ten experimentado avances considerables desde os Acordos de Paz de 1992, pero o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 183 entre os 193 contemplados. A pobreza atinxe ao 74,5% da poboación, especialmente ás mulleres, mentres que a esperanza de vida se sitúa nos 60 anos. Os datos de alfabetización, mortalidade infantil e incidencia do VIH son tamén alarmantes. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita cada día por reverter a situación, algunhas con colaboración internacional.

    O Fondo Galego

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 113 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.

    Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vén de cumprir 27 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.  

    43

    Tags: Fondo Galego de CooperaciónJuan GonzálezMozambique

    RelacionadosArtículos

    Parte de la barandilla de piedra ha sido robada en el Templo Votivo do Mar de Panxón.
    Nigrán

    Roban un tramo de la barandilla de piedra del Templo Votivo do Mar de Panxón

    31 de May, 2024
    El alcalde de Nigrán supervisa en Guinea-Bisseau los proyectos del Fondo Galego de Cooperación
    Solidaridad

    El alcalde de Nigrán supervisa en Guinea-Bisseau los proyectos del Fondo Galego de Cooperación

    22 de May, 2024
    El puerto de Vigo recibe la visita de la ministra de Pesca de Mozambique
    Marítima

    El puerto de Vigo recibe la visita de la ministra de Pesca de Mozambique

    07 de Jul, 2022
    De parados a socorristas: 22 desempleados para vigilar las playas de siete concellos del área de Vigo
    Nigrán

    De parados a socorristas: 22 desempleados para vigilar las playas de siete concellos del área de Vigo

    28 de May, 2022
    Expedición solidaria galega aos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf
    Solidaridad

    Expedición solidaria galega aos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf

    13 de Feb, 2022
    «A atención telefónica no Sergas agocha a saturación, falta de persoal e listas de espera»
    Val Miñor

    «A atención telefónica no Sergas agocha a saturación, falta de persoal e listas de espera»

    10 de Sep, 2021

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR