• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo, nun proxecto internacional para revitalizar o turismo sostible en rexións europeas, entre elas Galicia

    A Universidade de Vigo é a única representante española no proxecto internacional Ecotours, liderado desde Italia
    Redacción por Redacción
    16 de Feb, 2023
    en Local
    0
    Contagios y restricciones covid en Galicia detallados por ayuntamientos

    Ría de Vigo. / Foto: Archivo

    Buscar estratexias capaces de reactivar e pór en valor o turismo sostible en diferentes rexións europeas, entre elas Galicia. Este é o obxectivo co que esta semana se está a celebrar na cidade italiana de Palermo o proxecto internacional Ecotours, liderado desde Italia e no que a Universidade de Vigo é única representante española.

    Participan sete socios procedentes de Italia, Grecia, Francia, Chipre, Hungría e España, entidades de moi distintos perfís que ao longo dos tres vindeiros anos traballarán de maneira conxunta na consecución dun obxectivo común: “crear un valor adicional ao turista que se achegue a estas rexións, neste caso  ás nosas terras galegas, ofrecéndolles ás empresas do sector turístico formación en turismo circular, mentorización para innovar e creación de itinerarios de turismo circular”, explica a profesora da Facultade de Comercio Pilar Muñoz, coordinadora xeral do proxecto na UVigo, quen adianta que desde Ecotours se planificarán unha gran variedade de actividades que terán as pequenas empresas turísticas como grandes protagonistas.

    Financiado con preto de 1,2 millóns de euros polo programa COSME

    Financiado con preto de 1,2 millóns de euros polo programa COSME,  Competitividade das Empresas e para Pequenas e Medianas Empresas, o proxecto tratará de pór sobre a mesa novas alternativas que melloren o valor empresarial da rexión de Sicilia, en Italia; Macedonia occidental, en Grecia; Córcega, en Francia; Nicosia, en Chipre; o Condado de Csongrád-Csanád, en Hungria, e Galicia, en España.

    “Todas estas localizacións teñen unha ampla traxectoria no desenvolvemento turístico pero, ao igual que aconteceu en Galicia, a pandemia provocou unha presión sen precedentes no sistema produtivo que debilitou o tecido empresarial en xeral e o turístico en particular, especialmente ás Pemes”, explica a coordinadora española do proxecto, facendo así fincapé na importancia de buscar novas estratexias capaces de revitalizar estas rexións.

    Unha oferta máis sensible coa contorna

    O turismo representa unha parte moi importante da actividade económica e do emprego en Galicia (aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxe…, pero tamén provedores de oferta turística complementaria como empresas doutros sectores interrelacionados), múltiples empresas nas que a pandemia da covid provocou unha presión sen precentes.

    Con Ecotours buscarase mellorar a capacidade das Pemes do eido turístico para que os ecosistemas empresariais asuman as prácticas e os principios do turismo circular na súa actividade comercial e produtiva, “de maneira que acaden unha maior competitividade nun campo, como é  a sustentabilidade, que nos vindeiros anos influirá máis na toma de decisións dos clientes turísticos”.

    Entre as iniciativas que tratarán de pór en marcha salientan unha gran variedade de actividades coas Pemes turísticas dirixidas, sobre todo, a crear novas capacidades de xestión para competir en mercados internacionais, acompañamento na formación, definición e establecemento de estratexias de turismo circular, formación en ferramentas de medición da súa actividade, creación de certificados de boas prácticas, etc.

    “Para isto na UVigo contamos cun grupo interdisciplinario de, aproximadamente, unha decena de investigadores dos campus de Vigo e Ourense que enriquecen o achegamento ao problema amosando solucións innovadoras para ter un turismo máis sostible”, salienta Muñoz, integrante do grupo de investigación OE7 de Organización do Coñecemento, un equipo interdisciplinario no que participan investigadores e investigadoras da área de Matemáticas, Estatística, Dereito, Organización de Empresas e Marketing e Finanzas, “o que vai permitir detectar as necesidades e solucións dunha maneira máis ampla”.

    Como punto forte deste proxecto, Muñoz destaca que permitirá asociar o desenvolvemento económico co turismo sostible, o que pode supor un bo punto de partida para diferenciar a oferta europea fronte a outras localizacións internacionais. Neste sentido, destaca que a evolución cara unha economía circular pode ofrecer novas oportunidades de desenvolvemento empresarial, tanto ás Pemes como a outros sectores interrelacionados co turismo como son a agricultura, a pesca, a cultura e as artes. “

    A proposta de experiencias turísticas que integren actividades tradicionais con escasa pegada medioambiental axudará a mellorar  non só a satisfacción dos clientes, senón a valorizar a cultura inmaterial, ademais de favorecer a renovación da oferta empresarial integrando unha maior sensibilidade coa contorna”, recalca Muñoz.


     

    43

    Tags: TurismoTurismo de GaliciaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La Guardia Civil inicia la campaña de seguridad en el Camino de Santiago
    Actualidad

    La Guardia Civil inicia la campaña de seguridad en el Camino de Santiago

    03 de Jul, 2025
    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Fallecen dos personas que iban en un mismo turismo tras chocar contra otro vehículo
    Actualidad

    Fallecen dos personas que iban en un mismo turismo tras chocar contra otro vehículo

    02 de Jul, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    El Puerto de Vigo ‘escala’ con dos nuevos récords históricos: crecen los cruceros y los pasajeros
    Local

    El Camiño da Costa y el turismo de cruceros marcan «registros históricos» en Vigo

    24 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR