• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 27 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    A UVigo celebra o 8M coa entrega do Premio Uviguala

    Recolleron o galardón as profesoras Verónica Salgueiriño, Soledad Torres e Ana Mejías, representantes de Elas Fan CienTec, unha iniciativa que "constrúe un mundo cheo de oportunidades"
    Redacción por Redacción
    08 de Mar, 2024
    en Local
    0
    A UVigo celebra o 8M coa entrega do Premio Uviguala

    A Universidade de Vigo concedeu o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no campus de Vigo da man das profesoras Ana Mejías, Verónica Salgueiriños e Soledad Torres.

    Este proxecto promove cada ano, en torno á celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, múltiples obradoiros que achegan a ciencia e a enxeñaría ás rapazas dos institutos e centros escolares de toda a provincia, fomentando así as vocacións científicas e tecnolóxicas nas mozas galegas. 

    A distinción otórgaselles por ser un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero.

    A entrega do galardón, que recoñece o compromiso das e dos membros da comunidade universitaria coa igualdade, tivo lugar este xoves na sala 1 do edificio Miralles no acto institucional de celebración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, nunha gala presidida polo reitor, Manuel Reigosa, amenizada pola actuación da poetisa Silvia Penas.

    As protagonistas foron as tres almas máter de Elas Fan CienTec: Ana Mejías Sacaluga, docente da Escola de Enxeñería Industrial e membro do grupo de investigación Rede, Investigación en Economía, Enerxía e Medio Ambiente; Verónica Salgueiriño, profesora da Facultade de Química e líder do grupo de investigación Nanomateriais Híbridos, do CINBIO; e Soledad Torres Guijarro, docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigadora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia de atlanTTic.

    Un proxecto artellado arredor do 11F

    A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, foi a encargada de ler a acta da comisión que acordou “por unanimidade” concederlle esta distinción á iniciativa Elas Fan CienTec, entre outros motivos,  “polo compromiso de xénero que leva demostrado este programa desde o ano 2017”, “porque ten un alto impacto na comunidade universitaria, nos centros educativos e nos medios de comunicación”, “por combater o efecto Matilda na ciencia, facendo fincapé na visibilización das mulleres científicas e tecnólogas para que actúen como referentes” ou “por traballar por converter a nosa universidade nun lugar acolledor e seguro”.

    Fixo tamén fincapé Águeda Gómez, en que se ben estas tres docentes foron as que promoveron a iniciativa, o galardón a Elas Fan CienTec é un premio colectivo, “porque son moitos os centros, moitas as profesoras, moitas as investigadoras e as alumnas implicadas”.

    “Éxito colectivo” de profesoras, investigadoras e alumnas

    En nome das premiadas, Soledad Torres lembrou o nacemento de Elas Fan CienTec, nun encontro informal ao que acudiron profesoras de diferentes centros convidadas por Anabel González Penín, directora naquel intre da Unidade de Igualdade, que foi quen lles pediu “facer algo” ante a situación de determinadas titulacións do ámbito científico e tecnolóxico con baixa matrícula feminina.

    “E así foi como se abriu paso a idea destes obradoiros”, subliñou Torres, quen fixo fincapé en que Elas Fan CienTec “ é un éxito colectivo” no que “desde o primeiro día” as alumnas tiveron un papel fundamental.

    A maiores, Torres apuntou a necesidade de que “a visión de xénero se transversalice” a todas as actividades que dende a universidade se levan a cabo e, de cara a vindeiras edicións, fixo un chamamento á incorporación dos nenos e mozos aos obradoiros “porque o que realmente temos que desmontar é a segregación horizontal, na que todos os mozos van estudar unha cousa e todas as mozas outra”.

    Pola súa banda, a profesora Ana Mejías admitiu que se meteu de cheo nesta iniciativa “por paixón e convicción” e co paso dos anos está convencida de que a cadea de referentes que vai creando Elas Fan CienTec “é un chanzo máis”, de todos os que están transformando a sociedade, “porque estamos construíndo desde a base dos nosos nenos, nenas, mozos e mozas, un mundo cheo de oportunidades e posibilidades”.

    Nesta liña, lembroulle aos asistentes que o avance da sociedade “só pode alcanzarse co firme convencemento de que o principio de igualdade debe ser o pilar fundamental de todas as políticas, proxectos e actuacións que se acometan desde todos os ámbitos e, o educativo é clave”.

    Honradas polo galardón, as tres agradeceron o recoñecemento. No caso de Ana Mejías, fixo mención expresa á Área de Igualdade, “pola oportunidade de formar parte desta apaixonante aventura”, a todas as compañeiras e compañeiros que as axudaron nestes anos “a facer cada edición mellor e máis divertida” e aos centros educativos e aos seus docentes “por sumarse a este impulso imparable de transformación e progreso”.

    Pola súa banda, Verónica Salgueiriño quixo facer especial mención a María José Calderón, científica do CSIC, “por falarme do 11F, e animarme a organizar actividades aquí en Vigo, aló polo ano 2016”, así como a todas as profesoras e científicas das tres facultades de ciencias do campus de Vigo e do CINBIO, “que se comprometeron dende o minuto 1”, e a Soledad Torres, “por ser un referente de verdade na causa feminista”.

    “A igualdade é unha causa da sociedade, de homes e de mulleres”

    Pechou o acto o reitor, quen ademais de darlle as grazas e os parabéns ás premiadas, “polo traballo que tan ben levades facendo ao longo destes últimos anos”, aproveitou a súa intervención para recoller a luva formulada por Torres e comprometerse a traballar para que o vindeiro ano se incorporen tamén os rapaces ás actividades dos diferentes obradoiros.

    “A igualdade é unha causa da sociedade, de homes e de mulleres, e fraco favor lle faríamos se permitimos que os homes esteamos fóra de xogo”, apuntou Reigosa, quen admitiu sentirse moi ilusionado cos novos proxectos nos que está a traballar a institución, entre eles os novos Estatutos, “xa que se o facemos razoablemente ben imos conseguir que tamén abracen esta causa”.

    Satisfeito polo camiño percorrido, o reitor insistiu en que a institución non se pode permitir “durmir nos loureiros”,  e para seguir avanzando contará coa axuda deses novos Estatutos e tamén da nova LOSU, que abre a porta á creación dunha Unidade da Diversidade, que, desde o seu punto de vista, axudará a “conseguir esa sociedade máis xusta, máis respectuosa e máis feliz”.

    43

    Tags: 8MElas Fan CienTecgalardónUniversidade de VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025
    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura
    Cultura

    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura

    18 de Oct, 2025
    La UVigo solicitará el grado de Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes
    Local

    La UVigo solicitará el grado de Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes

    18 de Oct, 2025
    La UVigo, primera de España en compromiso ambiental
    Local

    La UVigo, primera de España en compromiso ambiental

    16 de Oct, 2025
    UVigo y Diputación impulsan la puesta en marcha de cinco proyectos para la mejora medioambiental 
    Local

    UVigo y Diputación impulsan la puesta en marcha de cinco proyectos para la mejora medioambiental 

    16 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Arranca el derribo de un antiguo restaurante (con corte de tráfico) para que Vigo atesore un nuevo mirador a la Ría

    Arranca el derribo de un antiguo restaurante (con corte de tráfico) para que Vigo atesore un nuevo mirador a la Ría

    por Redacción
    22 de Oct, 2025
    0

    Caballero pide (ahora sí) el permiso para avanzar por fin con el túnel de Elduayen: «Es un mentiroso compulsivo»

    por Redacción
    22 de Oct, 2025
    0

    El Concello mete la directa para ordenar y semipeatonalizar la Plaza de España

    El Concello mete la directa para ordenar y semipeatonalizar la Plaza de España

    por Redacción
    24 de Oct, 2025
    0

    O Galician Freaky Film Festival abre o prazo de inscrición de curtametraxes

    Cuatro días de cine a 3,50 euros: la Fiesta del Cine regresa a Vigo

    por Redacción
    21 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Obras con fundamento en Rúa Pintor Colmeiro
    Más Vigo

    Obras con fundamento en Rúa Pintor Colmeiro

    La instalación de rampas, escaleras mecánicas y ascensores van rompiendo las barreras arquitectónicas en la ciudad de Vigo. Realmente son...

    por Julio Alonso
    27 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    Seis meses de DC en España con Panini
    Libros

    Seis meses de DC en España con Panini

    Si te has perdido los últimos meses de actualidad comiquera en España, te encontrarás de repente con un montón de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    26 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR