• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A fotosíntese como inspiración para buscar unha nova tecnoloxía de captación de enerxía solar

    Buscarán novas estratexias de captura con materiais orgánicos sostibles
    Redacción por Redacción
    03 de Jul, 2023
    en Local
    0
    A fotosíntese como inspiración para buscar unha nova tecnoloxía de captación de enerxía solar

    Sara Núñez e Isabel Pastoriza lideran o proxecto Catarsis. / Foto: UVigo

    Buscar na natureza inspiración e sabedoría para atopar respostas á crise climática e conseguir novas tecnoloxías enerxéticas. Esta é a esencia de Catarsis, un proxecto de investigación baseado na biomimética de plantas e liderado por dúas investigadoras do CINBIO, Sara Núñez, especialista en Física Aplicada, e Isabel Pastoriza, experta en Química Coloidal.

    O seu obxectivo, explican, é “desenvolver os fundamentos dunha nova tecnoloxía de captación de enerxía solar inspirándonos na natureza, máis concretamente, en como a enerxía é capturada e transportada na fotosíntese”.

    Como elas mesmas recalcan, a natureza, tras millóns de anos de evolución, deseñou “o sistema molecular máis eficiente para o transporte de enerxía: a fotosíntese”.

    En Catarsis “tomaremos como modelo esta distribución molecular dos orgánulos fotosínteticos de bacterias púrpura para establecer novas estratexias para a captura de enerxía usando materiais orgánicos sostibles que reduzan a necesidade de explotacións mineiras contaminantes”.  

    O proxecto, seleccionado dentro da convocatoria estatal de Proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital, TED2021, arrancou en decembro e ten dous anos de duración. Caracterízase pola súa perspectiva interdiciplinar, xa que abrangue temas tan variados como a nanobiomedicina, a fotocatálise ou a nanofotónica integrada.

    Por todo isto, Catarsis conta cun equipo multidisciplinar formado por investigadores e investigadoras principalmente dos eidos da Física Aplicada e da Química Coloidal, xunto con especialistas en nanomateriais, bioloxía sintética e biomimetismo da fotosíntese. A maioría forman parte do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, xunto con outros membros do International Iberian Nanotechnology Laboratory. 

    Novos paradigmas

    Catarsis (Climate AdapTAble bioinSpired polarItonic energy harvesterS) pretende transformar o modo no que a humanidade extraeu a enerxía dos recursos do planeta e que derivou no cambio climático. Para isto, o equipo basearase en como a natureza conseguiu realizar este proceso “dunha maneira sostible e simbiótica co planeta” para buscar novos paradigmas de colección de enerxía “que vaian más aló dun aumento de eficiencia e que nos permitan reducir as perdas, aumentar a vida útil do produto e adaptarnos aos shocks climáticos”.  

    A idea de partida é o modo no que as plantas transforman a luz do sol en enerxía e como se adaptan a diferentes zonas climáticas, estacións ou variacións de luminosidade ao longo do día.

    “Observaremos a fotosíntese a varias escalas, dende a molecular ata chegar a dispositivos tamaño macro, pasando por control dos materiais na escala nanométrica”, detallan.

    A idea é ir máis aló de entender a fotosíntese como un proceso catalítico, “estudiaremos a fotosíntese como un dispositivo solar onde, unha vez que se captura a enerxía dun fotón, esta transfírese ao centro de reacción cunha eficiencia próxima ao 100%”. Ademais empregarán a bioloxía sintética para a obtención de pigmentos con propiedades cuánticas baixo demanda e que formen estruturas supramoleculares similares aos pigmentos fotosintéticos naturais.  

    Tres catálogos

    As investigadoras explican que as células solares foron deseñadas para a recolección de enerxía solar pero, centrándose fundamentalmente en materiais compatibles coa microelectrónica debido ao avanzado desenvolvemento dos dispositivos electrónicos. Este feito, engaden, limitou a aparición de novos deseños que poidan crear novos paradigmas enfocados ao procesado eficiente de fotóns cunha óptima recolección de enerxía.

    Por isto, en Catarsis aproximaranse ao problema creando tres catálogos de materiais captadores de enerxía de forma ultraeficiente mediante polaritóns. “Eses catálogos serviranos para adaptar a eficiencia e as perdas por calor dependendo da irradiancia de diferentes zonas climáticas”, explican.

    Primeiro crearán un catálogo de láminas polaritónicas compostas por estruturas supramoleculares que imitan os complexos fotosintéticos. O segundo catálogo estará composto por nanopartículas destas supramoléculas que serán capaces de atrapar a luz na nanoscala a través resonancias polaritónicas. Por último, o terceiro catálogo estará formado por láminas de nanocompostos formados por combinacións destas nanopartículas cunha resposta espectral adaptable a diferentes condicións climáticas.

    “Estas láminas nanocompostas usarán o acoplo entre partículas para transportar a enerxía a través de polaritóns, reducindo as perdas e a xeración de calor mentres aumenta a fotoprotección”. A eficiencia destas láminas nanocompostas comprobarase con dous demostradores en diferentes condicións de iluminación segundo zonas climáticas, estacións ou variacións de luminosidade ao longo do día.  

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR