• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 22 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    A G-Night tratará de achegarnos ao coñecemento científico dunha forma amena e participativa

    O venres 27 de setembro entre as 17.45 e as 22.00 horas o edificio Redeiras volverá ser a sede na cidade de Vigo, con máis de 20 postos que acollerán obradoiros, experimentos, charlas e outras actividades
    Redacción por Redacción
    25 de Sep, 2024
    en Local
    0
    A G-Night tratará de achegarnos ao coñecemento científico dunha forma amena e participativa

    Nesta cuarta edición da Noite Galega das Persoas investigadoras (G-Night), a ciencia e o coñecemento sairán dos laboratorios e das aulas para trasladarse a rúas, museos, parques e bares das cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo. Máis de 100 actividades de divulgación, en máis dunha vintena de localizacións para fomentar o interese pola ciencia.

    En Galicia, o evento está coordinado pola Universidade de Vigo, que lidera un consorcio formado por varios socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, varios institutos de investigación do CSIC (IEGPS, IEO, MBG e Incipit) e outros organismos de investigación galegos (INIBIC, Idis, CITMAga, SEBBM, CESGA e RAGC). Neste caso, a G-Night é un evento asociado ao proxecto europeo e lévase a cabo cos recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.  

    Actividades na cidade olívica

    Por segundo ano consecutivo, a praza do Berbés en Vigo, co edificio Redeiras como punto central, acollerá unha gran feira científica, organizada pola Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Vigo. O programa na cidade complétase cunha charla na biblioteca Xosé Neira Vilas e cos obradoiros organizados polo Centro Oceanográfico de Vigo (IEO), que terán lugar no espazo anexo ao Museo Marco entre as 17.00 e as 21.00 horas.

    Baixo o lema, “Conciencias creativas”, a feira científica en Redeiras desenvolverase entre as 17.45 e as 22.00 horas, e as persoas asistentes atoparán actividades gratuítas dirixidas tanto aos máis pequenos e pequenas da casa coma a toda a familia. Paralelamente á feira, con máis de 20 postos científicos, o edificio acollerá charlas, un xogo de escapada, obradoiros interactivos e un espectáculo de danza. O dúo PÄRBO, integrado por dous dos artistas galegos con máis proxección, Begoña Riobó e Anxo Pintos, poñerán o ramo a este grande evento científico e cultural.

    As actividades da G-Night en Vigo complétanse cun paseo científico a bordo da embarcación Nautilius organizado polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). O público de tódalas idades poderá descubrir a diversidade mariña do fondo da Ría gracias ao robot que leva o barco. É preciso reservar praza.

    Pode verse toda a programación na páxina web da G-Night.

    Durante os días previos á celebración da G-Night levaranse a cabo relatorios de científicos e científicas da Universidade de Vigo nos centros escolares e nos institutos da cidade, no marco da iniciativa Researchers at Schools.

    Un paseo pola Pontevedra literaria e a biodiversidade

    Pontevedra acollerá un roteiro científico organizado pola UVigo en coordinación coa doutora en Filoloxía Galega e profesora da universidade, Ana Acuña. A mañá do propio 27 de setembro, as persoas participantes terán a oportunidade de familiarizarse cos diferentes períodos literarios e visitar puntos con algunha significación nas diferentes obras destacadas. A escritora Fina Casalderrey acompañará o final do roteiro salientando a relación da súa obra coa cidade. Esta saída terá unha duración de dúas horas cun límite de 25 prazas e é preciso inscribirse para participar.

    A Misión Biolóxica de Galicia (MBG), centro do CSIC en Pontevedra, levará a cabo un xogo de escapada no que se tratará dunha forma lúdica e orixinal problemas sociais como a perda de biodiversidade, o cambio global, a escaseza de auga, a saúde do solo e das sementes e da súa importancia para alimentar o mundo. Tamén será preciso inscribirse previamente a través do correo info@biomision.eu.

    Ciencia no bar e obradoiros en Ourense

    En Ourense o escenario será o Café & Pop Torgal, que o venres 27 de setembro acollerá, a partir das 19.00 horas, dúas charlas científicas: “Aprendizaxe baseada en xogos e o colectivo transxénero”, a cargo de Paula Rodríguez, e “A ciencia axuda a reducir a violencia de xénero”, a cargo de María José Vázquez. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

    O programa na cidade complétase cun obradoiro de escritura sobre linguas da antigüidade, organizados por persoal investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), e para o que será preciso inscribirse previamente.

    Con este evento, a UVigo tratará de amosarlle á sociedade unha pequena representación das áreas de estudo máis significativas da institución con máis de 100 persoas involucradas na súa organización. Entre os ámbitos máis destacados estará a investigación mariña, coa participación dos grupos FOL, Xenética de Poboacións e Citoxenética, e PhysToFish do CIM; a enxeñaría e as novas tecnoloxías, coa participación de investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Industrial e da Escola de Teleco, o grupo EN.EDI e os grupos de atlanTTic GTI, Tecnoloxía Aeroespacial e Vigo Quantum Communication Center e o grupo BIOSUV do CINTECX; as ciencias, cos grupos Química e Analítica Alimentaria, BiotecnIA, FunNanoBio do CINBIO e o persoal investigador do proxecto AGROSUS. Pero tamén haberá representación doutros centros de investigación da UVigo como ECOBAS; da Unidade de Igualdade e do alumnado da UVigo responsable dos proxectos UVigo SpaceLab e UVigo Motorsport. O CITMAga tamén nos acompañará en Vigo con dous obradoiros e dúas interesantes charlas.

    Actividades noutras universidades e centros de investigación

    O paseo do Parrote da cidade coruñesa acollerán de 18.00 a 21.00 horas obradoiros científicos para todos os públicos, coordinados pola UDC en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e Coca-Cola, onde participarán tanto persoas investigadoras da propia universidade coma do Instituto Oceanográfico e a SEBBM. Asemade, haberá actividades no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), DOMUS (organizadas polo INIBIC) , Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, visitas guiadas ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) e Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), unha peza teatral na Casa Hamlet e ciencia no bar en La Olímpica e no Árnica. No campus de Ferrol, os eventos terán lugar no CITENI e na Asociación de Veciños de Canido. Bótalle un ollo á web para non perderte nada da extensa oferta.

    No caso da Universidade de Santiago de Compostela, a feira científica trasládase ao Claustro do Colexio Fonseca, cun completo programa de obradoiros e demostracións de 18.00 a 21.00 horas, onde tamén terán presenza o INCIPIT e o CITMAga. Pola súa banda, o IEGPS complementa a feira cun interesante roteiro sobre a pegada das mulleres nas rúas de Compostela e un obradoiro para descifrar as escritas antigas. A programación complétase con charlas organizadas polo CITMAga no salón de graos de San Xerome, portas abertas no INCIPIT e no CESGA e un relatorio organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.

    O campus de Lugo, coa participación de Xuvenciencia e Agromar, ofrecerá tamén un amplo programa de actividades no Mercado Municipal e na praza de abastos.

    A Noite Europea dos Investigadores é un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa, que ten lugar simultaneamente en case 400 cidades europeas dende 2005.

    Coñece o programa completo na web do evento.

    43

    Tags: G-NightUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025
    El alcalde reclama una facultad de Medicina para Vigo
    Salud

    La Xunta insta a «salvar» la descentralización de Medicina y advierte de que no habrá más plazas ni recursos

    02 de Dic, 2025
    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Vitrasa municipal

    Vigo dice adiós a las bonificaciones del bus urbano por no tener Zonas de Bajas Emisiones

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rompiendo barreras
    Más Vigo

    Rompiendo barreras

    La fotografía muestra las obras de construcción de un nuevo ascensor urbano, concretamente, en la Rúa Juan Ramón Jiménez, de...

    por Julio Alonso
    20 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR