• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 28 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un equipo internacional participado pola UVigo investiga a evolución humana en África

    Unha nova campaña arqueolóxica no xacemento etíope de Melka Kunture analiza máis de 2.500 ferramentas datadas hai 1,95 millóns de anos
    Redacción por Redacción
    08 de Mar, 2023
    en Arqueología
    0
    Un equipo internacional participado pola UVigo investiga a evolución humana en África

    Traballos de campo en Melka Kunture en 2023: escavación nos niveis olduvaienses do sitio de Gombore I. / Foto: UVigo

    O xacemento de Melka Kunture, en Etiopía, constitúe un “referente internacional fundamental” no estudo do desenvolvemento evolutivo, condutual e tecnolóxico dos primeiros representantes do xénero homo en África, especialmente do Homo ergaster/erectus. Un equipo internacional no que participan membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo acaba de rematar unha nova campaña arqueolóxica neste enclave no que se investigan “as fases antigas da evolución humana en África”.

    Os membros do GEAAT Eduardo Méndez, Andrea Serodio e Patricia Bello realizaron unha estancia de investigación nos meses de xaneiro e febreiro en primeiro lugar no Authority for Research and Conservation of the Cultural Heritage (ARCCH), en Addis Abeba, e posteriormente traballos de campo en Melka Kunture. O xacemento de Melka Kunture estúdase ao abeiro da Italo-Spanish Archaeological Mission at Melka Kunture and Balchit, liderada pola investigadora Margherita Mussi e codirixida por Joaquín Panera e o propio Eduardo Méndez. Os traballos de campo desta misión estiveron parados algo máis de tres anos, primeiro pola pandemia da Covid-19 e logo por problemas políticos no país africano, e puideron ser finalmente retomados este ano.

    Nesta campaña 2023, ademais do equipo procedente da Facultade de Historia do campus de Ourense, participou persoal investigador da International Association for Mediterranean and Oriental Studies (ISMEO), da Sapienza Università di Roma e da Universidad Complutense de Madrid. Durante os traballos de laboratorio, analizaron principalmente máis de 2.500 ferramentas líticas dos sitios achelenses de Gombore IB e Garba IVD, datados hai arredor de 1,95 millóns de anos.

    Ademais, desenvolveron durante catro semanas traballos de campo en diferentes xacementos da área arqueolóxica de Melka Kunture, que van “dende o Olduvaiense ata a Late Stone Age” e que “permiten ampliar o coñecemento, respectivamente, das fases de poboamento máis antigas e recentes da zona”, tal e como indica Eduardo Méndez, que desenvolve desde 2017 investigacións nalgunhas das principais secuencias da prehistoria africana, como a Garganta de Olduvai (Tanzania) e esta de Melka Kunture.

    A “primeira gran tecnoloxía humana de éxito global”

    Sobre a importancia de avanzar no coñecemento deste enclave, o arqueólogo da UVigo lembra que o achelense “é o nome que reciben unhas tecnoloxías de fabricación de ferramentas de pedra do Paleolítico inferior” que se fundamenta na obtención e modificación de grandes lascas, a partir das cales fabricaban obxectos máis complexos como bifaces ou fendedores. “A súa orixe sitúase en África hai máis de 1,8 millóns de anos, e expandiuse por boa parte do mundo, chegando á súa desaparicións hai uns 150.000 anos. Este xeito de fabricar ferramentas desenvolveuse, case de xeito inmutable, durante máis de 1,5 millóns de anos, no que é exemplo da tradición tecnolóxica máis exitosa e duradeira na historia da especie humana”, afirma.

    “As ferramentas líticas dos sitios de Gombore IB e Garba IVD forman parte do complexo arqueopaleontolóxico de Melka Kunture e son unha das mostras máis antigas da tecnoloxía achelense en África. A compresión das características tecnolóxicas destas primeiras ferramentas, así como das condicións paleoambientais e evolutivas dos homininos dos xacementos, son fundamentais para entender un dos fitos máis importante da evolución humana: o salto tecnolóxico da fabricación das primeiras ferramentas olduvaienses ao desenvolvemento do achelense”, explica o investigador da UVigo.

    Na actualidade, comenta Eduardo Méndez, os resultados das investigación en Melka Kunture están a posicionar este enclave como unha das áreas máis relevantes do este de África para comprender a aparición e desenvolvemento biolóxico e tecnolóxico do Homo ergaster/erectus. Así, lembra, recentemente publicouse na revista Nature Ecoloy&Evolution “o primeiro exemplo coñecido de taller de fabricación de bifaces no sitio de Simbiro III, datado en máis de 1,2 millóns de anos”, nun traballo que contou coa participación por parte da UVigo deste arqueólogo e tamén de Andrea Serodio.

    As investigacións en Melka Kunture contan co apoio económico da Fundación Palarq dentro das convocatorias de Proyectos paleontológicos y arqueológicos españoles en el extranjero. Asemade, Eduardo Méndez Quintas acadou financiación na convocatoria de investigación de 2022 da Fundación Leakey. O proxecto financiado por esta fundación ten o título de The Early Acheulean (~2.0-1.7 million years ago) at Melka Kunture on the Ethiopian Highlands e dá soporte ao estudo sobre o desenvolvemento inicial do achelense en África, centrado nos sitios de Melka Kunture.

    43

    Tags: arqueologíaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    por Redacción
    22 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    Galicia pasa la madrugada a 0 grados, con mínimas de hasta -6ºC y nieve a 600 metros

    por Europa Press
    21 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    por Redacción
    26 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Hostelería original en la Praza da Independencia
    Más Vigo

    Hostelería original en la Praza da Independencia

    En el entorno de la Praza da Independencia, de Vigo, acaba de abrir un nuevo local hostelero con un planteamiento...

    por Julio Alonso
    27 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR